Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Restaurantes: analizados 180 menús infantís de 14 capitais: Menús infantís en restaurantes: pouca variedade e baixa calidade dietética

Un 93 % non inclúe legumes nas súas opcións, un 78 % tampouco verdura e outro 56 % nin sequera peixe

Puntos positivos: froita fresca e auga

  Unha das conclusións máis positivas do estudo é que como sobremesa, no 82 % dos menús infantís analizados, se incluía a froita fresca e en todos os avaliados a auga era sempre unha opción.

Por último, outro valor engadido é que os establecementos de hostalería e restauración ofrezan a opción de menús "dietéticos" adaptados a necesidades dietéticas especiais, como alerxias e intolerancias alimentarias. Sería igualmente un valor extra se existise a posibilidade de escoller pratos vexetarianos dentro de toda a oferta do menú do día.

Tres de cada cinco menús infantís analizados incluían este tipo de menús dietéticos. Destacaban positivamente A Coruña, Barcelona, Murcia e Vitoria, onde en todos ofrecían esta posibilidade. Iso si, en gran parte deles solicitaban que avisasen con antelación para poder preparalos de forma axeitada, sen présas e cos alimentos apropiados.

12,5 euros por menú infantil

Os 180 restaurantes visitados cobran unha media de 12,5 euros polos menús infantís. Non obstante, entre localidades hai diferenzas de ata o 66 %: en Barcelona, a media é de 16,3 euros, mentres que en Valencia é de 9,8 euros.

Por debaixo do prezo medio, sitúanse os establecementos visitados en Murcia (9,9 euros de media), Málaga (10,2 euros), Santander (11 euros) e Pamplona (11,4 euros); e na media sitúanse os restaurantes analizados en Vitoria (12,1 euros de media), Logroño (12,2 euros), Bilbao (12,5 euros) e Madrid (12,6 euros). Por outra banda, despois de Barcelona, as cidades máis caras son San Sebastián (15,4 euros), A Coruña (14,2 euros), Sevilla (13,7 euros) e Oviedo (13,9 euros).

A gran pregunta é se o custo dun menú infantil ten relación directa coa calidade dietética e nutricional dos pratos que o compoñen. Neste caso, as diferenzas non son amplas: os mellores menús infantís (é dicir, aqueles que obteñen unha puntuación superior a 7 puntos) custaron unha media de 12 euros, mentres que polos peores (aqueles que suspenderon o exame nutricional) había que desembolsar unha cantidade similar, 12,6 euros de media.

Todos estes prezos inclúen os elementos básicos que deben compoñer un menú: dous pratos, pan, bebida e sobremesa, aínda que é certo que non todos os prezos dos 180 menús infantís analizados os incluían, polo que se consultou o seu custo e agregouse. Por exemplo, o pan cobrábano á parte en catro locais analizados en Madrid, dous en Sevilla e un en Barcelona. O prezo medio era de 1,4 euros a cesta de pan.

Ademais, oito restaurantes avaliados en Málaga, dous en Sevilla, e un en San Sebastián e Santander, respectivamente, cobraban á parte a bebida: 1,9 euros de media pola botella de auga e 2 euros polos refrescos. E, por último, outros cinco establecementos visitados en Málaga, tres en Oviedo e un en San Sebastián e Sevilla, respectivamente, tamén cobraban á parte a sobremesa: 3,6 euros de media.

O mellor menú infantil

Prezo: 12,50 euros (pan e bebida incluídos) Lugar: Bilbao Nota: moi ben

O menú

  • Primeiros:
    • Lentellas
    • Cinta ao queixo Philadelphia
    • Coliflor fervida co seu refrito
    • Ensalada mixta (leituga, tomate, pataca cocida, ovo cocido, conserva de bonito, espárragos, surimi, aceite de oliva, vinagre aromatizado)
    • Porros á vinagreta
  • Segundos:
    • Escarapote fresco á bilbaína
    • Ovos á cazola con chistorra
    • Salchichas de polo con puré de patacas
    • Lombo adobado á prancha con pementos e cogomelos
    • Estufado de poldro á xardineira
  • Sobremesas:
    • Iogur
    • Bólas de xeado de sabores
    • Tortas variadas (de arroz, de chocolate etc.)

As sobremesas poden substituírse por froita fresca

Puntos positivos

  • Verdura+legumes+pasta
  • Só dous dos pratos con verdura e farináceos levan alimentos de orixe animal
  • Un prato de peixe
  • Non son alimentos precociñados, senón frescos
  • A maior parte dos pratos están cociñados con técnicas culinarias que non achegan excesiva graxa
  • As gornicións son variadas e inclúen verduras
  • Inclúe a posibilidade de substituír as sobremesas por froita fresca
  • Tamén ofrece un lácteo sinxelo: iogur
  • Pódese escoller auga como bebida

Puntos negativos

  • Hai máis pratos de carne/ovos ca de peixe
  • Non se pode escoller pan integral
  • Non hai oferta de menús especiais/dietéticos, aínda que os pratos son baixos en sal

TÁBOA COMPARATIVA

VALORACIÓN NUTRICIONAL DOS MENÚS INFANTÍS POR LOCALIDADES SEGUNDO EROSKI CONSUMER*
RESTAURANTES DE... MOI BEN BEN ACEPTABLE REGULAR MAL MOI MAL NOTA FINAL
A Coruña 20 % 0 % 30 % 20 % 20 % 10 % REGULAR
Barcelona 9 % 27 % 9 % 41 % 14 % 0 % REGULAR
Bilbao 33 % 42 % 25 % 0 % 0 % 0 % BEN
Logroño 40 % 30 % 20 % 10 % 0 % 0 % BEN
Madrid 5 % 14 % 23 % 41 % 5 % 14 % REGULAR
Málaga 0 % 8 % 0 % 25 % 25 % 42 % MAL
Murcia 42 % 33 % 17 % 8 % 0 % 0 % BEN
Oviedo 0 % 10 % 0 % 10 % 20 % 60 % MOI MAL
Pamplona 0 % 0 % 30 % 0 % 40 % 30 % MAL
San Sebastián 0 % 20 % 50 % 10 % 20 % 0 % ACEPTABLE
Santander 10 % 20 % 40 % 30 % 0 % 0 % ACEPTABLE
Sevilla 0 % 0 % 20 % 20 % 20 % 40 % MAL
Valencia 20 % 13 % 13 % 27 % 20 % 7 % REGULAR
Vitoria 40 % 20 % 40 % 0 % 0 % 0 % BEN
TOTAL 16 % 17 % 23 % 17 % 13 % 14 % REGULAR

*SISTEMA DE PUNTUACIÓN: analizouse cada menú infantil para determinar como era a súa estrutura e se ofrecía unha serie de alimentos recomendables (verduras, farináceos, peixes, carnes, gornicións, sobremesas e pan). Ademais, valoráronse as técnicas culinarias utilizadas (con máis ou menos graxa) e dábase a posibilidade de acceder a un menú especial sen sal, sen glute, vexetariano e/ou baixo en calorías. A puntuación foi a seguinte: 2 puntos por ofrecer verduras+arroz/pasta ou pataca+legumes; 1 punto se menos do 50 % destes pratos non contiñan alimentos de orixe animal; 2 puntos se o menú infantil incluía igual número de carne e derivados (salchichas, despoxos etc.) ou de ovo e de peixe; 1 punto se máis do 50 % destes pratos non eran precociñados; 2 puntos se máis do 50 % dos pratos estaban cociñados con aquelas técnicas culinarias que menos graxa lles achegan aos alimentos (como cocido, á prancha, ao forno...); 2 puntos se as gornicións e as salsas eran variadas e incluían verduras; 1 punto se había froita fresca nas opcións de sobremesa; 1 punto se se podía escoller pan integral; 1 punto se se podía optar a auga; e 1 punto se era posible acceder a menús especiais/dietéticos (sen sal, sen glute, baixos en calorías, menús vexetais etc.). NOTA FINAL: a nota final é a media das valoracións dos menús infantís por localidade.

PREZO MEDIO DOS 180 MENÚS INFANTÍS ANALIZADOS POR EROSKI CONSUMER*
LOCALIDADE NOTA FINAL PREZO MEDIO (en euros)
A Coruña REGULAR 14,2
Barcelona REGULAR 16,3
Bilbao BEN 12,5
Logroño BEN 12,2
Madrid REGULAR 12,6
Málaga MAL 10,2
Murcia BEN 9,9
Oviedo MOI MAL 13,9
Pamplona MAL 11,4
San Sebastián ACEPTABLE 15,4
Santander ACEPTABLE 11,0
Sevilla MAL 13,7
Valencia REGULAR 9,8
Vitoria BEN 12,1
MEDIA REGULAR 12,5

*Estes prezos inclúen bebida, pan e sobremesa. No caso de que non se incluíse no prezo inicial do menú infantil, sumouse o custo destes elementos.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto