Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Canles de EROSKI CONSUMER
Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unha consumidora mercou un sofá e, a consecuencia de estar en contacto cun produto denominado dimetilfumarato, que se atopaba en pequenas bolsas introducidas en dobras do sofá para evitar que balorecese, ingresou no hospital con eritema, inflamación e lesións vesiculosas con intenso ardor e dor. Demandou a vendedora do sofá e a súa aseguradora, que foron condenadas a lle aboar 16.000 euros. De acordo coa sentenza da Audiencia Provincial de Madrid, do 29 de outubro de 2012, o uso do dimetilfumarato está prohibido dende o 1 de maio de 2009 e, malia que a compra foi anterior a esa data, o vendedor debía responder sobre ela porque se considera que a utilización desta substancia como funxicida xa estaba prohibida pola aplicación da Directiva Europea de Biocidas do ano 1998. Ademais, as demandadas non acreditaron no xuízo que a fabricante levase a cabo estudos sobre a comprobación dos posibles efectos tóxicos do dimetilfumarato, nin xustificaron que a falta desas comprobacións obedecese ao estado dos coñecementos científicos e técnicos no momento en que o produto se puxo en circulación.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI