Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

O procedemento español de execución hipotecaria e desafiuzamento é contrario á Directiva europea de cláusulas abusivas en contratos con consumidores

 Unha persoa solicitou unha hipoteca, pero deixou de pagar as cotas, polo que se iniciou un procedemento xudicial de execución hipotecaria, ata a poxa pública da vivenda. Como ninguén presentou unha oferta na poxa, a vivenda resultou adxudicada a favor da Caixa de Aforros na que tiña contratada a hipoteca polo 50 % do seu valor e botouse da vivenda o titular do piso. Días despois, este presentou unha demanda na que solicitaba a nulidade, por abusiva, dunha cláusula do contrato de empréstito e, xa que logo, tamén do procedemento de execución hipotecaria xa finalizado. Ante esta demanda, o Xulgado do Mercantil núm. 3 de Barcelona elevou a consulta en 2011 ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea para que se pronunciase sobre se o réxime procesual español de execución hipotecaria era ou non contrario á protección que a norma europea de cláusulas abusivas lles pretende outorgar aos consumidores. O réxime español non permite que o xuíz que coñece unha demanda dun consumidor por cláusulas abusivas no empréstito tome medidas para suspender a execución hipotecaria e o desafiuzamento. E, na sentenza do 14 de marzo de 2013, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea declara que, efectivamente, a norma europea se opón á nosa actual normativa de execución hipotecaria porque non lle permite ao consumidor opoñerse á execución e ao desafiuzamento polo carácter abusivo dunha cláusula contractual.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto