Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Comprou un robot de cociña por Internet e non lle enviaron a garantía

Comprei un robot de cociña por Internet. Segundo a web, na caixa incluiríase o manual de instrucións, receitas de cociña e unha tarxeta de garantía. Con todo, faltaba a tarxeta de garantía e reclameina por e-mail. Non contestaron e pasados nove días o robot empezou a funcionar mal. Logo de varios correos sen resposta díxenlles que ía acudir á oficina do consumidor. Entón dixéronme que como lles estaba ameazando xa non me enviaban a garantía. Estivemos cruzándonos correos ata que finalmente me ofrecen outro robot a cambio de pagar case 20 euros por recoller o meu e entregarme outro novo. Teño que pagar eu eses gastos?

  O réxime xurídico da reparación ou substitución dun produto en garantía legal (dous anos) hase de axustar a dúas regras esenciais. Unha, a gratuidade, que debe comprender os gastos necesarios realizados para emendar a falta de conformidade dos produtos, sobre todo os gastos de envío, así como os custos relacionados coa man de obra e os materiais. A segunda, debe levarse a cabo nun prazo razoable e sen maiores inconvenientes para o consumidor. No seu caso non se debe confundir a aplicación da garantía do exercicio co dereito de desistencia nas compras a distancia nas que o empresario si pode esixir o consumidor que se faga cargo do custo directo de devolución do ben. Suxerímoslle que presente unha reclamación nos servizos de consumo do seu municipio ou provincia, tamén no caso de que xa aboase os gastos, e solicite a devolución. Pida ademais que lle remitan: documento da garantía comercial se a houbese (para a legal basta coa factura e co albará de entrega) e mais a xustificación documental da entrega do robot de substitución, na que conste a data de entrega e a falta de conformidade que orixinou o exercicio do dereito de substitución.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto