Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Medio natural

Λ

Todo o que hai que saber sobre a enerxía

Coñecer mellor a enerxía serve para concienciarse do seu impacto e para consumila de forma máis sostible

  A enerxía ten custos ocultos. A electricidade non é tan ecolóxica como parece. O recibo da luz podería subir un 40 %. España é moi débil pola súa alta dependencia enerxética exterior. Unha lavadora de hai 30 anos consumía catro veces máis enerxía ca unha actual, pero isto podería facernos gastar máis e as reservas de petróleo están en pleno declive. A que descoñecía boa parte destas cuestións? Coñecer mellor a enerxía serve para concienciarse do seu impacto e para asumir consellos de cara consumila de forma sostible. A economía doméstica, o medio ou a saúde beneficiaranse.

Custos ocultos da enerxía

A factura eléctrica ou o prezo dos combustibles reflicten un custo evidente, como a man de obra, as materias primas, as instalacións ou o transporte. Pero os causados pola contaminación, as enfermidades laborais, o cambio climático ou a chuvia ácida non se inclúen. Segundo un informe da Axencia Europea de Medio Ambiente (AEMA), a contaminación atmosférica industrial en Europa durante 2009 ocasionou un custo en danos ao medio e á saúde entre 102.000 millóns e 169.000 millóns de euros, o que supón entre 200 e 330 de euros por cidadán. Estes conceptos, indirectos e difíciles de medir, denomínanse custos ocultos ou externalidades da enerxía, ao estar fóra do sistema de fixación de prezos. Ao final, a sociedade paga por eles e non os percibe como un efecto do consumo enerxético.

De onde vén a electricidade que consumimos

Utilizar electricidade pode parecer un xesto ecolóxico fronte a un coche de gasolina. Por iso convén saber como se cubriu a demanda de electricidade en España durante 2011: 255.179 xigavatios/hora (GWh): 21 % con enerxía nuclear, 19 % con ciclos combinados (que utilizan gas natural), 16 % con eólica, 15 % con carbón, 11 % con hidráulica e o 18 % restante con outras tecnoloxías, segundo o último informe de rede eléctrica española (REE). Os seus responsables destacan que o aumento de xeración con carbón e a menor produción de hidráulica, eólica e nuclear deron lugar a un repuntamento das emisións de dióxido de carbono (CO2) do sector eléctrico estimadas en 73 millóns de toneladas, un 25 % máis ca en 2010.

Déficit de tarifa

  O Goberno aproba as tarifas eléctricas en cada período marcado. En 2000, aprobaba unhas tarifas sen todos os custos que as compañías eléctricas aseguraban ter. Creábase o déficit de tarifa, unha especie de débeda aprazada dos consumidores coas empresas eléctricas para manter baixos os prezos. Ao continuar estes anos, o déficit acumulouse, aínda que a súa cifra non está clara. Segundo o responsable do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo (Minetur), José Manuel Soria, 24.000 millóns de euros; segundo a Comisión Nacional da Enerxía (CNE), máis de 28.500 millóns. Tomás Díaz, voceiro da Asociación da Industria Fotovoltaica (ASIF), recorda estimacións que sinalan que o recibo da luz deberá subir un 40 % para eliminar este déficit. A súa contención foi unha das razóns esgrimidas para eliminar as axudas (primas) ás enerxías renovables.

Dependencia enerxética

España depende moito dos combustibles fósiles do exterior. Segundo o último informe sobre a enerxía en España do Minetur, o 78,2 % do consumo de enerxía primaria en 2010 (sen incluír saldo eléctrico) baseouse no petróleo (48,5 %), no gas natural (23,3 %) e no carbón (6,4 %). España autoabastécese do seu carbón nun 40,7 %, do seu petróleo nun 0,2 % e do seu gas natural nun 0,2 %. Os expertos recordan que estes combustibles, ademais de contaminantes, serán cada vez máis caros e escasos. O petróleo pasou dos 30 euros (barril Brent) en 2000 aos 80 euros actuais. Para reducir esta dependencia enerxética e diversificar as fontes, España conta coas enerxías renovables, máis ecolóxicas e xeradas no propio país.

Eficiencia enerxética

Un frigorífico de 100 litros clase A utiliza 100 kWh, fronte aos 386 kWh dun modelo similar en 1980. Os avances son cada vez maiores: os últimos modelos máis eficientes (A+++) consomen tres veces menos. Por iso, a Unión Europea actualizou a etiquetaxe de eficiencia enerxética dos electrodomésticos. A eficiencia enerxética aprovéitase noutros sectores: España podería aforrar ata 3300 millóns de euros ao ano se controlase mellor o consumo enerxético dos edificios, segundo un estudo da enxeñería Euroconsult.

Efecto rebote

  Coa eficiencia enerxética consómese menos para producir o mesmo ca antes. Non obstante, ao dispoñer desa "nova" enerxía que se necesitaba antes, en vez de consumir menos, pode gastarse mesmo máis. É o efecto rebote, descrito por William Stanley Jevons en 1865. Este economista inglés viu que a máquina de vapor non reduciu o consumo de carbón no seu país, senón que o aumentou. Diversos estudos sinalaron este paradoxal efecto. Un deles sinala que as lámpadas de baixo consumo poderían aumentar na práctica o consumo eléctrico. Ao gastar menos, o consumidor podería tender a poñer máis lámpadas, a usalas máis tempo etc., o que daría como resultado un maior gasto ca antes.

Pico ou cénit do petróleo

Marion King Hubber, consultor de Shell, sinalou en 1956 que a produción de petróleo evoluciona en forma de campá simétrica. O seu pico ou cénit de máxima produción (e posterior declive irreversible) tería lugar ao esgotarse a metade do recurso. As súas predicións cumpríronse para EE. UU. en 1970: de ser o principal produtor mundial, importa hoxe en día máis da metade. Pedro Prieto, vicepresidente da Asociación para o Estudo do Cénit do Petróleo, cre que non quedan máis de tres décadas de petróleo. Carles Riba, director do Centro de Deseño de Equipos Industriais da Universidade Politécnica de Cataluña, considera que na actual década se iniciará o seu declive.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto