Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Economía Doméstica

Λ

Como saír dunha lista de morosos

En ocasións, non abonda con querer pagar a débeda, senón que é preciso seguir un proceso complexo que hai que formalizar do modo correcto

  Unha factura non pagada nos prazos de vencemento ou o roubo dunha tarxeta de crédito cuxos gastos se lle cargan ao titular son algúns dos casos polo que se pode acabar incluído nunha lista de morosos. É moi doado entrar, pero saír pode resultar máis complicado do que parece.

Canto antes se pague, mellor

Permanecer nunha lista de morosos leva consigo innumerables problemas. A denegación dun crédito persoal ou dunha hipoteca, a imposibilidade de acceder a certos produtos e servizos financeiros ou o "peche da billa" para contratar calquera fonte de financiamento poden ser algúns dos máis inmediatos. Os principais ficheiros de morosos consultados polos bancos son o RAI, ASNEF ou Experian, pero hai outros onde pode aparecer o noso nome se se ten unha débeda vencida ou non pagada con algunha empresa, por moi pequena que esta sexa. Moitas veces son froito dun non pagamento realizado por vontade, pero noutros casos débense a un esquecemento ou ao feito de formalizar de forma errónea o proceso de baixa dalgún produto financeiro (seguro, conta corrente...) ou dos principais recibos domésticos (luz, auga, telefonía, gas...).

A débeda pode ser de pouco importe, mesmo inferior a 100 euros, pero isto xa é suficiente como para entorpecer a relación cos bancos e con outras entidades financeiras. De aí a importancia de amañar a situación respecto dos non pagamentos e de saír canto antes destas listas.

Para que se produza esta desagradable situación, débense reunir varios condicionantes:

  • Que haxa unha débeda real non pagada polo usuario.
  • Que se lle requirise o pagamento infrutuosamente.
  • Que non haxa probas documentais que anulen os dous anteriores puntos.

De cumprirse todos estes requisitos, os usuarios teñen todas as papeletas para entrar a formar parte do pouco recomendable club de clientes morosos ou malos pagadores.

Proceso para abandonar estas listas

A fórmula para deixar de formar parte dunha lista de morosos é, a priori, doada. Consiste en cumprir coa débeda e en pagar o que se debe. Deste xeito evítase, ademais, a recarga de aboamentos, penalizacións, comisións etc. Por iso, o máis importante é dirixirse á entidade que xestiona a lista de morosos, co fin de solicitar a cancelación e de que se encargue de mandarlla ao acredor.

Debe mandarse unha copia do DNI e a documentación acreditativa sobre a inexistencia da débeda, para o cal é obrigatorio enviar os xustificantes dos pagamentos, a ser posible por burofax. Esta parte do proceso poucas veces se formaliza do modo correcto. É necesaria a axuda dun xestor administrativo que se encargue da cancelación ou da modificación dos novos datos achegados para que o procedemento se desenvolva de xeito correcto.

Tamén se pode solicitar a cancelación por non recibir o aviso de que sería inscrito nese rexistro. Neste caso, debe manifestarse expresamente no escrito para evitar ser incluído nestas listas. Se o usuario descoñece o enderezo do responsable do ficheiro de morosos, pódese solicitar na Axencia Española de Protección de Datos, que os dará sen problema. O titular do ficheiro deberá responder sobre a eliminación da persoa dos seus arquivos nos dez días seguintes. Se os afectados non reciben unha contestación nese prazo, poderán reclamalo ante a Axencia Española de Protección de Datos, sempre coa documentación acreditativa de que solicitou a súa cancelación.

Como actúan os bancos ante un non pagamento?

  Sempre que se rexistra unha situación de morosidade co banco, en primeiro lugar emprégase unha estratexia informativa para constatar que se poida deber a un descoido ou a un esquecemento. Para iso, póñense en contacto co cliente -por teléfono ou por correo- para informalo da súa débeda e para tratar de emendar o problema canto antes.

De continuar coa situación de non pagamento, lanzan mensaxes máis agresivas, nas que se informa dos xuros e das comisións que implica estar na citada situación, así como un prazo para solucionar a falta de pagamento que deberán cumprir con rigor.

O seguinte paso pode ser a notificación a través dunha empresa externa de servizos xurídicos, coa advertencia aos morosos das consecuencias de incumprir os pagamentos nos prazos dados. Mesmo nalgúns casos se incide na posibilidade de renegociar a débeda co banco baixo outros parámetros diferentes aos acordados en inicio.

É entre os tres e os seis meses cando as execucións das accións por parte das entidades financeiras chegan ao seu límite. Deixan a un lado a súa estratexia informativa e decántanse por recorrer a procesos xudiciais. O habitual é que se plasme a través da interposición dunha demanda contra o cliente debedor.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto