Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Enquisa sobre os hábitos de exposición ao sol, a percepción de risco e a etiquetaxe das cremas solares: Un de cada cinco enquisados nunca se protexe cando se expón ao sol nas vacacións de verán

Un 12 % non adquire cremas solares e tres de cada dez nunca len a información da etiquetaxe

  O sol ten dúas caras. Por un lado, proporciona cor, calor e, para moitos, é motivo de alegría. É esencial na produción de vitamina D e a súa exposición, sempre con moderación e vixilancia médica, forma parte do tratamento de enfermidades dermatolóxicas, como a psoríase ou o eccema... Pero o astro rei ten o seu lado escuro: provoca queimaduras solares que aumentan o risco de padecer cancro de pel na idade adulta.

Cada ano, diagnostícanse no mundo 160.000 casos de melanoma (79.000 en homes e 81.000 en mulleres). A diminución da capa de ozono e a moda do bronceado son os dous factores que máis inflúen niso, polo que o sol debe tomarse con todas as precaucións. Para coñecer os hábitos de exposición ao sol da poboación, EROSKI CONSUMER realizoulles durante o mes de abril unha enquisa a 1000 persoas de nove comunidades autónomas: Andalucía, Illas Baleares, Castela-A Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana, Galicia, Madrid, Navarra e País Vasco. Ademais, investigouse cal era a súa percepción de risco ao sol e os seus costumes á hora de comprar crema solar. O 52 % dos enquisados eran mulleres e tiñan unha media de idade de 46 anos.

Ninguén é igual fronte aos raios solares. A pigmentación da pel, a cor dos ollos, o cabelo e a capacidade para broncearse de cada un determinan a que fototipo se pertence; é dicir, que capacidade ten a pel de absorber a radiación solar.

Entre os enquisados, un de cada cinco sitúase no primeiro fototipo (peles, ollos e cabelos moi claros que sempre se queiman e cuxo bronceado é imperceptible), un 46 % no segundo (tamén con pel, ollos e cabelo claros, pero que conseguen un bronceado moderado, aínda que a miúdo se queiman), outro 21 % no terceiro (teñen unha pel máis escura, así como o pelo e os ollos; ás veces, quéimanse e conseguen un bronceado medio) e o 12 % no cuarto (coa pel, os ollos e o cabelo morenos, raramente se queiman e sempre se broncean).

Pouca protección, demasiada confianza

As vacacións e os días festivos do verán son os momentos nos que os entrevistados máis se expoñen ao sol. Non obstante, un 19 % nunca se protexe das radiacións solares e un 21 % só ás veces (en maior medida, os homes). Ademais, fóra da época estival, protéxense aínda menos, xa que só un de cada catro o fai habitualmente. Iso si, os que o fan adoitan utilizar cremas solares e lentes de sol.

Ademais, un de cada dous enquisados ten un nivel medio na percepción de risco do sol. E é que probablemente nalgúns aspectos aínda somos demasiado confiados: dous de cada cinco pensa que na primeira exposición solar se pode utilizar un factor de protección solar menor de 15, un de cada cinco non sabe que cada tipo de pel absorbe a radiación solar de forma diferente e que iso inflúe na forma de protexerse e un 12 % dos enquisados non compra habitualmente cremas solares.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto