Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

A compañía do gas e da electricidade non se fai responsable da reparación da caldeira

Hai dous anos que contrato o servizo de mantemento da caldeira coa miña compañía de gas e electricidade. Un venres avariouse a caldeira e chamei o servizo técnico, pero o técnico en cuestión non veu ata o martes, e aínda que parecía que nun primeiro momento reparouna, ao día seguinte non funcionaba. Regresou de novo e díxonos que non podía facer nada e que chamásemos ao servizo técnico da caldeira e lle pasásemos a factura á compañía do gas. Pagamos máis de 160 euros, pasamos dez días sen auga quente nin calefacción e agora estannos a dar de longas. Que podemos facer?

  Enténdese que a compañía de gas e electricidade non cumpriu con dilixencia as obrigas do contrato (executar nun determinado lapso de tempo as obras ou servizos de reparación de avarías), mentres que o consumidor si cumpriu as súas (aboar o prezo pactado no contrato). Por iso suxerimos que presenten unha reclamación escrita nos servizos de consumo. Segundo o Código civil, están suxeitos a indemnización de danos e prexuízos quen incumpran as súas obrigas por dolo, neglixencia ou morosidade. Xunten a reclamación de copia do contrato e da factura aboada e aleguen incumprimento do servizo técnico que non reparou de forma conveniente en ningunha das súas visitas. Soliciten unha indemnización dos prexuízos causados: o importe aboado ao servizo técnico da marca da caldeira, pero mencionen tamén ao período de tempo no que se viron privados de auga quente e calefacción. Manifesten que tiveron que acudir ao servizo da casa por tal incumprimento de acordo coas indicacións do mesmo técnico da compañía. Se non obteñen resultado, acudan a Arbitraxe de Consumo e se o consideran conveniente comuniquen por escrito a súa oposición á prórroga do contrato.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto