Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa

Λ

Aforro canino

A planificación dos gastos e estar atento ás ofertas nas clínicas veterinarias permite reducir o desembolso de diñeiro cunha mascota na casa

  A actual crise económica fai que chegar a fin de mes sexa un milagre para o 12,7 % das familias en España, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), incluídas as que conviven cun can. A escaseza económica tamén prexudica as mascotas, xa que moitos donos teñen dificultades para aboar as consultas veterinarias ou para adquirir alimentos de boa calidade. Ademais, detrás do 27 % dos abandonos de cans e gatos en España hai razóns económicas, segundo un estudo da Fundación Affinity. Por fortuna, reducir os gastos do can sen descoidar as súas atencións nin a súa saúde é posible. A continuación, descríbense unha serie pasos para logralo.

  • Planificar os gastos do can. O ingreso medio dun español foi de 9321 euros en 2012, segundo os datos do INE. Nalgúns casos, a retribución foi mesmo inferior. Este reducido orzamento implica ter que estirar o diñeiro. E, sobre todo, planificar os gastos do can con detemento e coñecer o que se paga é a primeira pauta para equilibrar as contas na casa. Por iso, o primeiro que se debe facer é elaborar unha folla de gastos da mascota. Esta debe incluír as vacinas, o gasto en alimentos, revisións veterinarias, sesións de peiteado e outros desembolsos fixos. A información pódese ordenar por meses e por conceptos. Para realizar esta tarefa con precisión resulta moi útil usar unha sinxela folla de cálculo excel e, mesmo, un caderno de papel.

  • Organizar as visitas veterinarias. A atención veterinaria dun can implica un gasto medio de 200 euros ao ano, segundo o Colexio Oficial de Veterinarios de Madrid. Esta factura inclúe as vacinas, as revisións da mascota, limpezas bucais e atencións médicas inesperadas, en caso de accidentes ou enfermidades. É posible aforrar nos gastos veterinarios sen comprometer a saúde da mascota? Os expertos afirman que si. Hai que distribuír as visitas ao veterinario con cabeza. Os veterinarios recomendan que o can os visite dúas veces ao ano. Para aforrar, hai que facer coincidir as revisións coas citas para as vacinas e desparasitacións. Deste xeito, evítase pagar por consultas innecesarias Aínda que poida parecer paradoxal, outra premisa para reducir os gastos do can é non saltar as revisións veterinarias. Estas revisións implican un investimento inmediato, pero preveñen enfermidades que poderían ocasionar gastos maiores no futuro.

  •   Ofertas no veterinario para cans. As tarifas planas non son exclusivas das conexións a internet. Moitos veterinarios tamén permiten aboar unha cantidade mensual fixa que sufrague distintos servizos durante ese período. O prezo destas tarifas planas rolda os 20 euros ao mes e inclúe distintas prestacións: dende revisións, vacinas ou limpezas, ata urxencias veterinarias. O prezo pode subir se o animal ten unha enfermidade crónica ou se é ancián. Outro desconto cada vez máis frecuentes nas clínicas é o de familia numerosa animal. Un propietario pode acollerse a el cando convive con tres mascotas (ou máis) na casa. Neste caso, as ofertas poden incluír unha rebaixa do prezo das consultas e descontos para comprar alimentos e accesorios caninos. O apropiado é preguntar, no centro ao que se adoite acudir, porque as tarifas varían segundo a clínica e os servizos que ofrecen.

  • Descontos na comida do can. Pensos, latas, lambetadas para o can... Cada ano véndense en España 284.199 toneladas de alimentos para cans, segundo a Asociación Nacional de Fabricantes de Alimentos para Animais de Compañía. O prezo dun alimento de gama alta para cans oscila entre os seis e os sete euros o quilo, en función das marcas. Convén non reducir a calidade da comida da mascota, pero si que se pode pagar menos ao adquirir cantidades máis grandes: se se elixe un saco de 15 ou 20 quilos, o prezo adóitase recortar case á metade. Outro modo de aforrar na comida do can, sen minguar a calidade do produto, é realizar a compra por internet. Esta opción permite comparar prezos e optar por ofertas interesantes, só válidas en liña.

  • Elixir accesorios duradeiros para o can. Antes de adquirir un novo accesorio para a mascota, convén pensar a longo prazo. Se un cachorro necesita unha cama, hai que saber que o animal crecerá. Se se adquire un colchón pequeno para un cachorro, haberá que repetir a compra unha vez que o can creza. Mellor é elixir un grande dende o principio.

  • Roupa de abrigo para o can feita na casa. Abrigos contra o frío, impermeables caninos para a chuvia... Moitas destas pezas para o can poden fabricarse na casa, de forma sinxela e moi económica. Unha opción cómoda é reutilizar pezas en desuso da familia (chuvasqueiros, xerseis ou camisetas), e adaptalas para a mascota.

  •   Xoguetes caseiros para animais. Un can necesita xoguetes para manter a súa mente ocupada. Non obstante, moitos divertimentos e accesorios da mascota poden fabricarse na casa, gratis ou por moi pouco diñeiro. Os paseos pola montaña e algúns xogos ao aire libre ou na casa tamén exercitan, sen gastar, a intelixencia e as relacións sociais do can.

  • Familiares para coidar do can. Viaxes, xornadas longas de traballo... Os coidadores poden ser necesarios para atender o can en momentos puntuais. Un modo de aforrar, sen ter que contratar un profesional, é recorrer á rede social -familia e amigos-, co fin de atender as mascotas durante as ausencias forzosas.

  • Evitar estragos na casa. Os cachorros poden destruír zapatos, plantas e mobles na casa. Estes estragos implican un gasto extra. Non obstante, estas partidas de diñeiro pódense eludir con educación. Un profesional canino cobrará as leccións do can, pero o gasto pode resultar un investimento.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto