Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Medio natural

Λ

Cando o retrete se converte nun cubo de lixo

Os residuos impropios botados ao váter aumentan e xeran un considerable impacto ambiental e económico

  Toalliñas, tampóns, lixivia, medicamentos, pinturas, restos de comida... A lista de residuos que rematan no váter e que non deberían botarse alí é cada vez maior e, con iso, o seu impacto ambiental e económico. Así o sinalan os responsables dos sistemas de depuración de augas residuais, que subliñan que a achega de material artificial -nin residuos orgánicos nin excretas humanas- é de 25 gramos por habitante e día en peso húmido, un 20 % da carga contaminante total achegada.

Polo tanto, as consecuencias ambientais e económicas dese lixo impropio son considerables. Os residuos biodegradables pódense depurar, pero xeran maior custo e consumo enerxético, co conseguinte dano ambiental indirecto. De todos eles, os residuos químicos, de difícil depuración, son os máis perigosos porque provocan problemas finais en ríos e mares.

O sobreesforzo económico destes residuos supón entre un 10 % e un 18 % do custo público de depuración de augas residuais e, de seguir así, aumentará aínda máis, segundo estimacións da Asociación Española de Abastecementos de Auga e Saneamento (AEAS). Dende este centro, explican que a operación e o mantemento dunha depuradora para unha poboación de 300.000 habitantes pode roldar entre 0,13 e 0,20 euros diarios por metro cúbico depurado (por unha familia de catro membros, entre 48 e 73 euros anuais), segundo a tecnoloxía e as características da depuradora, isto sen incluír a amortización do investimento na infraestrutura.

Residuos que non hai que tirar polo váter

A AEAS elaborou unha lista de produtos que os cidadáns tiran ao WC con maior impacto:

  • Hixiene persoal: toalliñas "hixiénicas" ou húmidas, compresas, tampóns, cueiros, algodóns e outros materiais de celulosa ou téxtil similares, así como preservativos. Estes últimos son os máis visibles e os máis numerosos e, aínda que non son os máis perigosos para o medio, producen diversos atoamentos, danos e maior consumo enerxético nos sistemas de saneamento. Fernando Morcillo, director xeral da Asociación Española de Abastecementos de Auga e Saneamento (AEAS), asegura que o sector dos produtos de hixiene doméstica utiliza unha publicidade desafortunada ao confundir características favorables -como a biodegradación- coa bondade ecolóxica absoluta ou a presunta comodidade (verter ao inodoro ou ao desaugadoiro), fronte ao seu extraordinario impacto negativo.
  • Fármacos e cosméticos: a Unión Europea (UE) marca xa limitacións nestas substancias, xa que en baixos niveis lles provocan aos organismos acuáticos problemas de crecemento, de desenvolvemento, disfuncións sexuais e taras xenéticas.
  • Pinturas e disolventes: os seus compoñentes químicos poden ser moi tóxicos e por iso convén non os desbotar polo retrete.
  • Xabóns e deterxentes: teñen fosfatos que, vertidos na auga, provocan o crecemento de algas en prexuízo doutras formas de vida. As depuradoras necesitan uns procedementos químicos moi custosos para eliminalos.
  • Trituradores de lixo: utilízanse para desbotar polo vertedoiro os residuos orgánicos, en vez de facelo a través do cubo de lixo. Esta mala práctica contamina as augas residuais, sobrecarga as depuradoras e atasca as redes de sumidoiros.
  • Aceites vexetais usados: provocan unhas "bólas de graxa" que atascan os colectores e dificultan a saída dos gases, de maneira que producen malos olores nas cidades.
  • Graxas alimentarias e aceites usados de automoción: teñen maior capacidade de obstrución que os anteriores.
  • Pesticidas e insecticidas: conteñen cloro, xofre e sulfato de cobre e provocan as máis altas taxas de emisións a colectores e saneamentos públicos.
  • Equipos para reducir o cal e outros sales na auga de consumo público: cada vez máis utilizados, incrementan a concentración de sales con problemas na depuración e no vertido ás canles da auga depurada.

Simon Evans, da compañía Thames Water, encargada da depuración de augas residuais de Londres e doutras cidades británicas, engade a esta lista residuos sorprendentes que atoparon os seus responsables, como animais (peixes de acuarios, hámsteres ou xerbos), partes do corpo humano, como dedos das mans, ou partes dun coche.

Como desfacerse dos residuos de forma responsable

  Á hora de desfacerse destes residuos, o máis conveniente é utilizar os sistemas habituais de reciclaxe:

  • Produtos e substancias químicas perigosas: deberían almacenarse e entregarse nun Punto Limpo (aínda que, no caso das pinturas e dos disolventes, non contan coa catalogación de xestores de residuos perigosos en moitas cidades.
  • Medicamentos: hai que levalos aos puntos de recollida Sigre, situados nas farmacias e centros de saúde.
  • Aceite usado: o aceite pódese reciclar e cada vez máis cidades ofrecen colectores específicos para iso.
  • Residuos orgánicos: por un lado, poderíase separar o lixo que poida comportarse e, por outro lado, poderíase poñer no cuarto de baño unha papeleira para engadir despois ao resto de lixo orgánico producido na casa, e depositala no colector correspondente.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto