Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Guía de seguridade alimentaria na casa

Pódese seguir dende a mesa da nosa cociña unha pequena guía, co fin de mellorar a manipulación e a conservación dos alimentos na casa, dous factores clave para minimizar o risco de intoxicacións alimentarias

  A seguridade alimentaria é un factor clave para que os nutrientes poidan exercer as súas correctas funcións no corpo. Os alimentos que se consomen a diario superan estritos controis de calidade que garanten a súa inocuidade. O desenvolvemento da tecnoloxía alimentaria nas últimas décadas foi exponencial e, grazas a iso, os alimentos son garantía de calidade e seguridade. Non obstante, o risco cero non existe.

Os cambios de tendencias do consumidor e do estilo de vida da sociedade actual son factores de risco que favorecen as temidas toxiinfeccións alimentarias. Os patóxenos son aínda, a día de hoxe, o maior problema de ciencia da alimentación. O consumo masivo de alimentos, produtos cun proceso complexo de elaboración, ou unha mala conservación e manipulación na casa, son os principais factores que potencian as infeccións alimentarias. Neste sentido, malia que non todo está ao alcance do consumidor en cuestión de prevención, si pode responsabilizarse da manipulación e da conservación cando o alimento xa está na casa.

Alimentos susceptibles á contaminación

  • Leite e derivados. Unha vez aberto o envase, o leite e os derivados deben conservarse sempre en refrixeración.
  • Carne e peixe. Debe evitarse o seu consumo cru ou moi pouco cociñado e conservarse sempre en refrixeración. A carne picada debe consumirse o mesmo día en que se pique. En canto ao peixe, para comprobar que sexa fresco, debe ter un olor agradable, suave, cunha cor uniforme, ollos esféricos e brillantes, pel tensa, escamas adheridas e corpo ríxido e elástico. O peixe debe eviscerarse tan rápido como sexa posible, xa que as vísceras son unha gran fonte de patóxenos.
  • Aceites. Non deben mesturarse os aceites de distintos tipos (oliva e xirasol, entre outros) na elaboración dos alimentos. Tampouco debería reutilizarse máis de tres veces, catro como máximo, e hase de desbotar despois no colector específico para reciclalo. O aceite debe conservarse nun recipiente ben tapado e a temperatura ambiente.
  • Fariña, pan e pastelería. A fariña debe almacenarse en lugares frescos e secos. É un alimento que dificilmente pode contaminarse, sempre e cando se conserve de forma axeitada. O pan e os alimentos de pastelería (croissants, ensaimadas, bolos, madalenas) deben manipularse coas mans limpas, xa que despois estes alimentos nin se lavan nin se cociñan. Non hai que utilizar papel usado ou papel de xornais ou revistas para envolver o pan, senón papel destinado para iso.
  • Froitas e hortalizas. Os vexetais que se consomen crus deben lavarse. Para iso, é recomendable somerxelos en desinfectante apto para alimentos durante uns poucos minutos (de tres a cinco). As froitas deben lavarse sempre, tanto se se consomen con pel coma sen pel. Deben limparse cun chorro de auga e fregarse coa man, sen prolongar o tempo de lavado, xa que as vitaminas hidrosolubles poden perderse. Os zumes de froita naturais deben prepararse xusto antes do seu consumo.
  • Auga e xeo. A auga debe ser sempre potable para elaborar comidas e tamén para lavar os alimentos ou os utensilios. O xeo debe elaborarse con auga potable e, se se pica ou se tora, non se pode tocar coas mans.

Alimentos de alto risco

 

Maionesa caseira

  • Preparala coa mínima antelación, xa que é un alimento moi susceptible á contaminación.
  • Conservala sempre en refrixeración a un mínimo de 8º C.
  • Non a conservar durante máis de 24 horas.
  • Se se lles engade a outros alimentos como aderezo, é preferible que estean fríos, xa que aumentar a temperatura da maionesa pode favorecer o crecemento de microorganismos.

Tortilla

  • Debe elaborarse con ovos frescos e intactos, con bo aspecto externo e sen roturas na casca.
  • A temperatura de cocción debe ser duns 70º C durante un mínimo de dous minutos.
  • Evitar consumila crúa ou moi pouco feita.
  • Debe tomarse despois da súa elaboración e, en caso contrario, hase manter sempre en refrixeración.

Ensaladas

  • Deben conservarse no frigorífico se non se consomen.
  • Os ingredientes crus deben estar ben desinfectados antes, xa que a súa mestura co resto de alimentos pode supoñer un risco de contaminación patóxena.
  • Se a ensalada está condimentada, debe manterse igualmente no frigorífico. É preferible que a condimentación sexa con ingredientes de baixa acidez, coma o limón, o vinagre ou o iogur.
  • Evitar a conservación de ensaladas condimentadas con salsas feitas con ovo ou leite.

Nata e crema

  • Conservar a nata sempre no frigorífico ata o seu consumo.
  • No caso de nata a granel, non hai que mesturar a de diferentes días e débense extremar as condicións hixiénicas de todos os utensilios utilizados.
  • A crema debe elaborarse con ovoprodutos pasteurizados ou deben aplicarse temperaturas de 75º C durante polo menos dous minutos.
  • En caso de que se elabore na casa, hai que deixar arrefriar a crema nun tempo inferior ás dúas horas e colocala en recipientes pequenos e tapados hermeticamente.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto