Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Guía de compra: ovos: Un ovo de virtudes

Durante anos tivo unha mala reputación inmerecida, o seu consumo non está relacionado co aumento do colesterol, pero si cuns valores nutricionais excelentes

  Que foi antes: o ovo ou a galiña? O eterno dilema non parece estar de todo resolto. Fose o que fose que xurdiu en primeiro lugar, unha cousa está clara: dende que o home é home come ovos, aínda que non por iso este alimento estivo exento de sufrir os seus particulares altibaixos ao longo dos séculos. O ovo foi un manxar para os gregos e para os romanos; na Idade Media, o seu consumo pasou a estar prohibido durante os días da Coresma e, dende a década dos setenta, levantou un gran receo polo seu aparente elevado contido en colesterol. Tanto é así que durante anos foi defenestrado dos menús e das dietas. E, aínda hoxe, en moitas familias impera a vella regra de "ovos?, non máis de tres por semana". Si, é certo que ata hai pouco tempo os expertos non se poñían de acordo no consumo recomendado. Malia que os ovos teñen colesterol, en abril de 1997 un rigoroso estudo (publicado na revista American Journal of Clinical Nutrition) observou que a inxestión de ovos non eleva de forma relevante o colesterol sanguíneo. Dende entón, os estudos que desmitifican a arraigada crenza de que o colesterol do ovo é prexudicial non cesaron de aparecer. Segundo estes, o propio ovo contén unhas substancias que bloquean a entrada de boa parte do seu colesterol no ser humano. Por todo iso, este alimento pode formar parte dun esquema de dieta saudable e pode incluírse de forma habitual na alimentación sen prexudicar a saúde. E, se cabe, máis cando non facelo supón renunciar a un alimento de enorme valor alimenticio, rico en nutrientes, proteínas e vitaminas, e todo iso cun prezo máis ca modesto (ao redor de 1,50 euros/ducia, segundo o Observatorio de Prezos dos Alimentos do Ministerio de Agricultura). Agora ben, non sempre se coñecen estas particularidades e pode que o momento da compra dos ovos sexa a manifestación máis visible diso: deixámonos levar e eliximos o cartón de sempre, sen ter de todo claro que nos depara e que criterios poden optimizar a súa compra.

O seu lugar na dieta

  Durante décadas, o ovo labrouse unha reputación de alimento "perigoso" para o colesterol. Tanto que, por costume, por descoñecemento ou por herdanza de épocas pasadas, o seu consumo sempre soportou restricións que hoxe carecen de explicación. Un grupo de expertos coordinados polo Dr. Frank Hu da Universidade de Harvard indicou en 1999 que as persoas sas poden tomar un ovo a diario sen que iso supoña un problema para a súa saúde, algo que recolleu un coñecido slogan denominado "Egg a day OK for healthy people" ("Un ovo ao día, OK para persoas sas").

Non obstante, non debe interpretarse que "canto máis, mellor", xa que unha alimentación saudable non se mide só polos niveis de colesterol nunha analítica nin por nutrientes illados, senón pola dieta no seu conxunto. Ilustra isto un artigo científico publicado en xaneiro 2008 na revista Circulation, que observou que tomar máis dun ovo ao día podería elevar o risco cardiovascular, de forma independente aos niveis de colesterol dos consumidores. A explicación a este paradoxo podería residir nunha disquisición ben simple: quen toma moitos ovos non inxire, como é lóxico, unha alta cantidade dos alimentos nos que se debe basear unha alimentación sa, os de orixe vexetal. É dicir, o estudo demostra algo obvio: tomar poucos alimentos vexetais, que teñen altas cantidades de substancias protectoras para o noso organismo (fibra dietética, potasio, magnesio, vitaminas antioxidantes, fitoquímicos etc.), supón un risco para a saúde. Deberían evitar o consumo de ovos a diario as persoas que xa padecen unha enfermidade cardiovascular como diabetes, hipercolesterolemia, ou que teñen unha historia familiar de aterosclerose prematura. Segundo sinala a Asociación Americana do Corazón, é preferible acompañalos de hortalizas ou consumilos xunto a un cereal integral (arroz ou pasta integral) ou con legumes (lentellas, garavanzos, chícharos etc.).

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto