Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Economía Doméstica

Λ

Que ven os meus ollos!

Se non se está de acordo co consumo reflectido na factura da electricidade, convén dirixirse en primeiro lugar á empresa comercializadora do servizo

  Dado que as compañías de electricidade non poden obter as cifras de lectura do noso contador polas razóns que sexan, necesitan facer un cálculo aproximado do consumo. Realizan entón unha estimación baseada en datos rexistrados nas mesmas datas do ano anterior. Se se equivocan nunha factura, o habitual é que se corrixa na seguinte, que si debería ter en conta o consumo real. Aínda así, son numerosos os consumidores que non están de acordo coas lecturas do contador e deciden queixarse á empresa subministradora.

Primeiro paso: revisar ben a factura

Se non se está conforme co recibo da luz, hai que revisar a factura na busca do nome da empresa que a asina para presentar unha reclamación. Se a compañía non dá unha resposta satisfactoria, o afectado debe dirixirse á distribuidora, que podería ser responsable dun erro de lectura do contador ou de realizar unha estimación errónea. A lectura refírese á cifra que marca o contador da subministración. Hai dous tipos:

  • A real: a primeira indica a numeración que marca o contador nunha data en concreto. Ese será o seu consumo.
  • A estimada: úsase en períodos nos que a empresa distribuidora, encargada de realizar as lecturas, non pasou a ler o contador ou ninguén lle facilitou os datos.

Para comprobar se as lecturas que realizan as distribuidoras coinciden coas súas, abonda con contrastar de xeito persoal os datos. Polo xeral, para coñecer a lectura dun mes, o usuario debe apuntar o número de cinco díxitos (correspondentes ao total de quilovatios rexistrados) o mesmo día cada mes, se pode ser á mesma hora mellor, e restarlle a lectura do mes anterior. Obterá así a cantidade de quilovatios que gastou durante ese período.

En ocasións, os contadores atópanse dentro da vivenda e a distribuidora non pode acceder de forma cómoda para ler o contador. Co fin de evitar ter lecturas moi afastadas da realidade, é aconsellable comunicarlle os datos de consumo á compañía por teléfono ou a través da súa páxina web, facilitar o acceso ao aparato medidor se non está no cuarto de contadores ou anotar os datos de lectura nas follas que se deixan a miúdo na comunidade para iso.

Non obstante, cando a lectura do contador non coincida coa súa, as asociacións de consumidores recomendan esperar ao mes seguinte antes de formalizar unha queixa. E a razón é que podería tratarse dunha estimación. A seguinte factura debería estar baseada na lectura real e, se o cálculo era erróneo, debería corrixirse de forma automática o importe cobrado de máis.

Antes de reclamar

Non obstante, se se considera que o consumo que se cobrou é demasiado elevado, que a lectura segue a ser incorrecta e que non se corrixe a cifra facturada, o procedente é reclamar. As compañías aconsellan levar a cabo as seguintes accións antes de formalizar unha queixa:

  • Verificar a lectura real que rexistra o contador para contrastala coa lectura facturada. Se a última lectura do recibo é estimada, os consumos cobrados regularizaranse cando se dispoña dunha lectura real.
  • Comprobar o histórico de consumo de quilovatios facturados en anos anteriores.
  • Valorar se se incorporaron novos electrodomésticos que puidesen aumentar o consumo.
  • Comprobar o correcto funcionamento do contador. Para iso, algunhas compañías recomendan desconectar toda a instalación eléctrica da casa e verificar se, ao cabo de dez minutos, o contador xa non rexistra consumo ningún.
  • Solicitarlle á compañía distribuidora unha comprobación do funcionamento do contador, se se considera que non funciona de xeito correcto.

As canles de reclamación

  Por regra xeral, as compañías poñen á disposición dos seus clientes diferentes canles de contacto para presentar reclamacións. Se se desexa manifestar desconformidade coa lectura do contador, hai diferentes opcións:

  • Oficina en liña da compañía eléctrica: algunhas empresas facilitan un correo electrónico para xestionar a queixa. Outras teñen formularios para reclamar e achegar copias de documentos que proben o motivo da reclamación.
  • Oficinas comerciais das compañías: nelas poderase formalizar a reclamación e para iso hanse cubrir uns impresos preparados para tal efecto. É importante presentar copias de toda a documentación que poidan reforzar a queixa. Unha vez rexistrada, as compañías facilitan un código que se poderá utilizar para coñecer a evolución da desconformidade presentada.

Se a reclamación non se resolve nun prazo aproximado de 30 días, deberase comprobar se a compañía da que se é cliente e a comunidade onde se reside se adheriu ao Sistema Arbitral de Consumo para a resolución de conflitos relativos a subministracións. No caso de que así sexa, poderase dirixir a queixa á Xunta Arbitral Autonómica en cuestión.

O consumidor tamén pode tramitar a reclamación na Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) e ten a posibilidade de facelo de forma presencial, por correo ou por internet.

Ademais, cabe a posibilidade de reclamar por vía xudicial cando o usuario non logre alcanzar un acordo coa empresa nun conflito de consumo. Non obstante, o máis recomendable é acudir a unha asociación de consumidores que informará o afectado se o caso pode ou non prosperar nos tribunais.

Forma da reclamación

Nas comunicacións coa compañía deberase indicar a máxima información posible para que a empresa poida tramitar e resolver a reclamación de forma eficaz. Deberanse referir os datos seguintes:

  • Datos do contrato: nome completo e NIF do titular do contrato (en caso de que non coincida co reclamante) e enderezo completo do punto de subministración do servizo. E se a queixa está relacionada cun cobramento, tamén se deberá incluír o número de póliza ou de contrato e o número de factura. Estes datos adoitan figurar nas facturas.
  • Motivo da reclamación: deberase facer unha breve descrición da desconformidade coa lectura do contador e hanse achegar os datos e tamén os nomes das persoas coas que se contactase e as datas de chamadas, co fin de facilitar unha resolución satisfactoria da queixa.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto