Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa

Λ

Epidural no parto?

Sete de cada dez nais recorren á anestesia epidural para combater a temida dor ao parto

  O parto é un dos momentos máis fermosos para unha parella e dos máis dolorosos para a muller. Por sorte, hai formas de combater estas molestias naturais e, en ocasións, moi agudas. A anestesia epidural é o método máis eficaz e, polo tanto, máis elixido polas mulleres parturientes en España. É unha técnica invasiva que obriga a alcanzar dende o exterior unha zona específica da medula espinal para liberar un fármaco. Esixe pericia por parte de quen practica a punción e un coñecemento exquisito das doses e do tipo de principio activo que se ha administrar. Malia o risco que comporta, inherente a toda práctica invasiva desta natureza, as vantaxes que achega fronte a outros métodos son máis que notables. A principal, e máis valorada, é que proporciona un alivio seguro da dor con doses mínimas de medicamento.

É necesario sufrir a dor propia dun parto?

A dor do parto é algo real e por iso é un dos grandes medos aos que se enfrontan as mulleres embarazadas. Máis da metade das xestantes, o 53 %, temen o momento do parto, segundo o estudo "Medo ao parto", realizado por un equipo de matronas de distintos centros hospitalarios españois en 2011. A epidural é unha anestesia que se aplica no momento de dar a luz, co fin de aliviar esa dor. En España, o seu uso é habitual nos hospitais públicos dende hai uns 15 anos, aínda que neste curto tempo se converteu nunha axuda imprescindible para a maioría das parturientes: o 72 % das embarazadas solicítana durante o parto, segundo datos do Ministerio de Sanidade. Ademais, existen outros métodos para combater, ou polo menos reducir, a dor do parto: elixir unha posición confortable para ela, recibir unha masaxe perineal, camiñar ou ter un acompañante preto. Polo tanto, tolerar ou non a dor do parto é unha opción da nai. Esta decisión debe tomarse en función da súa capacidade para soportala e da súa idea previa sobre como quere que sexa ese momento.

En que consiste a epidural?

A anestesia epidural é un procedemento que consiste nunha punción dende o exterior a unha zona específica da medula espinal e na administración dun fármaco, sexa anestésico, analxésico ou esteroide. A medicación adminístrase no espazo epidural mediante unha inxección ou catéter de pequeno calibre e difúndese polas diferentes capas ata chegar á medula espiñal, onde bloquea os estímulos dolorosos antes de que alcancen o cerebro. Esta medicación circula pola duramáter, que é a membrana externa máis grosa da medula espinal, a aracnoides e a piamadre. Segundo a que nivel vertebral se introduza a medicación, mediante inxección ou catéter, afectará a unhas zonas ou a outras. Por exemplo, dende o nivel da sétima vértebra cervical á primeira dorsal, para tratar a dor ou realizar unha intervención en extremidades superiores, e para controlar a dor no parto será entre a segunda e a terceira vértebra lumbar. A anestesia adoita aplicarse cando a muller xa ten contraccións intensas de longa duración e cando o colo do útero dilatou máis de dous ou tres centímetros.

O proceso para colocar a epidural é o seguinte:

  • A muller colócase sentada ou de lado, coas pernas flexionadas, e mantense inmóbil nesta postura.
  • A zona lumbar desinféctase cunha solución antiséptica, co fin de evitar posibles filtracións.
  • Colócase un pouco de anestésico local na pel para mitigar a dor da inxección.
  • O anestesista inxecta a epidural e, tras retirala, pon unha sonda (catéter). Esta vía servirá para administrar medicamentos que combatan a dor, en caso de que o parto se prolongue.
  • A muller notará os efectos da anestesia, que se amplifican. Nuns 15 ou 20 minutos, a dor remite de forma notable.

Cando se pode solicitar a anestesia epidural?

A epidural alivia a dor do parto máis ca calquera outra anestesia ou analxésico, e é de gran seguridade. Así o afirma a Sociedade Española de Xinecoloxía e Obstetricia. En ausencia de contraindicacións, abonda con que a embarazada solicite a epidural para que o médico lla coloque durante o parto. En ocasións, coma nos partos prematuros e no parto de máis dun bebé, esta anestesia está recomendada.

Cando non é recomendable?

A epidural non sempre pode aplicarse na muller embarazada, xa que pode supoñer un perigo tanto para a futura nai coma para o bebé. Entón, cando non se aconsella recorrer á epidural?

  • Cando a nai padece unha infección na zona lumbar, onde debería inxectarse a anestesia.
  • Se a muller é alérxica aos opiáceos ou aos anestésicos locais.
  • En caso de problemas de corazón graves na nai.
  • A presenza de tatuaxes na zona lumbar tamén fai desaconsellable a epidural: parte da tinta podería ser arrastrada ata a medula.

A epidural prexudica o parto?

  A epidural é un medio eficaz e seguro de combater a dor do parto. Non obstante, tamén ten algúns efectos durante o nacemento do bebé.

Por un lado, a epidural pode dificultar e alongar o proceso de dilatación. A postura horizontal da muller tras a epidural tampouco beneficia a expulsión, xa que aumenta a resistencia á saída do bebé. Por iso, é recomendable que a muller permaneza sentada.

A epidural inflúe tamén doutro modo na saída do neno: bloquea as ganas de empurrar da nai. Esta circunstancia obriga, en moitos casos, a utilizar instrumentos para extraer o bebé, coma fórceps, ventosas e espátulas.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto