Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Guía de compra: arroces: Arroz, enerxía a esgalla

Proporciona gran cantidade de hidratos e é a base dunha dieta saudable, pero para que o sexa aínda máis deberiamos priorizar o arroz integral

  Nestes momentos, hai algo que con total seguridade millóns de persoas están a facer á vez. Non, non estamos falando de ver un disputado partido de fútbol ou da estrea mundial dunha nova serie de televisión. É algo relacionado con algo máis serio, a nosa alimentación. Nestes intres, boa parte do planeta está a comer un prato de arroz. Estamos probablemente ante un dos alimentos máis universais. O arroz é, xunto ao trigo, un dos cereais máis consumidos e cultivados no mundo. Cultívase en máis de 100 países de todos os continentes, aínda que Asia conta coa maior superficie mundial dedicada ao seu cultivo. Tanto é así que o 90 % do arroz mundial se cultiva e se consome alí. E é precisamente de Asia de onde chegou o arroz a España. Os árabes trouxérono dende a India ao noso país e tamén cara ao resto dos países da cunca mediterránea. A integración deste cereal nos costumes alimentarios españois foi moi rápida e axiña se converteu no protagonista dun dos pratos máis populares e embaixadores da nosa gastronomía: a paella.

Entre outras moitas cousas, a crise tamén cambiou a nosa cesta da compra: produtos coma o año ou os mariscos deixáronlles a paso outros de prezo máis humilde coma o arroz, cuxa presenza na dieta aumentou de xeito considerable. En 2012 produciuse un incremento de máis dun 10 % na compra de arroz en relación co ano anterior. Cada adulto español inxire unha media de arroz de 6,6 quilos anuais e, entre o público infantil e xuvenil (entre os 2 e os 24 anos), a súa aceptación é mesmo superior, xa que o seu consumo rolda os 9 quilos anuais, dos que a gran maioría son arroz branco.

Non hai dúbida de que nos gusta o arroz, pero non sempre coñecemos nin os seus beneficios nutricionais nin o rendemento que nos pode brindar na cociña. E non axuda nesta empresa a infinidade de variedades que hai, que se estima que roldan as 100.000, e que se detallarán nesta guía de compra.

Piar de todas as dietas

O arroz é un cereal e constitúe un alimento básico para máis da metade da poboación mundial. De feito, proporciona o 20 % da subministración de enerxía alimentaria do mundo. É correcto que sexa así? Si, éo. De entre os seus nutrientes, destacan os carbohidratos e convén lembrar que unha dieta saudable se caracteriza por ter unha maior proporción de hidratos de carbono ca doutros nutrientes. Son o combustible "preferido" e a enerxía para moitos órganos do noso corpo e, sobre todo, para o cerebro e para os músculos.

Non obstante, a inxestión actual de carbohidratos en España está por debaixo das recomendacións (achegan o 40 % da enerxía da dieta, cando a Organización Mundial da Saúde considera que estes nutrientes deberían achegar máis da metade das calorías inxeridas). Neste mesmo sentido, a última enquisa levada a cabo entre a poboación española (enquisa ENIDE) sinala que existe unha inxestión baixa de cereais (aínda que insiste en que deberían priorizarse os integrais), mentres que se observa un consumo elevado de carnes e derivados e de produtos elaborados con alto contido en sodio, en graxa e en azucres engadidos.

Consumo: case todos os días

  Os cereais son a base dunha dieta saudable. É por iso que todas as sociedades científicas de saúde e nutrición nos aconsellan basear a dieta neste grupo de alimentos, para previr as enfermidades crónicas. Iso inclúe o arroz, un cereal moi interesante tanto polo que achega coma polo que non achega, xa que ten moi pouco sal, non contén azucres simples e está exento de graxa. Por todo iso, as pirámides da alimentación sitúan os cereais, coma o arroz, na súa base, para indicar que debemos priorizar o seu consumo. Así, a xeito de exemplo, a pirámide NAOS, elaborada pola Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición, sitúa o arroz na base, xunto á mensaxe "consumo diario", aínda que aconsella alternar a súa inxestión con pasta, pan ou outros cereais.

Os expertos aconsellan que consumamos diariamente de 4 a 6 porcións de cereais, preferiblemente integrais e sen sal. Unha porción equivale a 1 prato de arroz ou pasta, 3-4 rebandas de pan ou un boliño. Iso non significa que debamos tomar cinco pratos de arroz ao día senón que, de entre as 4-6 porcións de cereais que convén que tomemos a diario, o arroz pode ser unha delas (unha porción saudable contén 80 g de arroz).

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto