Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Guía de Compra: turróns: Turróns á carta: diversidade de sabores, prezos e calorías

Hai propostas para todos os gustos; anticiparse e planificar a compra segundo as necesidades son claves para poder aforrar máis dun 50% na súa compra

  Non só sabe a améndoa ou a mel. O turrón sabe a Nadal e ule a tradición e familia. No noso país é un dos doces de Nadal máis queridos e un dos que máis evolucionou nos últimos anos. Ata hai pouco, a maior dificultade á hora de elixir un turrón tiña que ver coa consistencia: o dilema pasaba por decantarse entre un brando e un duro. Non obstante, iso cambiou, porque a evolución chegou tamén á repostaría do nadal. Na actualidade, hai cada vez máis variedades de turróns dispoñibles no mercado: de chocolate, con froitas, sen azucre, con licor... Este paso cara á diversidade debuxa múltiples posibilidades sobre o mantel, xa que ofrece sabores e texturas novas para levar á nosa mesa. Pero, tamén, xera numerosas dúbidas no momento de decidirse por un ou outro. O obxectivo desta Guía de Compra é dar resposta a esas preguntas e coñecer en profundidade as características dun dos produtos máis tradicionais e apreciados da repostaría do noso país.

Moito máis que améndoa e mel

A tradición e o aprecio popular demostraron ser máis fortes que a crise. Nun contexto de recesión e aforro doméstico levado ao extremo, o sector do turrón é un dos poucos que conseguiu manterse estable. Aínda que algunhas consultoras independentes rexistran un lixeiro descenso nas vendas de turróns, segundo datos da Asociación de Fabricantes de Turrones y Mazapanes (TUMA), a venda deste produto aumentou un 3,7% no último ano. O segredo? As exportacións. Ademais de Latinoamérica -que herdou a tradición turroneira de España-, países como Estados Unidos, Francia, Italia e Alemaña encabezan a lista de importadores de turrón cunha vantaxe moi importante: neles véndese e consómese durante todo o ano. De aí que, no último exercicio, se exportaran máis de 3.500 toneladas.

No noso país, non obstante, o consumo é aínda moi estacional: está ligado a estas datas e celebracións especiais. Isto explica que a competencia entre marcas e fabricantes sexa cada vez maior; e non só no prezo (que tamén pois apenas aumentou un 1% no último ano), senón na diversidade. Abonda con percorrer os lineais do supermercado para aprecialo. Nestes momentos calquera cidadán pode comprobar que se elaboran e se venden turróns para todos os petos e todos os gustos. Pero, como evitar confundirse entre tantas propostas? A primeira distinción que debemos facer é entre o turrón tradicional, "o de toda a vida", e as novas propostas, máis variadas e innovadoras, que inclúen outros ingredientes e, mesmo, poden prescindir dos compoñentes típicos do turrón orixinal, isto é, azucre, froitos secos e mel.

  Así, a variedade crecente pódese agrupar en tres categorías: o turrón duro, o brando e os variados. Mención á parte merecen os turróns de chocolate -os máis apreciados polos nenos e os máis vendidos entre os adultos-, o grao de sofisticación e cuxa diversidade aumentou co paso dos anos. Nalgúns casos, de feito, aseméllanse en formato e consistencia ás libras de chocolate que se poden atopar noutros momentos do ano.

  • Turrón duro. Os seus ingredientes principais son os froitos secos tostados, mesturados con clara de ovo, azucre e mel. Entre os froitos secos máis utilizados para a súa elaboración atópanse as améndoas, as abelás, os piñóns e as noces, aínda que o protagonismo o levan as améndoas. Os embaixadores do turrón duro son dous: o de Alacante e o de Agramunt, ambos os dous con denominación de orixe.
  • Turrón brando. O máis coñecido -o de Xixona- tamén está composto por froitos secos, clara de ovo, azucre e mel. A diferenza está na textura e nunha preparación máis laboriosa, que esixe movementos compensados para a mestura e moita dedicación. Pero tamén entra nesta categoría o turrón de xema tostada que, segundo conta a lenda gastronómica, se inventou para aproveitar as xemas que non se utilizaban na elaboración dos demais turróns.
  • Turróns variados. Conforman o grupo máis variado e innovador, e os seus nomes cambian segundo o resto de ingredientes que conteñan á parte do azucre, o mel, as améndoas ou o ovo. En xeral, son brandos, aínda que algúns -os de chocolate, sobre todo- poden ser duros ou, polo menos, crocantes. Estes turróns substitúen ás améndoas por outros froitos secos ou azucres, ou outros ingredientes, como arroz inflado, coco, lácteos, licores ou froitas. Ademais, poden encherse ou cubrirse con produtos de pastelaría, de modo que hai tantas opcións como o experto imaxine.

Á hora de elixir, pois, a primeira gran pregunta que debemos responder é se queremos un turrón duro ou un brando. A composición, como se dixo, é moi similar, pero varía notablemente a textura. Hainos xenéricos (máis económicos) e con denominación de orixe. Se ben a preferencia por uns ou outros é moi persoal, convén ter en conta algunhas cuestións prácticas.

  • O turrón duro pode supoñer un inconveniente para as persoas maiores polas dentaduras postizas ou problemas dentais e para os mozos que usen ortodoncia. A cambio, tárdase máis tempo en rematar un bocado, cómese menos, inxírense menos calorías e rende máis.
  • Os turróns brandos: a súa consistencia permite comelos con rapidez e é máis doado, polo tanto, excederse coas calorías. En contrapartida, son os máis innovadores e ademais do tradicional, hai unha enorme gama de opcións e sabores.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto