Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Entrevista

Λ

Antonio Llombart, Presidente do Grupo SOLTI de investigación en cancro de mama

"As mamografías contribúen a salvar vidas"

 Antonio Llombart, xefe do Servizo de Oncoloxía Médica do Hospital Arnau de Vilanova, de Valencia, presidente do Grupo SOLTI de investigación en cancro de mama e membro da Xunta Directiva da Sociedade Española de Oncoloxía Médica (SEOM), coñece polo miúdo as últimas investigacións sobre os programas de detección precoz do cancro de mama baseados na mamografía. Grazas a eles, as estatísticas desta enfermidade deron un xiro: o 50 % da diminución da mortalidade por esta causa e a detección do 70 % das lesións malignas son atribuíbles ao cribado mamográfico.

A cantas persoas afecta o cancro de mama en España?

No ano 2012, estimouse que 22.000 pacientes foron diagnosticadas de cancro de mama. A relación de mulleres/homes é de cen afectadas por cada afectado. O risco máis importante para padecelo é ser muller e vai en ascenso a medida que aumenta a idade.

Cantos tumores mamarios se detectan en estadios iniciais grazas á mamografía?

O 75 % dos tumores detéctanse nun estadio moi inicial e máis do 50 % dos diagnósticos de cancro de mama en España son de estadio 1, o máis precoz e no que hai máis garantías de curación, pero é difícil atribuírllo todo á mamografía. O éxito na detección débese a unha combinación dos screenings mamográficos poboacionais, ao control da muller de alto risco que ten un compoñente hereditario e á autoexploración, que antes non se realizaba.

Que vantaxes teñen os programas de cribado de cancro de mama baseados na mamografía?

Cando se diagnostica nunha fase moi temperá, resulta relativamente eficiente. A taxa de rexeitamentos, en comparación co cribado de cancro de colon (con colonoscopia), é baixa e os falsos negativos tamén. O 70 % das lesións malignas de cancro de mama detéctanse dentro dos programas de detección precoz. Non obstante, menos dun 30 % das lesións non se diagnostican coa mamografía programada -son os denominados tumores de intervalo-, senón que se detectan entre un cribado mamográfico e outro. E entre un 20 % e un 25 % dos tumores son silentes, non se ven nesta exploración; por iso, a mamografía non é un sistema perfecto, xa que non pode garantir a detección do cento por cento dos tumores.

Pero, pódese afirmar que a mamografía salva vidas?

Non hai dúbida de que contribúe a iso. Segundo os estudos, unha parte débese ao impacto do screening ou diagnóstico rápido e outra ás melloras no tratamento da quimioterapia, radioterapia e cirurxía. Repártese de forma igual, pero si que podemos dicir que a metade de redución de mortalidade por cancro de mama se debe aos programas de diagnóstico precoz con mamografía.

Alongouse a supervivencia das afectadas grazas á detección precoz?

No ámbito nacional, as taxas de supervivencia a cinco anos do cancro de mama sitúanse por enriba do 82 %-83 %. E non deixan de mellorar. Estamos un punto por debaixo de EE.UU. e equiparados a Francia. Dende 1997, observouse unha caída da mortalidade por cancro de mama, maior entre as mulleres novas que entre as de máis de 65 anos, debido ao mellor tratamento e ao cribado mamográfico.

Cal é o perfil e a idade das mulleres que máis se benefician da mamografía?

Todo a comunidade científica está de acordo en que é máis eficaz por enriba dos 50 anos e ata os 65. Pero hai países, coma España, onde nalgunhas comunidades se ampliou e comeza aos 45 anos e esténdese ata os 70. Eu comparo estes programas de cribado á inspección técnica de vehículos (ITV): o coche revísase na ITV pero, se entre inspeccións algo falla, lévase ao taller para reparalo. Así, se entre un cribado mamográfico e outro, a muller nota un vulto na mama, unha alteración na súa morfoloxía, dor ou sangrado pola mamila non normal, debe acudir ao médico.

A mamografía convencional é mellor ca outras probas de diagnóstico por imaxe?

Niso interveñen varios factores. Para estar seguro, a máis eficaz é a resonancia magnética, pero non serve para o screening ou cribado en ningún país, porque é moi custosa economicamente e en tempo (unha hora). Outras, como a ecografía ou a mamografía dixital, son moito máis finas, pero con elas visualízanse demasiadas cousas e hai demasiados falsos positivos. Cando se ve algo coa ecografía, hai que facer unha biopsia, o que é excesivo para as mulleres sas, xa que se se lles detecta unha patoloxía benigna estrésanse, asústanse e, ao final, deixan de revisarse.

Augúralle unha longa vida á mamografía convencional para detectar o cancro de mama?

A mamografía ten as súas limitacións pero, ata este momento, nada é mellor. Traballamos moito en proteínas de baixa expresión, que poderían ser marcadores tumorais, pero aínda non serven para facer un diagnóstico precoz. É unha posibilidade no futuro e hai interese por convertela nunha proba que poida realizarse como unha análise de sangue, pero isto aínda está lonxe.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto