Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Guía de compra: hamburguesas: Hamburguesa, tan desexada como criticada

Con moderación (non máis de 2 veces por semana), con mesura ao escoller os extras que a acompañan e se eliximos as de carne branca (polo, pavo ou coello), este prato pode formar parte da nosa dieta

  Cando algo é universal, moitos son os que pelexan por atribuírse a súa invención. A historia complícase se o invento en cuestión é tan simple coma un anaco de carne entre pan e pan. Hai centos de historias que lles atribúen a orixe da hamburguesa a uns e a outros: aos romanos, aos tártaros, aos inmigrantes alemáns establecidos en EE.UU. (dise que a hamburguesa lle debe o seu nome á cidade de Hamburgo), aos propios americanos... Sexa como sexa, o certo é que a hamburguesa leva décadas como un prato máis dentro e fóra das paredes do noso fogar. Hoxe, de feito, é tendencia e abundan os establecementos especializados en ofrecer este produto dunha maneira máis gourmet, coa súa correspondente lexión de adeptos. Na casa, a hamburguesa (en especial, a fresca e a envasada) xoga a ser un comodín máis no frigorífico co que resolver eses momentos nos que non apetece andar entre fogóns. A operación non require moita destreza na cociña, xa que basta con abrir o paquete e fritir a hamburguesa na prancha ou na tixola. Ninguén se escandalizará se le que a fama deste prato non é de todo boa e que para moitos é mesmo un dos símbolos da obesidade ou que encarna a antítese da dieta mediterránea. Pero, en número de calorías, unha hamburguesa de tenreira (255 kcal) non anda lonxe dun solombo de tenreira (241 kcal) ou dun prato de pasta ou de arroz fervidos (278 kcal).

Tampouco axuda a cantidade de contos que circulan, por exemplo, sobre o seu proceso de elaboración; un proceso tan transparente coma o que segue: unha vez que a carne se recibe, esmiúzase, pícase, amásase e engádense outros ingredientes necesarios para a súa elaboración, como sal, pementa, hortalizas etc. Despois amásase todo, moldéase e, finalmente, envásase. Pero o certo é que o consumo de carne picada, xa sexa en forma de albóndega ou de hamburguesa, está motivado porque non toda a carne de calquera animal de abasto pode transformarse en filetes. O tratamento industrial que experimenta esta carne contribúe a facela máis agradable ao padal, facilita a súa mastigación e tamén a súa dixestión.

Agora ben, cabe preguntarse se o seu desterro da dieta é merecido ou se existe a posibilidade de non renunciar a degustar este prato, ao elixir a hamburguesa máis saudable posible ou ao equilibrar o resto da nosa dieta con outros hábitos e pautas. Esta guía de compra pretende responder estas cuestións, pero sen obviar outras, como as de asegurar a súa correcta manipulación ou conservación.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto