Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Alugamento de vivenda

Asinan unha reserva abusiva para alugar unha vivenda

 Uns cidadáns pagaron a fianza por unha reserva na que se comprometían a asinar nunha data determinada un contrato de arrendamento de vivenda, para o que presentaron no momento da sinatura un aval de case 6000 euros. Pero a empresa propietaria atrasou a sinatura do contrato e superou a establecida no contrato, polo que os consumidores acudiron a xuízo e solicitaron que se lles indemnizase co dobre do pagado. Como o documento da reserva non consideraba indemnización a favor do futuro inquilino para o caso de desistencia do propietario, pero si á inversa, a Audiencia Provincial de Madrid declara, na sentenza do 29 de outubro de 2012, que a cláusula era abusiva e condena a propietaria a devolver o dobre do importe recibido como fianza. E sinala que tamén era nula a cláusula que obrigaba a presentar un aval na data pactada para a sinatura, xa que non podía saberse cando se podería entregar a vivenda coa oportuna licenza de ocupación. Con esta esixencia, engade a sentenza, obrigábase a soportar e a incrementar prematuramente os gastos de constitución e de mantemento do aval.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto