Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Análise do gasto dos fogares en alimentación e a súa evolución: Cada fogar gasta ao ano unha media de 4400 euros en comida e bebida

A carne é o produto ao que se destina unha maior proporción do orzamento (un 23 %), nel gastamos unha media de máis de 1000 euros anuais

  O poder adquisitivo do consumidor afúndese: os problemas financeiros do país estanse a converter nunha soga que aperta con forza o seu colo. E, o que é peor, parece que a situación non mellorará a curto prazo, xa que soben os prezos dos servizos básicos como a luz ou o transporte, dispáranse os impostos e as taxas (moi por enriba da inflación) e un longo etcétera. Por máis números que fagan as familias, facerlles fronte aos gastos é cada vez máis difícil. Aínda así, a alimentación, con crise ou sen ela, segue a ser unha das prioridades do orzamento familiar.

En cifras, segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE), en 2011, o gasto medio por fogar foi de 29.482 euros, un 3,5 % menos ca en 2006. Dese orzamento medio, os produtos alimenticios e as bebidas non alcohólicas supoñen un 14 %, a segunda partida máis importante só por detrás da vivenda, da auga, da electricidade e dos combustibles. EROSKI CONSUMER quixo investigar a fondo canto gastan as familias españolas en alimentación e como evolucionou ese gasto dende 2006. Para realizar esta análise, utilizáronse microdatos do INE que achegan información sobre 70 categorías de produtos alimenticios. Esta análise en profundidade realizouse en 17 comunidades autónomas: Andalucía, Aragón, Principado de Asturias, Illas Baleares, Canarias, Cantabria, Castela e León, Castela-A Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana, Estremadura, Galicia, Comunidade de Madrid, Rexión de Murcia, Comunidade Foral de Navarra, País Vasco e A Rioxa.

En conclusión, a comida e a bebida son necesidades básicas polas que cada fogar realiza un desembolso medio de case 4400 euros e, cada persoa, preto de 1700 euros. A carne é o produto estrela polo que se paga máis (un 23 % do orzamento destínase ás súas diferentes modalidades) e os espirituosos e licores polo que menos se paga (non chega ao 1 %).

Destaca nesta investigación que quen máis diñeiro inviste en alimentación e bebidas son os vascos, case 5000 euros por fogar e máis de 2000 euros por persoa. Pola contra, a comunidade autónoma estremeña é a que menos diñeiro destina: cada fogar, unha media de case 3800 euros e, cada cidadán, pouco máis de 1400 euros. A evolución do gasto en alimentación nestes cinco anos foi negativa: o investimento medio por fogar diminuíu un 3 %, mentres que por persoa aumentou case un 2 %. Por tipo de produto, acháronse importantes diferenzas: mentres o orzamento medio familiar dos aceites e das graxas cae cerca dun 40 %, o do café, o té e o cacao crece nada menos que un 24 %.

Case 4400 euros ao ano

Cada fogar gastou en comida e bebida unha media de 4361 euros. En cinco anos, este orzamento diminuíu un 3 % e a evolución do investimento familiar en alimentación non foi constante: en 2007, creceu; ao ano seguinte, comezou a minguar; en 2009, producíase un importante descenso e, en 2010 e 2011, mellorou, aínda que moi timidamente. Neste sentido, o IPC entre 2006 e 2011 incrementouse un 12 % nos alimentos e nas bebidas non alcohólicas e un 54,6 % en bebidas alcohólicas e tabaco.

Pero as familias españolas non só diminuíron o seu gasto en alimentación. Dende 2006, tamén decreceron as partidas que se destinan aos artigos de vestir e calzado (un 24 %); ao mobiliario, equipamento e outros gastos da vivenda (un 23 %); aos transportes (un 22 %); aos hoteis, cafés e restaurantes (un 12 %); ao ocio, espectáculos e cultura (un 11 %) e a outros bens e servizos, como coidados persoais, xoiería e bixutería e seguros (8,5 %). Curiosamente, hai outras que aumentaron, como a vivenda, a auga, a electricidade e os combustibles (un 22 %); o ensino (un 12 %); as bebidas alcohólicas e o tabaco (un 9 %) e a saúde (un 0,9 %).

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto