Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Herda unha vivenda hipotecada e non sabe que dereitos e obrigas o asisten co banco

Estou a tramitar a documentación necesaria da herdanza do meu pai. Herdaría pouco diñeiro e un piso que está hipotecado, pero do que xa só quedan tres anos de hipoteca. A miña idea é ir vivir ao piso e pagar as cotas desa hipoteca. A miña dúbida é se o banco me pode esixir xustificantes de ingresos e de todo o papelame e mesmo se pode rexeitarme porque estou a cobrar a prestación por desemprego.

  Antes de realizar a escritura de herdanza, suxerímoslle que se informe sobre se o seu pai tiña contratado un seguro de vida. Para iso, hai que solicitar un certificado de seguro de cobertura de falecemento ao Rexistro Xeral de Actos de Última Vontade do Ministerio de Xustiza. En canto á hipoteca, nas herdanzas os herdeiros suceden o defunto en todos os seus dereitos e obrigas. Serán responsables de todas as cargas da herdanza, entre as que se atopa a hipoteca, e non só dos bens da herdanza, senón tamén dos propios. Entendemos que, se vostede é o único herdeiro, o banco queda obrigado a aceptalo como titular do empréstito hipotecario e como único obrigado ao pagamento, sen que teña facultade para rexeitar a sucesión. Pero, segundo o Servizo de Reclamacións do Banco de España, unha cuestión diferente é aquela na que con varios herdeiros a partición da herdanza dispoña que o empréstito hipotecario a asuma, exclusivamente, un deles, o adxudicatario do predio hipotecado, e os demais herdeiros quedarán libres desta obriga. Se este fose o caso, o cambio de titularidade do empréstito hipotecario requiriría o consentimento do banco e, para decidir outorgalo, pode esixir a presentación de documentación, como a declaración da renda, as últimas nóminas etc. En caso de que non dea o seu consentimento, o banco podería dirixirse contra todos os herdeiros. En canto á desistencia do seu actual alugamento, lea con calma o seu contrato, xa que podería ter que indemnizar o arrendador.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto