Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

Vacinas infantís, por fin un calendario para todos

A nova axenda de inmunización para nenos e nenas será a mesma en todas as comunidades autónomas

  Distintas respostas ás mesmas preguntas en función do lugar no que se vive: cando teño que poñerlle ao neno a vacina do tétano, e a da polio...? E así ata unha decena. Preguntas que ata agora tiñan unha resposta distinta segundo a comunidade autónoma na que se residise. Non obstante, o Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas lograron pactar un calendario de vacinación infantil común, que será válido e igual en todas as rexións, e que entrará en funcionamento en 2014. Vacinas infantís, como funcionan? As vacinas preveñen enfermidades infantís perigosas, como a hepatite, a poliomielite e a meninxite. O preparado destas inxeccións actúa como un espertador para as defensas do corpo do neno. O seu sistema inmunolóxico actívase e prepárase para protexerse en caso de que sexa atacado por unha enfermidade. Aínda que as vacinas non son obrigatorias en España, si son aconselladas pola maioría dos expertos. "As vacinas preveñen doenzas infecciosas no neno e activan o seu organismo para que desenvolva defensas contra elas", explica a Asociación Española de Pediatría.

Un calendario común de vacinación infantil

O calendario de inmunización infantil axuda a que os pequenos non queden expostos a enfermidades graves. Non obstante, ata agora cada comunidade autónoma seguiu a súa propia axenda para inmunizar os nenos. Pero esta situación cambiou, xa que España estreará en 2014 un calendario de vacinación infantil único. O Ministerio de Sanidade logrou pactar coas distintas comunidades autónomas unha programación común de inmunización, unha antiga reivindicación de médicos e pediatras que persegue reducir as desigualdades entre as distintas rexións. O calendario de vacinación común recolle cando e de que hai que vacinar os nenos e as nenas. É dicir, esta axenda da saúde infantil marca as inxeccións que precisan os pequenos ao longo da súa vida, en función da súa idade. Todas as vacinas que recibe o neno apúntanse na súa cartilla de vacinación, un documento que serve para controlar se se cumpriu o calendario e que indica cando será a seguinte cita para vacinar o pequeno.

Como é o novo calendario de vacinación infantil común?

O novo calendario de vacinas común inclúe oito inmunizacións para todos os nenos, con independencia da comunidade autónoma na que vivan. A seguir, móstranse as oito vacinas do calendario de sanidade e a idade determinada para aplicalas:

  1. Poliomielite. Componse de catro doses. A pauta é aplicala aos dous, catro e seis meses de idade do bebé, e un reforzo aos 18 meses.
  2. Difteria, tétanos e tose ferina. A vacina adminístrase en seis doses. As tres primeiras aos dous, catro e seis meses de idade do bebé. E tres reforzos, aos 18 meses, aos seis anos e aos 14 anos.
  3. Haemophilus influenzae tipo b. A vacina dáse en catro doses: aos dous, catro, seis e 18 meses de idade do bebé.
  4. Triplo vírica: sarampelo, rubéola e papeiras. Esta inmunización desagrégase en dúas doses, a primeira aos 12 meses de idade do bebé e a segunda entre os tres e os catro anos.
  5. Hepatite B. Esta inmunización débese recibir en tres doses, aos cero, dous e seis meses de vida do bebé. En bebés de nais portadoras, a pauta é aos cero, un e seis meses.
  6. Meninxite (meningococo C). Aplícase en tres doses: aos dous meses, aos seis e aos 12 anos.
  7. Varíola. Unha dose aos 12 anos de idade. En nenos que non pasasen a enfermidade, a pauta é dúas doses.
  8. Virus do papiloma humano. Só para nenas, aos 14 anos.

Os expertos piden máis vacinas

O calendario de vacinación común foi unha antiga reivindicación dos expertos en saúde infantil. Non obstante, a actual programación de inmunización acordada non satisfai a moitos profesionais.

Expertos e sociedades científicas, como a Asociación Española de Pediatría, sosteñen que o calendario pactado queda curto, tanto nas doses coma nas idades fixadas. Unha das reivindicacións máis repetidas é incluír a vacina do pneumococo, que quedou excluída da axenda de vacinas, e que só se mantén nestes momentos en Galicia e no País Vasco. A idade acordada para a vacina da varíola, os 12 anos, tamén esperta críticas entre os expertos, xa que a consideran demasiado tardía, porque o 90 % dos nenos e nenas xa pasou a enfermidade a esta idade.

Vacinas infantís, a favor ou en contra?

  A pesar de que xa existe un calendario de vacinación infantil común, as vacinas infantís son voluntarias. Non hai ningunha lei que obrigue a poñelas e cada familia decide se desexa vacinar os seus fillos ou non. Non obstante, a postura tanto da Organización Mundial da Saúde (OMS) coma da Asociación Española de Pediatría é clara e contundente: recomendar a vacinación infantil.

A inmunización, ademais, é esencial para reducir a taxa de mortalidade de moitas enfermidades. A Organización Mundial da Saúde estima que as vacinas evitan preto de 2,5 millóns de mortes cada ano en todo o mundo.

Os expertos en saúde infantil, ademais, destacan que as vacinas son seguras e recalcan que aínda que nalgúns casos poden producir efectos secundarios (polo xeral moi leves, como un pouco de febre ou un simple sarabullo), o perigo ou o risco de non as administrar é sempre moito maior.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto