Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa

Λ

O meu primeiro puré

Elixir as hortalizas axeitadas e non sobrecociñar os alimentos son claves para obter unha nutritiva e saborosa papa de verduras

  O puré de verduras é unha das primeiras receitas que se incorpora ao menú do bebé cando este abandona a lactación exclusiva. E, para elaboralo de forma axeitada, é preciso saber como se deben elixir as verduras en función da idade do neno. Hai que ter en conta que, durante o segundo semestre de vida, se producen os primeiros cambios significativos na dieta do bebé. A partir dos seis meses (algo antes, se non se alimenta con lactación materna de forma exclusiva), comeza o que se denomina o período transicional; unha etapa na que, como se describe nos protocolos de nutrición da Asociación Española de Pediatría (AEP), se inicia a alimentación complementaria; é dicir, a introdución de alimentos distintos ao leite materno ou de fórmula.

Elixir as verduras para as primeiras receitas do bebé

Cenoria, cabaciña, porro, feixóns verdes, cabaza e pataca son, polo xeral, as primeiras verduras que os especialistas aconsellan introducir nos purés dos pequenos. A AEP recomenda no seu Manual práctico de nutrición pediátrica incluír os novos alimentos de forma progresiva, co fin de valorar a aparición de reaccións adversas e para que o neno se afaga ao cambio de sabores e texturas.

Non obstante, hai algunhas verduras que, por precaución, convén non llas ofrecer ao bebé nos purés ata que cumpra un ano:

  • Espinacas e acelgas. A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición recomenda non introducir estas hortalizas ata os 12 meses de idade. A razón é que o seu elevado contido en nitratos pode ser prexudicial para o bebé. A Axencia de Seguridade Alimentaria especifica, ademais, que se se engaden ao puré antes do ano a cantidade non debe superar o 20 % do total do contido da papa.
  • Coles, coliflor, brócoli, espárragos e remolacha. Estas verduras teñen un sabor máis forte e, ademais, son flatulentas, polo que se aconsella atrasar a súa incorporación na dieta dos bebés.

Cinco pasos para preparar a papa de verduras do neno

  1.   Seleccionar as verduras que se incluirán no puré. É mellor optar por hortalizas frescas, que non leven moito tempo na neveira, para que non perdan as súas propiedades nutritivas.
  2. Lavalas ben en auga fría para retirar os restos de terra, insectos ou outros residuos químicos, como pesticidas. Retirar a pel, se é necesario, e eliminar as partes que poidan estar danadas.
  3. Pódense cociñar as verduras ao vapor ou cocelas. A norma é que canto menos tempo dure o cociñado, máis nutrientes conserva o alimento. En caso de que se cozan, é preciso facelo con moi pouca auga e introducir as hortalizas cando a auga xa estea a ferver. Tamén se pode utilizar a pota rápida para cociñalas en pouco tempo e que non perdan as súas propiedades.
  4. Separar as verduras da auga de cocción e pasalas polo batedor. Pouco a pouco, incorpórase o caldo sobrante ata darlle ao puré a consistencia desexada. Durante os primeiros meses, é aconsellable deixar a papa cunha textura máis fina, o que permite que sexa máis doada de asimilar por parte do pequeno.
  5. Engadir unha cullerada de aceite de oliva cru. A Asociación Española de Pediatría recomenda engadir, despois de triturar a verdura, unha cullerada de aceite de oliva cru para mellorar a textura e o sabor do puré.

Ingredientes complementarios do puré de verduras do bebé

O puré de verduras é a base a partir da que, pouco a pouco, se incorporan novos ingredientes á dieta do bebé. A continuación, descríbense os compoñentes complementarios, así como o calendario de introdución á dieta do neno.

  • Carne de polo, tenreira ou año. A partir dos seis meses, pódese incorporar a carne á papa do bebé. A AEP aconsella introducir primeiro o polo e, despois, o año e a tenreira. Débese comezar por lle engadir cantidades pequenas ao puré (entre 20 e 30 gramos diarios). A carne non se debe de cociñar xunto coas verduras, xa que teñen distinto punto de cocción. O idóneo é engadila unha vez que as hortalizas estean listas e triturar xuntos, para facer o puré.
  • Peixe branco. Cando o bebé cumpre os 10 ou 11 meses, a AEP recomenda incorporar as primeiras porcións de peixe branco (de 30 a 40 gramos) á dieta do neno. Ao igual que a carne, é aconsellable cociñalo de forma independente e incorporalo despois á verdura.

Consellos na elaboración e presentación do puré

  •   Verificar a limpeza da superficie sobre a que se manipularán os alimentos, así como das ferramentas que se utilizarán, para que non supoñan unha fonte de contaminación.
  • Preparar o puré cada día. Se non é posible e hai que facer máis cantidade, é importante conservalo un máximo de 48 horas no frigorífico ou conxelalo en pequenas porcións que se poidan sacar unha por unha.
  • Comprobar sempre a temperatura do puré antes de darlle ao bebé a primeira culler, co fin de evitar posibles queimaduras.
  • Utilizar unha culler branda (de silicona) e de tamaño adecuado para comezar a lle dar as primeiras papas ao bebé.
  • Atender o consello do pediatra en canto á cantidade de papa que se lle debe ofrecer ao bebé en función do seu estado nutricional.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto