Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Pretenden cobrarlle 1000 euros para rectificar supostos erros na lectura do gas

A compañía do gas que teño contratada di que me enviou mal as facturas, polo que recibín unha de case 1000 euros para corrixir os erros dos últimos dous anos. Din que había problemas co contador e que o detectaron agora. Eu paguei a través do banco todas as miñas facturas e non creo que deba pagar esa barbaridade, e menos de golpe. Que podo facer?

  Segundo a normativa reguladora do sector, a facturación do gas realizarase mensual ou bimestralmente de acordo coa lectura dos equipos de medida, aínda que as comunidades autónomas poden fixar períodos de lectura superiores aos dous meses. No caso de que se comprobe un funcionamento incorrecto do contador, que debe realizarse por verificación do contador a solicitude neste caso da empresa, pódese efectuar unha facturación complementaria. En canto ao período que se pode corrixir cando non hai un acordo entre as partes sobre o momento no que se produciu o erro, este será a metade do tempo transcorrido dende a última revisión ou instalación do equipo. E en ningún caso este período pode exceder dun ano. Ademais, a cantidade que resulte a pagar poderá ser rateada en tantas facturas mensuais coma meses transcorreron no erro. Suxerimos que solicite a mediación dos servizos de consumo ou que acuda á Dirección de Industria e Enerxía da súa comunidade autónoma. A normativa pretende que se eviten grandes acumulacións de consumos e, por outra parte, a lei do consumidor cita entre as cláusulas abusivas aquelas polas que se lle transmiten ao cliente as consecuencias económicas de erros administrativos ou de xestión que non lle sexan imputables.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto