Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Os expertos nutricionistas de EROSKI CONSUMER responden

Quería saber se é prexudicial beber leite de soia a diario. Teño 61 anos e dende que tiven a menopausa tómoa todos os días e ás veces dous vasos

  A soia e os produtos derivados da soia, entre eles a bebida vexetal, conteñen isoflavonas (fitoestróxenos), un tipo de compostos que interfiren na acción fisiolóxica natural das hormonas sexuais femininas. A muller, tras a menopausa, deixa de producilas. Parece que o consumo destes compostos redunda en efectos preventivos e protectores a distintos niveis, aínda que a maioría dos estudos non ofrece resultados concluíntes. Pola contra, está en estudo o potencial negativo dun abuso de fitoestróxenos en determinados grupos de poboación, como nenos e homes en idade fértil.

En estudos de intervención con mulleres, non se atopan probas concluíntes de que as isoflavonas teñan un efecto beneficioso sobre a densidade mineral ósea, aínda que as perspectivas neste sentido sexan boas. Suxeriuse que as mulleres asiáticas, grandes consumidoras de soia e derivados, rexistran unha menor incidencia de molestias asociadas ao climaterio (sufocos, sequidade vaxinal...), en comparación coas mulleres occidentais, pouco habituadas ao seu consumo. A evidencia científica neste aspecto é moi limitada. Non obstante, nada ten que ver o tipo de alimento derivado da soia que se consome por costume en oriente, a maioría fermentados da soia (miso, tamari ou salsa de soia), ademais de aceite de soia, pero non leite de soia, que si é un alimento de moda en occidente.

Aínda que non hai evidencia científica constatada de efectos prexudiciais dun consumo habitual desta bebida, o sentido común fai pensar que a variedade é o mellor consello á hora de consumir con responsabilidade e seguridade un alimento. Alternar o consumo de bebida de soia con outras bebidas vexetais (arroz, avea) pode ser unha boa alternativa.

Estou en tratamento porque teño a vitamina B12 moi baixa e atópome cansa e fatigada. Dinme que o meu organismo non a sintetiza, tamén me cae bastante o pelo e teño as uñas moi fráxiles. Teño dúbidas sobre a alimentación máis conveniente que debo seguir

  No ser humano, a vitamina B12 é sintetizada no colon (última porción do intestino groso) en pequenas fraccións polas bacterias intestinais, malia que para garantir a cantidade requirida para as funcións vitais se debe achegar por medio da alimentación diaria.

Se hai diagnóstico de déficit nutricional de vitamina B12, será preciso un tratamento médico-nutricional coa devandita vitamina para garantir a achega mínima axeitada e atallar así a sintomatoloxía derivada de tal deficiencia. De xeito simultáneo, interesa ser selectivo cos alimentos e incluír aqueles que sexan boa fonte de vitamina B12. Os alimentos que concentran máis cantidade de vitamina B12 son os de orixe animal: carnes en xeral, pescados, mariscos e ovos. A presenza diaria de proteína animal -prima máis a calidade destes alimentos que a súa cantidade- pode ser conveniente. Estes alimentos, distribuídos na dieta de xeito proporcionado, axudan a garantir as inxestións diarias recomendadas desta vitamina. O cociñado destes alimentos non comporta perdas nesta vitamina, malia que en carnes e peixes fervidos o seu contido se chega a reducir ata un 30 %, xa que queda disolta na auga de cocción, dado o seu carácter hidrosoluble.

ABC da nutrición: candidiase

  A candidiase é unha infección provocada por un fungo, a Candida albicans, que se comporta como un parasito oportunista. Habita normalmente na mucosa da boca do noso aparato dixestivo (no intestino) e xenital. En condicións favorables ao seu crecemento, entre as que inflúe o tipo de alimentación, crece en proporcións anormais e provoca diversos trastornos de saúde. O azucre é o alimento principal deste fungo. Mostrar unha apetencia continua e esaxerada polo chocolate ou polos doces, xunto con síntomas diversos como as frecuentes infeccións vaxinais ou inchazo abdominal, gases, ruídos e molestias dixestivas, poden ser claros indicios da infección.

Declaración pública europea sobre alerxia a alimentos e anafilaxia

Como parte da súa Campaña sobre alerxia a alimentos e anafilaxia, a Academia Europea de Alerxia e Inmunoloxía Clínica (EAACI) lanza unha declaración pública europea na que reclama accións de sensibilización, un mellor acceso a tratamentos de emerxencia, máis recursos para a investigación en materia de alerxias, así como unhas medidas de etiquetaxe de alimentos máis esixentes.

O obxectivo desta campaña é o de informar os responsables políticos e o público en xeral acerca do notable incremento da alerxia a alimentos na Unión Europea e dos desencadeantes de crises anafilácticas. Durante todo o 2013, a EAACI, a asociación médica máis importante de Europa en materia de alerxias, interactúa con lexisladores e responsables políticos da UE, co obxectivo de asesoralos e de impulsalos a emprender accións concretas destinadas a mellorar o diagnóstico e o tratamento da alerxia a alimentos e a anafilaxia.

Máis de 17 millóns de afectados

En total, son 17 millóns os cidadáns afectados por alerxia a alimentos en Europa. Entre os países que mostran unha prevalencia máis alta, atópanse Francia, Alemaña e Italia, cun 3,5 % das súas poboacións respectivas que sofren esta alteración de forma crónica, seguidos de España e Suíza, cun 3% da súa poboación afectada.

Allos tenros, frescos e da estación

Numerosos ensaios clínicos e estudos sobre a composición do allo céntranse en salientar as súas potenciais funcións biolóxicas e os seus beneficios e en destacalo como un compoñente importante da dieta.

Nas primeiras fases de investigación, a administración continua de allo demostrou unha mellora na función da memoria e mesmo no rendemento cognitivo. Os allos frescos conteñen as mesmas propiedades nutritivas e químicas que o allo en bulbo, malia que neste último os compostos están máis concentrados. Os sulfurados, que son os que lles dan o marcado sabor e olor aos allos, son os principais responsables das súas accións salutíferas. Así se reflectiu no ensaio realizado dende a Unidade de Investigación de Neuroquímica e Neurofarmacoloxía, da Universidade paquistaní de Karachi.

Despréndense novos e relevantes datos sobre estas accións positivas da investigación publicada na revista médica Xenes & Cancer, en febreiro de 2012, que asociaron a inxestión de extracto de allo fresco (sen ferver) coa detención do crecemento e a alteración da morfoloxía de células cancerosas en mulleres con cancro de mama. Estas pescudas, realizadas dende o Departamento de Inmunoloxía e Microbioloxía da Escola de Medicina Wayne State en Detroit, confirman unha vez máis o vínculo entre unha dieta rica en froitas e verduras e un menor risco de desenvolver cancro ou un apoio no control da enfermidade.

Aproveitar a tempada natural de recolección das verduras é unha boa oportunidade para aproveitarse de tales beneficios. Na cociña, unha das preparacións máis populares destas hortalizas é o revolto de allos e gambas. Refogados, sós ou mesturados con outros ingredientes constitúen un acompañamento delicioso para unha gran variedade de pratos; dende arroces (con espinacas, allos e champiñóns), pratos de pasta (espaguetes con allos e chile), cuscús (con allos e gambas) ou ensaladas (con alcachofas e gulas; de cogomelos, allos e salmón), ata gornicións de carnes ou peixes.

Consello do mes: máis vitamina E antioxidante

  A súa capacidade antioxidante permítelle á vitamina E actuar no organismo xunto con outros elementos equivalentes e participar en fenómenos biolóxicos que frean o desenvolvemento e a aparición de enfermidades dexenerativas, entre as que se inclúen as cardiovasculares e o cancro. Mesmo se estuda o seu papel na fertilidade, xa que polo seu carácter antioxidante contrarresta a acción nociva dos radicais libres que poden afectar de forma negativa na mobilidade dos espermatozoides e na calidade do seme. O refinado sistemático dos alimentos fai que no proceso de manipulación se perdan compoñentes interesantes polo seu valor nutricional, entre eles a vitamina E.

Coñecer os alimentos que son fonte natural de tal vitamina permite incluílos na alimentación diaria e completar así a achega dun nutriente esencial.

  • Xerme de trigo: o xerme é a parte do gran dos cereais que máis graxa insaturada (cardiosaludable) concentra e tamén máis antioxidantes. A súa facilidade de uso e as súas nulas contraindicacións (salvo alerxia alimentaria) fan que poida considerarse como un complemento dietético idóneo como fonte de vitamina E.
  • Aceite de xirasol: é sen dúbida o aceite vexetal máis concentrado en vitamina E, ao ser as pipas as sementes máis concentradas en tal vitamina. Case duplica en contido vitamínico o aceite de millo, o segundo máis abundante, e proporciona case cinco veces máis que o aceite de oliva.
  • Pipas de xirasol: de todos os froitos secos, as pipas son a fonte máis destacada desta vitamina (46 mg/100 g), o dobre que as abelás e as améndoas, que tamén destacan sobre o resto neste antioxidante natural.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto