Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

Tose: non agoníes

A tose é un síntoma guía, común en moitas enfermidades respiratorias, que se orixina mesmo por un simple catarro, unha gripe ou outras patoloxías máis graves

  De gran sonoridade, común en nenos e en adultos, e tan molesta coma curable. A resposta a esta adiviñanza é a tose nas súas múltiples modalidades: ataques de tose súbitos e imparables, tose rouca, nocturna, seca e irritativa ou con mucosidade. Os distintos tipos de tose guían o médico cara ao diagnóstico de distintas enfermidades, polo que convén non facer oídos xordos a ela. Ademais, hai un remedio para cada unha.

Lonxe de ser unha patoloxía grave, a tose é molesta; impide conciliar o sono, concentrarse no traballo ou manter unha conversación de forma relaxada, e interfire na vida cotiá, laboral e social dos que a padecen. Non obstante, sexa carraspeira, tosiña ou ataques descomunais, todas teñen a mesma misión. A tose é un mecanismo natural do corpo para eliminar secrecións e células mortas que se desprenden do epitelio do aparato respiratorio, que se rexenera e renova ao igual que a pel. Pero tamén é un elemento defensivo que se activa ante unha pequena agresión, ao tragar un corpo estraño, ou pola invasión de microorganismos patóxenos, para expulsalos.

Tose irritativa, produtiva e crónica

A forma de tusir varía segundo a causa. A tose seca, irritativa, frecuente e improdutiva (sen moco) débese a procesos inflamatorios nas vías respiratorias altas, como a farinxe, a larinxe ou a traquea. É típica nos nenos de curta idade, que aínda non saben expectorar; fai a súa aparición estelar de noite e pode provocarlles o vómito, xa que anatomicamente o centro que provoca a tose está moi preto do que produce o vómito.

En cambio, a tose produtiva está destinada a expectorar as secrecións acumuladas nas vías respiratorias baixas, que poden ser esbrancuxadas, ou verdosas se están infectadas por microorganismos que se eliminan ao tusir. Asóciase a enfermidades frecuentes das vías respiratorias baixas, como unha asma mal controlada, a enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC), bronquites ou pneumonías. Segundo a Sociedade Española de Pneumoloxía e Cirurxía Torácica (SEPAR), a EPOC afecta o 10 % dos adultos españois e a asma o 7 %.

Tras un proceso respiratorio agudo, iníciase a rexeneración do epitelio danado, polo que a tose pode persistir un mes. Pero cando dura máis de oito semanas, considérase que é crónica e débese consultar cun especialista para descubrir se é de orixe respiratoria, gastrointestinal (por refluxo gastroesofáxico), cardíaca ou secundaria ao consumo de fármacos antihipertensivos. Estímase que o 7 % da poboación mundial ten tose crónica, segundo Adalberto Pacheco Galván, da Unidade de Asma e Tose Crónica do Hospital Ramón y Cajal, de Madrid.

Cando hai que acudir ao médico

En xeral, considérase que convén acudir ao médico nestes casos:

  • Cando a tose persiste máis de 7-10 días, porque pode haber un proceso subxacente.

  • Cando o proceso da enfermidade é descendente; é dicir, se empezou nas vías respiratorias altas e baixou pouco a pouco.

  • Cando se padece unha enfermidade de base, como a asma ou a EPOC, porque é sinal de que se agudizou ou de que empeorou.

  • Se os esputos están manchados de sangue, xa que aínda que pode ser o signo dunha patoloxía banal, tamén o pode ser dunha enfermidade grave, como o cancro pulmonar; ou dunha enfermidade infecciosa, como a tuberculose.

Un tratamento para cada tipo de tose

  Os especialistas insisten en que automedicarse da tose é perigoso. Pódese tomar un xarope antitusíxeno cando faría falta un mucolítico, para expectorar, e viceversa, ou deixar de medicarse de enfermidades importantes. Hai un tratamento idóneo para cada tose. Estes son algúns:

  • A tose asmática trátase con fármacos inhaladores acompañados de corticoides, que son potentes antiinflamatorios. Esta tose desaparece co tratamento subxacente da asma, mentres que os xaropes antitusíxenos non a eliminan.

  • A tose da EPOC trátase de forma parecida á da asma, co tratamento de base da enfermidade, que consiste en inhaladores e antiinflamatorios.

  • A tose produtiva, coa que se expulsan hipersecrecións bronquiais (moita mucosidade), trátase con moita hidratación, bebendo auga en abundancia ou cun xarope mucolítico que axude a expectorar.

  • A tose irritativa e seca é moi molesta e debe frearse, porque a propia tose aumenta a irritación e as ganas de tusir. Para atallar este círculo vicioso pódese recorrer a xaropes antitusíxenos, que eliminan o reflexo da tose, aínda que non convén abusar destes, porque algúns conteñen codeína, que é un potente sedante do sistema nervioso central.

Consellos para aliviar a tose

  •   Tomar infusións de macela ou papoula porque relaxan o sistema nervioso central e axudan a calmar a tose irritativa.

  • Permanecer en ambientes con humidade e poucos radiadores, e evitar os ambientes secos.

  • Cando a tose é irritativa e nocturna, saír ao balcón e ao aire libre alivia a sensación.

  • Abrir a bañeira, deixar que corra a auga e respirar un anaco neste ambiente húmido e quente.

  • Facer bafos con infusións de eucalipto ou anís, xa que despexan a sinusite e frean a tose a través da humidificación.

Fonte: Eusebi Chiner, secretario xeral da SEPAR e xefe do Servizo de Pneumoloxía do Hospital San Juan, de Alacante.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto