Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Entrevista

Λ

Guillermina Yanguas, Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama): "A calidade do aire en España é mellor que a doutros países da Unión Europea"

 A calidade do aire en España non é mala, mesmo é mellor ca noutros países da Unión Europea (UE). Así o sinala Guillermina Yanguas, directora xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e Medio Natural do Magrama. Esta responsable institucional considera alarmista sinalar o contrario, aínda que recoñece que a situación é mellorable. A súa dirección marcouse como prioridade a loita contra a contaminación e lanzará este 2013 un novo plan nacional de calidade do aire "máis ambicioso e realista que o anterior".

Como cualificaría a calidade do aire en España?

Os datos que manexamos, como os da Axencia Europea de Medio Ambiente (AEMA), indícannos que é mellor que hai dez anos. España, comparada con outros países da UE, non está peor; atreveríame a dicir que está mellor. A AEMA publica uns mapas de zonas "vermellas" coa peor situación de contaminantes, como as partículas ou o dióxido de nitróxeno (NO2). En España son puntuais. Reflicten unha situación parecida á doutros países europeos, cun desenvolvemento similar. Aínda así, temos camiño por percorrer.

Con ese fin, cales son os seus plans?

Este ano a política prioritaria da miña dirección é a mellora da calidade do aire. Lanzamos o plan Aire, un novo plan nacional de calidade do aire máis ambicioso e realista que o anterior. Incluímos medidas concretas para que as administracións poidan mellorar as situacións máis problemáticas.

Parece que, dependendo dos criterios utilizados, a situación é mellor ou peor: Ecoloxistas en Acción asegura que o 94 % dos españois respira un aire peor que o recomendado pola Organización Mundial da Saúde (OMS).

Nós utilizamos os valores da lexislación europea. Segundo estes valores, non é certo que o 94 % da poboación respire un aire de mala calidade. Non hai que ser alarmista. A UE ten en conta a OMS, pero tamén os criterios socioeconómicos ou xeográficos. Non é o mesmo o clima de España que o de Centroeuropa. Os valores da OMS son o obxectivo para mellorar a calidade do aire.

A AEMA solicitoulles ás institucións europeas que sexan máis esixentes cos límites legais, porque a situación é peor segundo os actuais coñecementos científicos.

Os límites serán cada vez máis esixentes, e é un acicate para o noso traballo.

A organización que representa apuntaba noutro informe a España como un dos países da UE que máis límites de certos contaminantes superaba.

A situación agora non é así. Non cremos que a AEMA sexa especialmente crítica con España. Non significa que nos relaxemos, porque os límites que agora cremos cumprir mañá pode que cambien. Cando veu o comisario europeo, díxonos que era unha política prioritaria, igual que para nós. Proba diso é o plan Aire. A economía de España probablemente é peor que a doutros países, pero a calidade do aire non.

Hai uns anos, o Ministerio de Medio Ambiente recoñecía que a contaminación atmosférica causaba unhas 16.000 mortes prematuras en España.

Descoñezo eses datos. Os que manexamos nós recoñecen unha vinculación clara entre calidade do aire e saúde, que unha mala calidade afecta as vías respiratorias etc. Traballamos de forma coordinada co Ministerio de Sanidade, en especial, e tamén co Ministerio do Interior.

Dende Ecoloxistas en Acción sinalan que as comunidades autónomas que teñen a competencia en materia de aire ofrecen datos incomprensibles para a gran poboación. Por este motivo, solicítanlle ao Magrama información accesible de toda España.

Na nosa web, colgamos un informe anual coa información das comunidades. Non son técnica e enténdoo. Cando traballaba na Comunidade de Madrid, non consideraba mala a información que se daba, como o sistema de alertas. Dende logo, pódese mellorar. É un dos obxectivos do plan, pero a realidade é que está dispoñible.

Dende esta organización ecoloxista poñen o exemplo de Alemaña, onde de forma moi accesible e clara ofrecen datos en tempo real de todo o país.

Non temos algo así. Seguro que os alemáns teñen un sistema fantástico. Se nos sinalan cal é, e non nos sae demasiado caro, encantaríanos copialo.

Denunciouse que algúns postos de control da contaminación nalgunhas cidades se retiraron dos puntos máis contaminantes, ou que se recolocaron en zonas menos contaminadas. É certo?

Non. Hai unha normativa exhaustiva sobre estas estacións. Nas comunidades autónomas nas que se criticou, as novas estacións marcaron os maiores niveis de contaminación. Polo que sabemos, as medidas son fiables. As comunidades autónomas fan o mellor que poden, pero, como todo, é mellorable. Este ano queremos incidir na coordinación entre as distintas administracións.

Cales son os lugares con peor calidade do aire?

As rexións máis poboadas, as que utilizan determinados sistemas de transporte e as zonas especialmente industrializadas son as que presentan os maiores problemas. E non esquezamos a contaminación de orixe natural.

Que poden facer os cidadáns?

Cada un pode facer moitísimo coa súa profesión e cos seus hábitos cotiáns. Iso non evita que, como Administración, teñamos a responsabilidade fundamental de adoptar medidas.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto