Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Como utilizar un wiki

Este formato de publicación de contidos, popular pola Wikipedia, facilita o traballo en equipo

  A Wikipedia, que o pasado 15 de xaneiro cumpriu oito anos de vida, sorprende aínda hoxe porque calquera lector pode cambiar a información dos artigos se descobre un dato erróneo. Esta gran virtude da famosa enciclopedia aberta e gratuíta é inherente a todos os wikis, un formato de publicación que facilita o traballo en equipo e que pode ser moi útil tanto en ámbitos académicos coma no terreo laboral.

Un wiki diferénciase das páxinas web convencionais en que todos os visitantes poden modificar o contido se o consideran oportuno. Na estrutura tradicional da web, unha ou varias persoas crean un artigo e os lectores fan comentarios nun módulo separado. O wiki móstrase máis interactivo e as achegas da audiencia plásmanse no texto principal. Este formato componse dunha ou de varias páxinas que se enlazan co estilo dos sitios convencionais, aínda que cun aspecto gráfico moi sobrio que recorda o dos primeiros anos de expansión de internet.

Para unha mellor organización, os wikis presentan un rexistro con todos os cambios efectuados polos usuarios, ademais de información útil, como a hora e o día en que se elaboraron, a súa autoría e ata ofrecen un espazo onde se pode contar o porqué das modificacións. Deste xeito, outros poden comparar as diferenzas entre as versións e afinar o texto ou, mesmo, volver ao estado en que quedou a devandita páxina nun momento determinado. Ademais, existe unha páxina de discusión en cada contido para cando xurdan discrepancias sobre algún tema. Así, os usuarios poden argumentar os seus puntos de vista e manifestar a súa opinión.

Cando se modifica o contido, os usuarios poden sinalar que se trata dun cambio menor para avisar os demais de que non paga a pena a revisión. Esta posibilidade resulta útil para corrixir erratas e erros ortográficos ou de puntuación. Por outro lado, cada usuario dispón da súa propia páxina persoal, á que se pode chegar se se fai clic no seu nome.

A sintaxe do wiki

Cando se escribe nun wiki, débense considerar varias cuestións. Primeiro, que utiliza un sistema sintáctico non estandarizado, denominado Wikitext, que difire nalgúns aspectos do HTML. A continuación, móstranse algunhas das pautas que se deben seguir nos wikis que se basean na MediaWiki, un dos programas máis coñecidos xa que sustenta a Wikipedia:

  • Pódese indicar a intención de crear unha páxina web sobre un determinado tema. Para iso, débese enlazar como se xa houbese unha, con "do tema que se quere tratar". Despois, na vista normal verase o enlace nunha cor diferente á convencional e permitirá escribir nela cando se considere oportuno.
  • Os corpos de letra de encabezados e titulares, que dan lugar ás xerarquías organizativas no texto, créanse co signo "=". Así, cantos máis "=" se poñan antes e despois do titular, máis pequeno será o encabezado. Se só se pon un signo "=" antes e outro despois, o encabezado será do maior tamaño posible. A ausencia do signo "=" xunto a unha palabra presupón un corpo de letra de texto.
  • Enlazar con outra páxina que estea dentro do wiki resulta sinxelo. Só debe poñer o seu título entre dous corchetes deste tipo "nome do enlace.
  • Se se quere enlazar unha sección en concreto dentro dunha páxina, hai que engadir o símbolo da almofada seguido do nome da devandita sección. Por exemplo: "
  • Para enlazar cun sitio web externo ao propio wiki débese poñer o enderezo entre un só corchete e seguido do nome que se lle quere dar ao enlace. Por exemplo: "[http://www.consumer.es Eroski Consumer". Se só se teclea a URL, créanse notas a pé de páxina enlazadas e autonumeradas dende [1].
  • Outra diferenza está na facilidade para asinar e datar os comentarios que se fagan nas páxinas de discusión, grazas ao uso do símbolo "~". Así, se se teclea catro veces seguidas (~~~~), o wiki incorpora automaticamente o nome do autor e a data e a hora de escritura. Se se escribe tres veces (~~~), só se verá o nome, mentres que se se fai cinco veces (~~~~~ ) mostrarase só a data e a hora.

Como crear un wiki

Ao igual que sucedeu cos blogs, para crear un wiki o máis sinxelo é recorrer a sistemas automáticos que guían o usuario, o que simplifica o proceso. Este é o camiño máis indicado para usuarios sen moita experiencia co formato.

Exemplos destes servizos atópanse en Wikia, un completo directorio que se estrutura para non duplicar información sobre un mesmo tema; Webpaint, que conta cun sistema de permisos polos que o creador decide quen e como pode modificar o seu contido; PBWiki, que resulta gratuíto se o usan tres ou menos usuarios; Wikidot, con interesantes opcións de como crear o wiki nun dominio propio e que lles dá liberdade aos usuarios para incorporar a súa propia publicidade; ou Wikispaces, gratuíto na súa versión básica, que a cambio inclúe publicidade. A configuración destes sitios resulta tan sinxela coma Blogger ou WordPress, no campo das bitácoras.

Por outra banda, moitos wikis, como sucede con Webpaint ou Wikispaces, incorporaron un editor WYSWYG ("O que ves é o que obtés", polas súas siglas en inglés) que substitúe en aparencia a sintaxe propia dos wikis e que se manexa coma se fose un procesador de textos. Este feito facilita aínda máis o manexo deste formato.

O outro camiño resulta máis arduo porque se debe alugar un espazo nun servidor; nun hosting compartido, por exemplo. Despois hai que instalar un programa, e a súa correspondente base de datos, e configuralo.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto