Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Enquisa sobre os hábitos de exposición ao sol, a percepción de risco e a etiquetaxe das cremas solares: Un de cada cinco enquisados nunca se protexe cando se expón ao sol nas vacacións de verán

Un 12 % non adquire cremas solares e tres de cada dez nunca len a información da etiquetaxe

Conscientes do risco

A teoría parece que a sabemos: se o sol non se toma con precaución, as consecuencias poden ser moi prexudiciais para a saúde. Non obstante, levámolo á práctica? EROSKI CONSUMER mediu esa percepción de risco e consultou os 1000 entrevistados sobre a súa opinión acerca dunha serie de afirmacións sobre a radiación e a protección solar. En función das súas respostas, cuantificouse esa percepción cunha escala de 0 aos 3,80 puntos, onde 0 é o nivel baixo e 3,80 o nivel alto.

Así, un 56 % dos enquisados teñen un nivel medio de percepción de risco, un 40 % un nivel alto e apenas un 4 % un nivel baixo. Por comunidades, ningún galego nin madrileño enquisado se clasificou cun nivel de percepción de risco baixo, a diferenza dos valencianos, que se sitúan neste nivel en maior proporción (un 14 %). Os máis conscientes dos perigos do sol son en maior medida os galegos, posto que un 52 % deles se sitúa no primeiro posto do podio, o nivel alto de percepción.

Esta clasificación demostra que aínda hai quen se confía demasiado. Malia que apenas un 4 % considera que tomar o sol durante un tempo prolongado nunca supón un risco, outro 14 % considera que só en ocasións. Por sorte, o 82 % dos enquisados pensa que é perigoso sempre: os madrileños en maior proporción (un 93 % dos consultados) ca os baleares (un 14 % deles cre que nunca supón un perigo, a proporción máis alta).

Un de cada cinco enquisados non cre que cada tipo de pel absorba a radiación solar de forma diferente, en maior medida a xente nova de 25 a 44 anos (un 23 %). Unha crenza errónea, posto que ninguén é igual fronte ao sol e na poboación existen distintos fototipos individuais de cada persoa. Por último, só un 6 % non cre que unha exposición solar inadecuada produza envellecemento prematuro da pel, afeccións oculares e cancro de pel.

Unha de tópicos

En canto a como protexerse, tamén existen confusións destacadas entre os enquisados. En primeiro lugar, un 41 % non cre que haxa que utilizar un factor de protección maior de 15 na primeira exposición solar. É máis, en similar proporción consideran que as cremas con moi alta protección protexen completamente contra o sol. Neste sentido, a lexislación da UE parte da premisa de que ningunha crema, por moi alta protección que teña, protexe completamente contra o sol. Os fotoprotectores conteñen substancias químicas e/ou físicas, denominadas filtros, capaces de absorber ou de reflectir as radiacións solares e de protexer a pel dos seus efectos daniños. Non obstante, o termo "pantalla total" ou sun block utilizouse para indicar un FPS (factor de protección solar) superior a 20 e a protección fronte a outras radiacións, pero en realidade préstase a confusión, posto que non garante unha protección total fronte ás radiacións.

Por sorte, só en proporcións inferiores ao 15 % da poboación enquisada fan caso dos seguintes falsos mitos: que o sol sen cremas de protección seca grans, espiñas e puntos negros no rostro; que os lentes de sol son só para o verán; que non é necesario aplicar fotoprotección se o día está anubrado ou se se está debaixo dunha antuca; que as persoas con peles máis morenas ou xa bronceadas poden prescindir de aplicar crema protectora e que, mentres se está na auga, o sol apenas prexudica a pel.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto