Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Como se lle pode sacar o máximo partido a Linkedin

Esta rede social permite ampliar os contactos profesionais para atopar traballo e novas oportunidades de negocio

  Linkedin é unha rede social orientada a xestionar os contactos laborais e a xerar outros novos con persoas de interese no noso ámbito profesional. Deste xeito, os usuarios poden fomentar a súa propia marca persoal e atopar novas oportunidades. Segundo os seus promotores, conta con 175 millóns de profesionais rexistrados e con máis de dous millóns de empresas que buscan candidatos.

Esta rede social funciona baixo un modelo fremium. É dicir, conta cunhas funcións básicas de uso que se amplían mediante diferentes plans de prezos, entre os 22 e os 88 euros ao mes. Unha das características destes plans de prezos é a opción de lle enviar mensaxes a calquera membro de Linkedin, sen necesidade de estar engadido como contacto (entre 3 e 25 mensaxes ao mes, en función do plan escollido).

Coidar o perfil

No momento de utilizar Linkedin, é recomendable engadir ao perfil unha fotografía recente e coidada, así como completar todos os datos da forma máis detallada posible e mantelo actualizado ao longo do tempo con novos fitos e novidades.

Desta forma, os contactos profesionais poden coñecer os cambios de traballo, así como localizar os perfís que máis se adapten a un novo posto ou oportunidade laboral. Por outro lado, Linkedin permite crear unha url personalizada co nome e cos apelidos do usuario. Esta opción é aconsellable para localizar de forma máis sinxela o perfil dun contacto en redes sociais, así como para compartir o enderezo noutras redes e plataformas.

É importante incluír formas de contacto no perfil, como o correo electrónico ou a entrada a outras redes sociais ou páxinas persoais dende as que se xere un contido profesional interesante. Non obstante, non é recomendable vincular redes que non se utilicen de forma profesional. É dicir, se se dispón dunha conta en Twitter, Linkedin permite engadir automaticamente cada tuit enviado como nova actualización de estado en Linkedin. Pero se o uso que se realiza desta rede social é persoal, mostraranse contidos irrelevantes para o resto de contactos.

Conseguir recomendacións

  Linkedin ofrece a posibilidade de que compañeiros de traballo ou persoas coas que se traballase poidan facer recomendacións ou comentarios sobre o traballo dun usuario, así como aprobacións, mediante a función endorse. Este tipo de recomendacións permiten engadir información de interese ao currículo dun usuario. Non obstante, non hai que obviar a calidade das recomendacións que obteñamos -é dicir, que estean ben redactadas e que proveñan de contactos con relevancia- fronte á cantidade, xa que sempre se nos medirá pola primeira.

Moitos usuarios utilizan Linkedin para engadir como contactos o máximo número de usuarios posible. Deste xeito, poden enviarlles mensaxes de forma gratuíta, aínda que non sempre é unha opción recomendable. Á hora de formular unha tarefa de networking -é dicir, de crear unha rede profesional de contactos para darse a coñecer-, o máis aconsellable é ampliala cos usuarios que poidan ser de interese e sempre dentro dun segundo nivel (contactos dos meus contactos) de proximidade. Así, estes usuarios poden ver os contactos en común que comparten. Linkedin permite realizar buscas por nome completo, por empresa na que se traballa, ou se traballou, e polo sector ao que se pertence.

Unha opción interesante para engadir contactos é importar a axenda de enderezos asociada a unha conta de correo electrónico. Para iso, Linkedin permite importar a axenda dende contas de Gmail, Hotmail, Yahoo! Mail, Outlook ou calquera outro enderezo de correos. Pode ser moi útil procurar o perfil da persoa coa que se pechase unha reunión presencial para coñecer máis detalles sobre a súa actividade. Non obstante, hai que ter en conta que Linkedin permite coñecer quen visitou o noso perfil de forma recente.

Participar en grupos

Linkedin conta cunha sección destinada a crear e a agregar grupos sectoriais ou temáticos. O seu obxectivo é que os usuarios poidan participar en debates e compartir experiencias ou coñecementos. Formar parte deles é unha boa forma de demostrar capacidades e competencias nun ámbito concreto. Ademais, permite que outros usuarios poidan acceder aos perfís de todos os seus membros, o que serve como base de datos de profesionais dun mesmo sector ou área xeográfica, e aumenta as opcións de visibilidade.

No momento de utilizar estes grupos, debe terse en conta o ton da mensaxe, coidar a ortografía e ter participacións onde se acheguen ideas e se resolvan dúbidas doutros membros. Unha promoción intensiva dun mesmo ou da súa actividade está mal vista e pode ser prexudicial para os propios intereses profesionais.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto