Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Canles de EROSKI CONSUMER
Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Compran vivendas baixo plano nunha urbanización con instalacións deportivas da comunidade que resultan ser de titularidade municipal
Un conxunto de propietarios de varias comunidades asinaron contratos de compravenda de vivendas baixo plano nunha urbanización. No folleto publicitario aparecía unha fotografía da urbanización e constaba de xeito expreso que os compradores recibirían elementos comúns, como piscina, pista de pádel-tenis e club social. Pero estes elementos non se entregaron en propiedade, polo que as comunidades de propietarios formularon unha demanda fronte ao promotor na que esixían unha indemnización de 785.190 euros. E é que resultou que o plan urbanístico da zona impedía que o lugar onde o folleto publicitario describía e colocaba as instalacións fosen de titularidade privada, así que resultaron de utilización pública. É por iso que o Tribunal Supremo, nunha sentenza do 28 de febreiro de 2013, confirma a indemnización a favor dos compradores por 300.000 euros.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI