Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Restaurantes: analizados 180 menús infantís de 14 capitais: Menús infantís en restaurantes: pouca variedade e baixa calidade dietética

Un 93 % non inclúe legumes nas súas opcións, un 78 % tampouco verdura e outro 56 % nin sequera peixe

  Comer fóra da casa cando se teñen fillos é, ás veces, todo un reto. Ademais da batalla do "isto gústame, isto non me gusta", a aventura moitas veces comeza por atopar un restaurante que inclúa na súa carta un menú infantil e que, ante todo, sexa equilibrado.

E é que a alimentación non só ha de coidarse na casa, tamén nun restaurante se poden educar os máis pequenos na arte de comer de xeito saudable e equilibrado. Co propósito de coñecer a calidade nutricional dos menús infantís que se ofrecen nos restaurantes do noso país, EROSKI CONSUMER visitou 180 restaurantes situados na Coruña, Barcelona, Bilbao, Logroño, Madrid, Málaga, Murcia, Oviedo, Pamplona, San Sebastián, Santander, Sevilla, Valencia e Vitoria. En cada local, solicitouse información detallada sobre a oferta culinaria para os máis pequenos (tipo de pratos, ingredientes, técnicas culinarias etc.), coa escusa de ser pais ou nais dun neno de 5 anos e de querer comer fóra un sábado calquera. Non sempre dispoñían dun menú infantil por escrito, pero mentres uns optaban por ofrecer pratos combinados, outros deseñaban un menú infantil tendo en conta a súa carta e outros adecuaban o menú dos adultos.

En liñas xerais, observouse que os menús infantís analizados non ofrecen pratos variados nin equilibrados. Case a metade deles non logra aprobar o exame dietético proposto por EROSKI CONSUMER, fundamentalmente pola insuficiente variedade de alimentos que inclúen (os legumes e a verdura non son nada frecuentes), pola repetición nas gornicións e nas salsas (case sempre patacas fritas ou salsa de tomate frito) e polo excesivo emprego de técnicas culinarias graxas (fritos, empanados e rebozados). En canto ao prezo, os menús custan de media 12,5 euros.

Como se fixo

O método de análise consistiu en valorar, segundo as recomendacións dietético-nutricionais da estratexia NAOS e da Asociación Española de Pediatría (AEP), a composición dos pratos (verduras, farináceos, peixes, carnes, sobremesas e pan) de cada menú infantil, así como as súas gornicións (incluíanse verduras e eran variadas), as técnicas culinarias utilizadas (con máis ou menos graxa) e tamén se valorou se ofertaban froita fresca de sobremesa e pan integral para acompañar. Ademais, consultouse a posibilidade de acceder a un menú dietético especial sen sal, sen glute, vexetariano e/ou baixo en calorías.

En total, cada un dos menús analizados podía obter un máximo de 14 puntos, distribuídos do seguinte xeito: 2 puntos por ofrecer verduras, arroz/pasta ou pataca e legumes; 1 punto se menos do 50 % destes pratos non contiñan alimentos de orixe animal; 2 punto se o menú infantil incluía igual número de carne e derivados (salchichas, despoxos etc.) ou de ovo e de peixe; 1 punto se máis do 50 % destes pratos non eran precociñados; 2 puntos se máis do 50 % dos pratos estaban cociñados con aquelas técnicas culinarias que menos graxa lles achegan aos alimentos (como cocido, á prancha, ao forno...); 2 puntos se as gornicións e as salsas eran variadas e se incluían verduras; 1 punto se había froita fresca nas opcións de sobremesa; 1 punto se se podía escoller pan integral; 1 punto se se podía optar a auga; e, finalmente, 1 punto se era posible acceder a menús especiais/dietéticos (sen sal, sen glute, baixos en calorías, menús vexetais etc.).

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto