Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Restaurantes: analizados 180 menús infantís de 14 capitais: Menús infantís en restaurantes: pouca variedade e baixa calidade dietética

Un 93 % non inclúe legumes nas súas opcións, un 78 % tampouco verdura e outro 56 % nin sequera peixe

Equilibrio entre carne e peixe

  É moi habitual incluír tamén carnes ou peixes acompañados de diversas salsas ou gornicións. En liñas xerais, o costume gastronómico pasa por incluír máis carne ca peixe. Este último é un alimento tan nutritivo como a carne e, se é azul, mellor, porque ten un tipo de graxa máis saudable. De feito, a Asociación Española de Pediatría aconsella o consumo de peixe fronte ao da carne, polo seu menor contido enerxético e polo seu mellor perfil graxo.

Por todo iso, é recomendable contemplalo como opción diaria e valórase positivamente que os menús infantís ofrezan polo menos unha porción de peixe. Non obstante, comprobouse que menos da metade dos menús infantís analizados inclúen peixe entre as opcións do menú. En Pamplona, por exemplo, ningún dos dez avaliados contén esta opción, mentres que en Vitoria oito dos dez si a ofrecen.

Ademais, o acompañamento deste tipo de pratos inflúe tamén na calidade dietética do menú. As salsas e as gornicións "abrigan os pratos", achegan variedade, estimulan o apetito e proporciónanlles maior valor de saciedade ás comidas. En ocasións, cáese no erro de utilizar a mesma salsa para diferentes pratos, xeralmente de tomate. Algo similar acontece coas patacas fritas, que adoitan ser o único recurso para ofrecer de gornición nos segundos pratos. Pero pódense empregar ensaladas, verduras refogadas, rustridas, salteadas ou á prancha (cabaciña, berenxena...), pementos vermellos e verdes, champiñóns e cogomelos, puré de pataca, arroz ou chícharos salteados etc. Malia as recomendacións, só un de cada catro menús infantís ofrecía gornicións e salsas variadas. O habitual é atopar salsas de tomate frito e patacas fritas conxeladas. Destacan de xeito positivo oito dos doce menús infantís analizados en Murcia: un deles ofrecía un aliño de vinagre de Módena e caramelo, carochos fritos con perexil e allo, unha salsa de fungos con cebola e patacas refogadas con champiñón, cebola, tomate e viño branco.

Para acompañar todas estas delicias, é aconsellable o pan integral porque ten un maior contido en fibra e nutrientes reguladores, como vitaminas e minerais. Non obstante, tres de cada catro restaurantes non daban a posibilidade de comer con pan integral, sempre era branco.

A clave: cociñar sen graxa

Para evitar que a comida resulte pesada e demasiado calorífica para os nenos é fundamental reparar nas técnicas culinarias. É recomendable utilizar aquelas que menos graxa lles acheguen aos alimentos -as que empregan auga (cocido ou fervido, ao vapor... ), á prancha ou ao forno- e convén tamén utilizar menos de tres ou catro veces por semana os fritos, os rebozados, os empanados, os guisos e os estufados (máis graxos e enerxéticos e de máis difícil dixestión).

Non obstante, un 43 % dos menús analizados inclúen pratos nos que se utilizaron técnicas culinarias que lles achegan máis graxa aos alimentos; en especial, fritos, empanados e rebozados. En concreto, en Oviedo, onde en todos os menús analizados os fritos, empanados e rebozados superaban a prancha ou o forno. Ao contrario que os de San Sebastián, onde mandaba a prancha, o forno e a comida cocida.

Neste sentido, inflúe a formulación que se fai do menú infantil. Un de cada dez establecementos oferta pratos combinados, xeralmente unha mestura de fritos e empanados (croquetas, escalopes, luras á romana, ovo frito, patacas fritas, embutido etc.). Malia que son pratos que lles encantan aos nenos, resultan demasiado graxos e con moitas calorías. Isto acontece especialmente en Oviedo (6 dos 10 locais visitados ofertan pratos combinados) e en Sevilla (6 dos 12 analizados).

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto