Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Cancela unha viaxe combinada e néganlle a devolución do diñeiro dos billetes de avión

 Un cidadán contratou e pagou a cantidade de 1.870 euros por unha viaxe combinada nunha axencia de viaxes, pero debido ao empeoramento da enfermidade do seu pai tivo que cancelala. Avisou a axencia e solicitou a devolución de todo o diñeiro aboado pero a axencia negouse á súa devolución total. Baseou o seu argumento no aviso, posterior ao contrato e por correo electrónico, sobre as condicións de pagamento dos billetes de avión. Informou o cliente que unha vez emitidos os billetes, estes tiñan o 100% de gastos en caso de cancelación ou modificación. Pero, aínda así, o consumidor gañou o xuízo. Para a Audiencia de Madrid, en sentenza do 10 de setembro de 2012, era aplicable a Lei do consumidor xa que non se podía esquecer que, entre os dereitos do afectado, se recoñece en todo momento que o consumidor e usuario poderá deixar sen efecto os servizos solicitados ou contratados, tendo dereito á devolución das cantidades aboadas, sobre todo se está xustificado. Unha vez acreditada esta forza maior, pois o pai faleceu nos días seguintes, a Audiencia de Madrid condenou a axencia de viaxes a devolver os 1.870 euros.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto