Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa

Λ

Lactación no verán, como facela máis doada?

Asegurarse de que as nais estean ben hidratadas e optar polos lugares máis frescos para aleitar o bebé son pautas que simplifican a lactación materna na época estival

  Malia as altas temperaturas que alcanza o verán en moitas zonas do país, o leite materno sempre está a punto para que o bebé o tome directamente do peito, nin moi frío nin moi quente. Non obstante, a calor que padecen tanto as mamás coma os bebés pode dificultar en parte esta práctica. Hai que ter en conta que o bebé marcará as tomas de leite no verán e pedirá o peito máis veces ao día, debido á calor. Isto explica que a nai lactante deba manterse hidratada e ter en conta polo menos cinco consellos para aleitar os máis pequenos no verán.

As tomas, a demanda

O leite materno é o alimento máis idóneo para o crecemento e o desenvolvemento do bebé. Tanto a Organización Mundial da Saúde, coma os profesionais da pediatría, recoméndanlles a todas as nais a lactación materna exclusiva para os seus bebés, polo menos durante os seis primeiros meses de vida. Non obstante, en España só a metade das nais (o 52 %) opta pola lactación materna exclusiva unha vez que os seus bebés cumpren tres meses, segundo a última Enquisa nacional de saúde (2006), do Instituto Nacional de Estatística (INE). O Comité de Lactación Materna da Asociación Española de Pediatría (AEP) sinala que o conveniente durante este período é ofrecerlle ao pequeno "o leite a demanda"; é dicir, sempre que o requira e todo o tempo que desexe para evitar a imposición de horarios ou de tomas estritas dunha duración determinada.

O bebé non necesita ningún outro líquido cando a lactación materna é a demanda. Esta especialista sinala que non se debe marcar unha pauta horaria na lactación: o leite materno é a comida e a bebida do pequeno e, se as tomas non son a demanda do bebé, limitamos o acceso á súa alimentación e hidratación.

Canta máis calor faga, máis tomas pedirá

Durante o verán, o bebé transpira máis e perde auga de forma máis acusada ca noutras épocas do ano. Por iso, é habitual que os bebés queiran mamar con maior frecuencia, aínda que menor cantidade en cada toma. Isto explícase porque a primeira parte da toma de leite contén máis auga e azucre, de modo que satisfai antes a sede do bebé.

Neste sentido, o Comité de Lactación Materna da AEP recomenda non esperar a que o pequeno chore para colocalo no peito, senón atender os sinais que o bebé fai para indicar que quere comer, como os cabeceos, sacar a lingua, levar a man á boca ou facer sons de chamada. Deste xeito, o bebé sempre se manterá ben hidratado, a pesar das altas temperaturas do verán.

Nais hidratadas

  O máis recomendable para unha muller que desexa aleitar ben o seu fillo é seguir unha dieta sa e variada e manterse hidratada. Estas precaucións son aínda máis relevantes durante o verán. María José Aguilar, catedrática de Enfermería e autora do libro Lactación materna, afirma que o leite materno contén entre un 85 e un 87 % de auga. Unha cantidade suficiente para satisfacer a sede do bebe, con independencia de se a nai toma menos líquidos dos que realmente necesita. Non obstante, non por iso a nai debe descoidar a súa inxestión abundante, xa que diso depende que manteña un axeitado nivel de hidratación.

No verán, cando a necesidade de hidratación é maior, a nai débese guiar pola súa sede e tomar líquidos en función das súas necesidades fisiolóxicas, aínda que o recomendable é inxerir polo menos dous ou tres litros diarios. Forzar unha inxestión de líquidos máis alá da sede non é conveniente porque podería afectar de forma negativa a produción de leite.

Consellos para aleitar no verán

  1. Preparar con antelación o lugar onde se desexa aleitar para que a temperatura sexa agradable tanto para o bebé coma para a mamá. Débese evitar o aire acondicionado directo sobre o pequeno.
  2. Colocar entre a pel da nai e a do bebé unha gasa ou unha tea de algodón (muselina) para evitar a sudación excesiva.
  3. Beber máis auga. A necesidade de beber auga durante a toma pode ser aínda maior no verán, por iso é conveniente deixar sempre á man un vaso grande de auga e, mesmo, unha botella para enchelo.
  4. Buscar sempre que sexa posible posicións cómodas para aleitar.

Conservación do leite materno

  Unha viaxe, a posible indispoñibilidade da nai para dar o peito... Ante este tipo de situacións, a conservación e a conxelación do leite é unha opción cada vez máis valorada polas nais e polos pais. O almacenamento do leite materno require do uso de envases destinados para uso alimentario. A Asociación Española de Pediatría aconsella, ademais, manter as debidas normas de hixiene, que inclúe lavalos ben con auga quente e xabón (ou no lavalouza) antes do seu uso e selalos despois de enchelos de leite.

Envases máis frecuentes para o leite materno:

  • Botes de cristal. Os recipientes de vidro son os máis axeitados para a conxelación. Sempre que se lave de forma axeitada, pódese utilizar calquera bote de conserva alimentaria.
  • Bolsas especiais de lactación. Comercialízanse no mercado diferentes modelos de bolsas específicas para conxelar o leite materno. Nalgúns casos, pódense adaptar ao extractor de leite. Deste xeito, simplifícase o proceso de almacenamento. É aconsellable conxelar as bolsas sobre unha superficie ríxida para previr perdas en caso de que se esgacen ou piquen.
  • Envases de plástico. Biberóns, friameiras e outros botes fabricados con materiais plásticos son válidos para conxelar o leite materno, sempre que sexan específicos para conservar produtos alimenticios. Neste sentido, a AEP advirte de que os botes especiais para analíticas (de urina e doutras mostras) que se dispensan nas farmacias non son aptos para envasar o leite materno.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto