Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Medio natural

Λ

Informática e ecoloxía: causa pendente?

Calquera cidadán poden seguir uns sinxelos consellos co fin de que os seus ordenadores sexan máis ecolóxicos e, de paso, aforrar diñeiro

  A priori pode soar paradoxal, ou difícil de crer que informática e ecoloxía poidan ir da man. Ordenadores de escritorio, portátiles, "minis", tablets PC medianos e pequenos, libros electrónicos... Esta é unha pequena mostra indicativa da cantidade de aparatos informáticos de consumo que podemos atopar nun fogar. Detrás de cada un deles, hai o seu correspondente consumo enerxético e impacto ambiental. Agora ben, é posible empregalos dun xeito máis ecolóxico. Utilizar estes aparatos con máis conciencia "verde" non só contribuirá a alongar a súa vida útil, senón tamén a aforrar diñeiro.

Usar o ordenador máis conveniente

Antes de decidirse por un dos diversos modelos do mercado, convén coñecer para que serven e cales son as súas especificacións. Deste xeito, poderase elixir o que máis convén segundo as necesidades: canto tempo e onde se usará, que tipo de aplicacións se necesitan etc. Pola contra, pode acontecer que quede apartado porque non se utilice, ou que se empreguen demasiados recursos cando non era necesario. Para un uso doméstico e de ocio puntual, un tablet PC será suficiente. No caso dun uso profesional continuado, a mellor opción será un de escritorio.

Ademais do uso, outro criterio para ter en conta é o do consumo enerxético. Os ordenadores portátiles consumen menos enerxía que os de escritorio e os tablets PC menos que os portátiles.

Consultar as etiquetas e os informes ambientais

A etiquetaxe dos ordenadores ofrece unha interesante información á hora de decidirse polo modelo máis ecolóxico: de que materiais está feito (algúns son máis contaminantes que outros); se ten en conta a súa reciclaxe posterior; se chega algún tipo de etiqueta ambiental como a EPEAT (con tres categorías, ouro, prata e bronce) ou a Energy Star e se o fabricante ten unha determinada política ambiental.

Os informes ambientais tamén son de axuda. A organización ecoloxista Greenpeace publica desde hai varios anos diversos informes que avalían o comportamento ambiental dos principais fabricantes de ordenadores e teléfonos móbiles, como a Guía para unha electrónica máis verde ou a Enquisa de electrónica verde.

Elixir os modelos máis eficientes

  Os modelos coa maior eficiencia enerxética supoñen importantes aforros no consumo eléctrico. Ademais de ser positivo para o peto, tamén o é para o medio. Os fabricantes tenden a que as súas creacións sexan cada vez máis eficientes no consumo de recursos. Así acontece co microprocesador Intel Core 2 Duo, que é ata un 40% máis rápido e máis dun 40% máis eficiente que o seu predecesor. As tarxetas gráficas consomen moita enerxía e, por iso, se non se ten intención de instalar potentes xogos 3D, é mellor non abusar delas. Os monitores de tipo LED son os máis eficientes e son a mellor opción cando se necesitan pantallas grandes.

Poñer en práctica hábitos de aforro enerxético

Se non se vai utilizar o ordenador durante varias horas, convén activar o modo de hibernación porque consome menos ou apagar o monitor. Os diferentes sistemas operativos teñen formas de activar a hibernación ou o apagado pasado un determinado tempo. Tampouco hai que esquecer os periféricos (impresoras, escáneres etc.) que se deben manter apagados, salvo cando se necesiten. Medidas como reducir o brillo do monitor, desconectar os dispositivos sen fíos (Wi-Fi, bluetooth) se non se usan, desfragmentar o disco duro para que funcione mellor, utilizar programas sinxelos, manter o sistema limpo de programas espía, coidar a batería, recorrer a un equipo multifunción (impresora, fotocopiadora e escáner) etc. contribuirán a gastar menos. Así mesmo, diversos programas informáticos axudan a consumir menos electricidade e, de paso, a concienciarse polo medio.

Reutilizalos cando se poida

Dotar dunha vida máis longa ao ordenador supón aforrar diñeiro e xerar menos residuos e un menor consumo de recursos naturais. Se se actualizan certos compoñentes, como a memoria RAM, ou se engade máis disco duro, lograrase que dure máis tempo. Outras opcións son regalarllo a un amigo ou familiar que non necesite un ordenador demasiado potente ou doalo a algunha ONG como Ingenieros sin Fronteras ou Telecomunicaciones Solidarias. Sistemas como Clickyrecicla ofrecen a posibilidade de recoller diversos compoñentes informáticos para reutilizalos e gañar diñeiro a cambio.

Reciclalos cando xa non funcionen

  Se xa non funciona o ordenador, o seguinte paso ecolóxico é reciclalo. Para iso hai dúas opcións. Se non vai comprar un novo aparato pódese depositar no punto limpo máis próximo. A Fundación Ecolec localízaos nun mapa da súa páxina web. Pero se compra un novo aparato, a tenda debe facerse cargo gratis do antigo.

Comprar ordenadores "ecolóxicos"

Algúns ordenadores céntranse no ecolóxico e, aínda que son poucos e máis ben testemuñais, constitúen a resposta a unha concienciación ambiental cada vez máis alta dos consumidores. Por outro lado, tamén hai cada vez máis periféricos que se fixan no "verde", como cargadores solares e compoñentes con materiais biodegradables.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto