Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Dous técnicos distintos pretenden cobrarlle a saída pola reparación da lavadora

Estragóuseme a lavadora e chamei o servizo técnico da marca. Veu un técnico, pero díxome que lle faltaba unha peza e que volvía outro día. Cobroume a saída e aseguroume que cando volvese non ma cobraría, só a man de obra e as pezas. Pasaron os días, pero o técnico non viña. Volvín chamar o servizo, conteille o problema e enviáronme outro técnico que me volveu cobrar a saída porque di que el non sabe nada do anterior. As facturas son dos técnicos e non do servizo oficial. A quen lle reclamo? Que podo facer?

  Suxerímoslle que presente unha reclamación nos servizos de consumo da súa provincia ou na OMIC do seu municipio fronte ao servizo técnico oficial con quen contratou. Acompañe a súa reclamación dunha copia de ambas as dúas facturas e solicite a devolución do prezo aboado por unha das dúas saídas e que lle recoñezan por escrito a garantía da reparación (tres meses). Conforme á normativa estatal, de aplicación supletoria respecto da autonómica, naqueles servizos realizados no domicilio do usuario, os gastos de desprazamento, que deberán reflectirse na factura, non poderán esixirse máis que por unha soa vez, aínda cando fosen necesarios varios desprazamentos. Por outro lado, todos os servizos de asistencia técnica están obrigados a lle entregar ao usuario unha factura na que debe figurar o nome, o domicilio e o número de identificación fiscal do servizo de atención técnica (SAT). O feito de que un servizo acorde con profesionais autónomos a atención dos seus clientes non debe afectar os dereitos dos usuarios.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto