Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Entrevista

Λ

Mercedes Ruiz Giménez, Presidenta da Coordinadora de ONG para o Desenvolvemento (Congde): Os recortes en cooperación lévannos a reducir accións e presenzas importantes en diferentes contextos e países

 Algunhas ONGD cumpriron as súas vodas de ouro na xestión de proxectos de cooperación. Non obstante, non están para celebracións. A axuda oficial ao desenvolvemento (AOD) diminuíu a niveis de 1981 e o recorte ou a eliminación doutras subvencións supuxo o peche de sedes, a redución de persoal e, mesmo, a finalización de proxectos. "O impacto será máis importante en 2013 e 2014", advirte Mercedes Ruiz Giménez, presidenta da Coordinadora de ONG para o Desenvolvemento (Congde). Por iso pide que os orzamentos teñan en conta "a situación de extrema pobreza de millóns de persoas no mundo" e apela á cidadanía para que dea o paso "cara a un compromiso permanente".

En 2013, a AOD sitúase en niveis de 1981. Está isto xustificado?

É totalmente incomprensible e inxustificado. Mentres a renda nacional diminuíu un 5 % dende 2008, a AOD reduciuse un 70 % dende 2001. A mal chamada crise económica levou a uns recortes que esconden un cambio de modelo. Os orzamentos son inmorais e non teñen en conta a situación de extrema pobreza de millóns de persoas no mundo.

A canto ascende o recorte en subvencións públicas ás ONGD?

As ONGD obteñen recursos da AECID, que rexistrou a caída máis forte, cun recorte acumulado do 70 %. As organizacións seguimos recibindo o 50 % do seu orzamento e mantivéronse os compromisos en marcha, pero pecháronse axudas especiais e novos convenios, os fondos para programas plurianuais descenderon un 17 % e a convocatoria anual de subvencións a entidades máis pequenas será moi reducida en 2013.

Que supón para a cooperación internacional a redución de fondos españois?

Se diferenciamos o apoio canalizado a través das ONGD, que colaboramos con lugares de gran pobreza que dependen da AOD, o impacto será máis importante en 2013 e 2014. A cooperación descentralizada descendeu un 50 % e o noso apoio reducirase nesa porcentaxe. Pero, ademais, o 19 % das organizacións abandonamos un país ou unha zona xeográfica, o 65 % diminuímos o número de proxectos en terreo, o 21 % pechamos sedes territoriais e o 50 % reducimos persoal.

Afectan os recortes ao logro dos obxectivos de desenvolvemento do milenio?

É evidente. O propio secretario xeral de Nacións Unidas recoñeceu que os recortes dos países europeos terían un impacto forte na consecución dos obxectivos, sinalou de xeito especial as reducións de Grecia e España e pediulles aos gobernos que non coloquen a carga da austeridade fiscal sobre os máis pobres.

Teme que desaparezan as subvencións ás ONGD e, mesmo, á AECID?

Non quereriamos que isto acontecese, pero a forte redución orzamentaria da AECID podería levar á súa desaparición como axencia. Preocúpanos ademais o interese actual porque os coordinadores das oficinas técnicas de cooperación no exterior sexan diplomáticos e non expertos en cooperación.

Hai que mellorar a efectividade da axuda?

Isto é urxente, independentemente da crise. No seu último informe periódico, o Comité de Axuda ao Desenvolvemento da OCDE recomenda a concentración, algo que recolle o novo plan director. Tamén necesitamos unha maior coordinación entre doadores, aprobar a materia da avaliación e garantir que as políticas públicas de agricultura, pesca, medio, comercio ou migracións estean guiadas polo obxectivo da loita contra a pobreza e da defensa dos dereitos humanos.

Deben reformularse as ONGD o seu funcionamento?

Reformulámonolo sempre, pero temos unha responsabilidade compartida. Dada a nosa profesionalidade, a maioría dos fondos públicos canalízanse a través das ONGD. Non obstante, temos que diversificar as nosas fontes e urxe unha lei de mecenado para que os doadores privados se sintan motivados para colaborar.

O plan director aposta por fomentar a actuación das empresas en cooperación.

Por iso reclamamos mecanismos éticos e de dereitos humanos que regulen a súa contribución e que fiscalicen as súas actuacións, como as do resto de actores. As empresas sociais, con intereses focalizados no desenvolvemento humano e sustentable, son benvidas. Pero se se centran en obxectivos de lucro e internacionalización, temos moitas obxeccións.

Que rol xogan as ONGD como actores de desenvolvemento?

O tradicional é a xestión e a execución de proxectos, pero o fundamental é a transformación social, a loita contra a pobreza e contra as desigualdades. Promovemos unha cidadanía comprometida e responsable coa política pública de cooperación ao desenvolvemento, un aspecto onde aínda temos un déficit.

As estatísticas sinalan que os cidadáns apoian a AOD.

Pero este apoio non é masivo nin sae ás rúas. É moi importante en momentos puntuais, como grandes emerxencias, pero falta dar o paso a un compromiso permanente.

Outro compromiso pasa por destinar o 0,7 % da renda nacional á AOD, cumprirémolo?

Estamos lonxe, pero se Irlanda o mantivo, malia que foi rescatada, España pode alcanzalo.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto