Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Entrevista

Λ

Hugo Pardo Kuklinski, profesor de Comunicación Dixital da Universidade de Barcelona: "A obsolescencia converteuse nunha realidade que non podemos obviar"

 O noso primeiro ordenador durounos case dez anos, o segundo alongouse a seis e o seguinte loita por manterse útil despois dos tres. Algo parecido pasa cos televisores e cos smartphones; todo parece quedar obsoleto a marchas forzadas e quedan lonxe os tempos en que un frigorífico podía durar vinte ou trinta anos. Cal é a razón de que suceda isto? Segundo Hugo Pardo Kuklinski, profesor de Comunicación Dixital da Universidade de Barcelona e autor de diversos libros sobre economía, consumo e novas tecnoloxías, a obsolescencia dos obxectos acelerouse e é un proceso imparable. Segundo el, o único xeito de combatela é tela en conta como un factor máis na decisión de compra.

Cre que existiu algunha vez unha obsolescencia planificada como unha trama perversa das empresas?

Creo que hai un toque de perversidade en limitar a vida dun dispositivo, pero non estou seguro de que sexa unha práctica estendida nin que teña unha intencionalidade clara, senón máis ben creo que é a consecuencia de varios factores. É verdade que ás veces nos dá a sensación de que, pola súa aparencia, un móbil, un ordenador ou unha cámara poderían durar máis. Non obstante, por que nos dicimos sempre isto ao final da vida do aparato e non no seu inicio.

A que se refire?

Ao momento da compra. Por que non nos preguntamos ao adquirir un ordenador canto tempo nos funcionará con fluidez en función da súa memoria RAM ou do seu procesador? Se o fixésemos, talvez prefeririamos pagar un pouco máis e ter outro aparato con compoñentes que nos alonguen a súa vida dúas ou tres anos máis. Con isto quero dicir que evitar a obsolescencia dos aparatos tamén é responsabilidade do consumidor.

Entón cre que existe unha obsolescencia planificada no mundo das tecnoloxías da información e do coñecemento?

Creo que os fabricantes producen aparatos para que fagan un servizo, pero que lles dan unhas condicións de durabilidade que son acordes coas súas proxeccións económicas. Neste sentido, si creo que hai unha obsolescencia planificada, pero máis ben determinada polo que é viable e o que non o é dende o punto de vista económico. Non podemos pedirlle a unha empresa que sacrifique a súa viabilidade para evitar a obsolescencia dun aparato.

Non se pode afirmar que un ordenador con tres anos de vida sexa vello. Non obstante, si se pode dicir que cada vez é menos eficaz á hora de xestionar os distintos programas. Pódese falar de obsolescencia funcional?

Si, pero motivada pola revolución innovadora que vivimos. A innovación crece nunha curva exponencial e os fabricantes de hardware case van por detrás. Non podemos parar a innovación porque é progreso.

Entón, que se pode facer?

Ser máis responsables no noso consumo. Podemos comprar obxectos máis caros, pero pensados para durar máis, por exemplo entre varias persoas. Compártense coches, sofás, oficinas; daquela, por que non compartir ordenadores, impresoras ou cámaras fotográficas?

Pero os teléfonos de gama alta xa rozan os 700 euros e tamén están afectados pola obsolescencia funcional. Non podemos gastar esa cantidade cada dous anos...

Quizais non sexa necesario tanto. Dende o 3 G, comercializáronse catro versións máis de iPhone. Eu, por exemplo, pasei do 3 G ao iPhone 4 e, de momento, síntome satisfeito. Cando cambie de teléfono fareino pensando en termos de durabilidade.

Non obstante, o desenvolvemento acelerado de novas aplicacións e tecnoloxías pesa na obsolescencia dos aparatos de consumo dixital, non cre?

Estou de acordo en que hai que recoñecer esta situación e que mesmo ás veces pode que haxa intencionalidade das empresas detrás dela, pero a solución non é dicir: "deteñan a innovación, deteñan a economía e afundan os seus negocios porque queremos loitar contra a obsolescencia". A solución pasa por ter en conta este factor cando compramos un televisor ou un ordenador. Antes os aparatos duraban vinte anos, agora cinco con sorte.

Converteuse a obsolescencia nun problema?

Converteuse nunha realidade que non podemos obviar. Cando publiquei Geekonomía, pasaran dous anos dende que escribín o libro, e agora hai xa dous anos que saíu; está nalgúns aspectos obsoleto e moitos lectores pídenme que o actualice. Eu escribino pensando nun ciclo que se acurtou por moitos factores que eran imposibles de controlar pola miña parte. As TIC acelerárono todo.

Non cre que é denunciable que un televisor que pode custar máis de 1000 euros estea fóra de xogo en tres anos?

Creo que estas situacións acabarán por ter unha resposta por parte dos seus consumidores. O feito de que o ciclo de vida se acurte nos produtos tecnolóxicos tamén comporta que a fidelidade dos usuarios a unha marca sexa moito máis efémera que antano. Se as empresas xogan sucio, perderán os seus usuarios de golpe. En cambio, se son honestas e transparentes, recibirán a nosa recompensa.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto