Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Kindle, como funcionas?

A través duns sinxelos consellos, calquera persoa pode manexar o dispositivo de lectura de libros electrónicos de Amazon

  A tenda en liña Amazon, presente en España dende setembro de 2011, comercializa diferentes lectores de libros electrónicos baixo a denominación Kindle, tanto dende a súa plataforma coma dende algúns distribuidores. Estes dispositivos contan cunha grande aceptación entre os usuarios, pero canto máis completo é o modelo máis difícil se fai familiarizarse co seu uso.

Diferentes modelos, diferentes prezos

Na actualidade, Amazon ten á venda en España cinco modelos diferentes orientados á lectura de libros en formato dixital. Tres dispositivos son libros electrónicos con pantallas de seis polgadas e que empregan tinta electrónica. O modelo máis básico é o Amazon Kindle, que conta con conectividade wifi e un prezo de 79 euros.

Amazon tamén comercializa Amazon Kindle Paperwhite, co mesmo tamaño de pantalla que o Amazon Kindle, aínda que incorpora unha pantalla táctil con luz integrada, o que permite o seu uso en condicións de pouca luminosidade. Este modelo está dispoñible en dúas versións, con conectividade só wifi ou ben wifi e 3 G. O prezo oscila entre os 129 e 189 euros, en función do modelo seleccionado.

Os outros dous dispositivos son tablets baseados nunha modificación do sistema operativo Android. Son os Kindle Fire HD e Kindle Fire, cun custo entre 159 e 269 euros, segundo o espazo de almacenamento seleccionado e en función de se inclúe publicidade ou non. É dicir, Amazon ofrece estes produtos a un importe máis barato se o usuario acepta recibir impactos publicitarios no salvapantallas e na parte inferior da pantalla de inicio.

A mellor elección

  • No momento de determinar que tipo de modelo adquirir dos cinco comercializados por Amazon, é importante coñecer con exactitude o uso habitual que se lles dará. Se o seu propósito principal é o de ler libros en formato dixital, tanto en exteriores coma en interiores, o mellor consello é decantarse polo modelo máis básico de Amazon Kindle. É un dispositivo lixeiro e que cumpre a súa función con axilidade.

  • O Amazon Kindle Paperwhite está recomendado para usuarios que queiran ler en calquera ambiente e situación, sen ter que preocuparse de necesitar unha iluminación externa en caso de pouca luz.

  • A elección do modelo 3 G está indicada para persoas que queiran realizar compras instantáneas de libros dende a tenda de Amazon sen necesitade dunha rede wifi preto.

Pola súa banda, os modelos de tablet de Amazon están deseñados para usuarios que fagan un uso multimedia do dispositivo e que, ao mesmo tempo, teñan acceso á tenda de libros electrónicos e a outros contidos dixitais de Amazon, como música ou películas.

Como se rexistra un Kindle?

Durante o proceso de compra do lector na páxina web de Amazon, a tenda permite seleccionar se o dispositivo enviado estará rexistrado á conta de Amazon da persoa que o adquire, ou ben se é para lle regalar a un terceiro. Deste xeito, o Kindle pódese enviar preconfigurado coa conta do usuario ou sen rexistrar.

O rexistro é necesario para descargar calquera contido que compre na tenda Kindle. De todos os xeitos, esta configuración pode xestionarse de maneira sinxela dende un lector de Amazon, mediante o acceso ao menú "Configuración e rexistro".

De que xeito configuro un lector Amazon Kindle?

Ao acender o dispositivo por primeira vez, mediante un botón situado na parte inferior, o lector mostra unha pantalla de benvida e unha serie de pasos para seleccionar unha conexión wifi, así como para seleccionar o idioma no que o usuario quere que se comunique o seu Kindle.

Como se xestiona un Kindle?

  A xestión dun lector de libros Kindle asociado a unha conta de usuario rexistrado de Amazon faise a través da páxina web de Amazon. Dentro das opcións da conta, hai unha opción denominada "Xestionar o meu Kindle" que permite realizar diferentes accións, como ver todo o contido de libros e documentos dispoñibles na biblioteca do usuario, transferir de novo o contido ou descargar e transferir a través de USB en lugar de vía wifi. Tamén permite borrar o marcador da última páxina lida ou eliminar da biblioteca un libro.

Esta opción de menú tamén serve para xestionar os dispositivos Kindle rexistrados baixo a conta do usuario, así como para as aplicacións de lectura gratuítas dispoñibles para outros sistemas operativos, como iOS ou Android. De igual modo, pódense sincronizar os dispositivos Kindle e as aplicacións de lectura Kindle para manter o seguimento dos marcadores, notas e subliñados dos libros.

Hai que ter en conta que hai aplicacións Kindle para iPad que permiten ler libros comprados na tenda de Amazon. E outro tanto acontece con diversos tablets baseados en Android.

Formatos

Hoxe en día, os lectores Kindle soportan o formato propietario de Amazon denominado AZW; tamén os MOBI (sen protección anticopia), TXT, PDF e PRC. Mesmo admite a lectura de documentos en formato HTML, DOC, DOCX, JPEG, GIF, PNG e BMP, convertidos de forma automática mediante o seu servizo de envío de documentos persoais ao dispositivo.

Os libros electrónicos comprados a través da tenda de Amazon Kindle envíanse ao dispositivo en formato AZW, que inclúe protección anticopia (DRM). É dicir, Amazon controla o uso dos libros adquiridos e só permite o seu uso nos seus dispositivos ou aplicacións Kindle. É importante destacar que a compra dun libro en Kindle non significa a súa adquisición, senón unha licenza de uso conforme ás condicións marcadas por Amazon.

É posible ler libros electrónicos adquiridos noutras tendas?

As principais tendas de libros electrónicos contan cos seus propios sistemas DRM. Polo tanto, as compras realizadas nestas tendas presentan os seus libros en formatos que son incompatibles co formato propietario de Amazon.

A única opción posible é utilizar un conversor independente para converter libros electrónicos entre diferentes formatos e, ao mesmo tempo, eliminar as proteccións anticopia incorporadas. Un proceso tortuoso, pero ben documentado, mediante numerosos titoriais dispoñibles en internet.

Que aplicación independente podo usar para xestionar un lector Kindle?

Unha recomendación para a xestión dun dispositivo Kindle é a utilización da aplicación independente Calibre, dispoñible de forma gratuíta para os principais sistemas operativos. Este programa está orientado á xestión de diferentes tipos de lectores de libros electrónicos.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto