Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Cláusula abusiva nun contrato de mantemento dun ascensor

Unha comunidade de propietarios resolve o contrato de mantemento do ascensor despois de cinco anos e reclámanlle danos e prexuízos

 No ano 2006, unha comunidade de propietarios asinou un contrato de mantemento do ascensor por dez anos prorrogables por iguais períodos de tempo. Segundo o contrato, a comunidade podía resolvelo libremente antes de que se cumprise o prazo, pero debía indemnizar a outra parte por danos e prexuízos nunha cantidade igual ao 50 % do importe do mantemento pendente e, ademais, debía reintegrar as cantidades percibidas como descontos. Como a comunidade decidiu resolver o contrato en 2011 e se negou a pagar, a empresa acudiu a xuízo e reclamou a indemnización. Pero a Audiencia Provincial de Badaxoz, no sentenza do 15 de outubro de 2012, dixo que esta reclamación non procedía, en ningún importe, xa que a empresa non acreditou que a resolución lle ocasionase danos e prexuízos. Segundo a Audiencia Provincial de Badaxoz, esta cláusula de longa duración era abusiva, xa que buscaba eludir competidores que lle puidesen proporcionar á comunidade mellores condicións de calidade do servizo e de prezo. Ademais, non se prevía no contrato ningunha sanción, ningunha pena, nin ningunha indemnización por danos e prexuízos a favor da comunidade de propietarios para o suposto da resolución anticipada do contrato por parte da empresa.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto