Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Limpo sobre limpo

As bolsas reutilizables que se usan para transportar alimentos deben lavarse a fondo de forma regular para evitar que se acumulen patóxenos

  Na cola do súper, na parada do autobús, colgadas ao ombro... Mírese por onde se mire, sempre hai unha bolsa reutilizable ao cabo da rúa. O seu uso xeneralizouse. É un xesto responsable para o medio, pero que pode levar consigo riscos de seguridade alimentaria se non se toman certas precaucións. Bacterias procedentes de produtos crus, como carne e peixe, poden crecer e contaminar outros alimentos cos que entran en contacto. Polo tanto, se estas bolsas non se lavan de xeito periódico, cada vez que se vaia facer a compra, cabe a posibilidade de que os alimentos estean gardados en bolsas con patóxenos coma a salmonela ou a Escherichia coli. Para evitalo, os expertos aconsellan lavalas a fondo, de xeito que se impida a acumulación de patóxenos.

O Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño puxo en marcha unha campaña institucional (2010-2011) para reducir o número de bolsas de plástico dun só uso, co fin de evitar que sexan refugadas por parte dos consumidores. No que moitos non nos paramos a pensar é nun detalle: se se usan para gardar alimentos, poden ser un caldo de cultivo para as bacterias. Todo iso confírmao un estudo realizado pola Universidade de Arizona e a Universidade Loma Linda de California en 2011.

Segundo este traballo, o risco atopouse, sobre todo, nas bacterias coliformes, incluída a Escherichia coli, detectadas no interior das bolsas en niveis importantes como para provocar enfermidades. O estudo titulado "Avaliación da contaminación cruzada de produtos alimenticios en bolsas reutilizables" coincide con outra investigación realizada polo Hospital de Washington, na que se conclúe que se non se lavan as bolsas reutilizables os patóxenos crecen e multiplícanse. O problema agrávase se se deixan as bolsas no coche, onde as temperaturas interiores se converten nun importante aliado dos patóxenos. Para os expertos, se se verte zume de carne de polo cru na bolsa, ao cabo de 10 horas desenvolveríanse miles de células de bacterias.

Con toda a seguridade

Non hai por que alarmarse. De feito, son necesarias máis investigacións para comprobar o risco bacteriano real deste tipo de bolsas e para identificar con maior precisión cales son os principais patóxenos asociados, pero si que é recomendable adoptar unha serie de consellos para que o uso deste tipo de bolsas sexa o máis seguro posible:

  • Separar os alimentos crus do resto e metelos en bolsas distintas ou ben utilizar unha pequena bolsa de plástico de maneira que queden separados do resto.
  • Non utilizar as bolsas para obxectos non alimentarios, como deterxentes ou libros.
  • Evitar o almacenamento das bolsas nos coches durante moito tempo.
  • Lavar as bolsas con frecuencia e asegurarse de que están secas de todo antes de volvelas utilizar.
  • Gardar as bolsas lonxe de fontes de contaminación, como animais domésticos ou produtos químicos.

Estas medidas son útiles para reducir a concentración de axentes patóxenos e loitar contra a contaminación cruzada nos alimentos a través das bolsas reutilizables.

O carro máis seguro

  Durante a compra, debe poñerse atención nos detalles que afectan a seguridade dos alimentos, xa que non todos precisan as mesmas atencións. Os alimentos crus ou refrixerados esixen máis medidas de prevención que os alimentos que non necesitan frío, como leite ou zumes, latas ou botellas de bebidas e conservas. Para que os alimentos crus e refrixerados non se estraguen, deben poñerse de novo na neveira nun prazo inferior á hora e media. É pouco probable que os conxelados neste prazo se desconxelen de forma completa, por iso poden utilizarse bolsas isotérmicas para evitalo. Unha orde lóxica para realizar a compra sería: alimentos que non necesitan refrixeración, seguido de alimentos refrixerados e, por último, alimentos conxelados. Se se gardan estes dous grupos o máis xuntos posible, o frío consérvase durante máis tempo, xa que o contacto co aire quente é menor.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto