Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Trucos "salvavidas" na cociña

O seguimento dunha serie de trucos e consellos garante a elaboración de pratos creativos ante calquera imprevisto como a necesidade de dar de comer a máis persoas, pasarse co sal ou esquecer o pan

  Coas festas de Nadal multiplícanse as reunións familiares e as celebracións pero ter o don de duplicarse para chegar a todo é moitas veces, un milagre. As compras e os agasallos peléxanse na orde de prioridades coa planificación de menús e a organización sobre onde se ceará, quen virá á casa, cantos comensais serán... Aínda que o espírito destas datas está marcado pola alegría e os bos sentimentos, o certo é que escapar das sufocacións non resulta tan simple. Menos aínda para quen cociña.

Neste contexto encargarse dos fogóns ten o seu mérito xa que, dalgún modo, no fogar conviven dous mundos paralelos: o da cociña e o resto. Mentres o resto ten boa vontade -pon a mesa, unta un par de canapés ou coloca os doces típicos nunha bandexa-, na cociña "cócese" todo o demais e hai un ritmo de vertixe. A persoa encargada desta parte adoita ter dúbidas sobre o menú, as cantidades que ha de comprar, o momento en que ha de facelo... e, coma se fose pouco, ten o reto de controlar o gasto e lograr que todo estea no seu punto.

Os seguintes trucos e consellos están pensados para os que se responsabilizan de cociñar nestas datas tan sinaladas e se enfrontan ao desafío de dar de comer un maior número de persoas.

     
  • Planificación. Hai que saber cantas persoas sentarán á mesa e, en función diso, deseñar o menú e facer a compra. Dedicarse a isto con certa anticipación permitirá aforrar tempo, dúbidas e diñeiro. O peixe e o marisco, por exemplo, pódense comprar con antelación e conxelarse xa limpos, torados e listos para a súa elaboración.
  • Empezar antes. Anticiparse ás datas clave é de grande utilidade, sobre todo, con aqueles alimentos que se poden cociñar uns días antes. As salsas pódense elaborar con tempo e conxelarse. Para rexeneralas, abondará con sacalas do frigorífico o día que se van usar. Outras preparacións, como os fritos, os pementos recheos, os chocos na súa tinta, os caracois ou os guisos, pódense facer cun ou dous días de antelación e gardarse na neveira. Este proceso, ademais de aliviar o traballo o día da cea ou da comida, potenciará o sabor deses pratos.
  •   Organización. Outro xeito de gozar da cociña é optimizar a combinación de receitas para gañar tempo e comodidade. Preparar dous ou tres entrantes fríos (que poden presentarse na mesa sen maior dificultade) e un quente (que poida facerse no forno). Se o prato principal se fai nunha cazola, será moi doado preparalo e levalo á mesa (abondará un cunca grande de servizo). En cambio, convén evitar as frituras de última hora: xeran fume e olores intensos, e condénannos a estar na cociña, en lugar de sentar á mesa cos convidados.

Trucos de última hora

Aínda que a planificación e a organización son moi importantes (e útiles), non sempre evitan os problemas de última hora. A problemas contra o reloxo, solucións expreso e creativas:

  • Convidados inesperados. Para evitar que falte comida, sempre é bo ter un fondo de neveira e despensa.
    • Entrantes. Unhas tostas de pan, algunha conserva, unha bolsa de leitugas variadas e unha froita serán máis que suficientes para elaborar unha ensalada en tempo récord, ou uns orixinais canapés, como os de salmón, leituga e laranxa.
    • Pratos principais. As gornicións son grandes aliadas. Pódese engadir máis salsa ou máis acompañamento para que os pratos rendan ao máximo. Idea práctica: utilizar unha minestra conxelada. Cócese en só quince minutos e, se a salteamos cun pouco de allo e aceite, combinará moi ben cos peixes asados. Se o prato, en cambio, está feito maioritariamente con carne, a mellor opción son unhas patacas, cebolas e cenorias cortadas en finas láminas e asadas ao forno. Tamén tardarán quince minutos en facerse.
    • Pratos extra rápidos. Outro modo de inventar un prato rápido consiste en abrir ou esmagar unhas croquetas. Con esa bechamel énchense uns pementos do "piquillo" e péchanse. Abondará asalos no forno cunha salsa de tomate e un toque de nata para obter uns pementos recheos cunha estupenda aparencia e capaces de saciar.
  • Esquecer o pan. É recomendable ter pan conxelado (sen cocer ou de media cocción). Cinco minutos de forno a 180 ºC serán suficientes para resolver este problema cun pan recentemente elaborado e moi rico. Outra opción é utilizar o pan do día anterior que se garde na casa. Córtase en rebandas, úntase con aceite e enfórnase durante un ou dous minutos a 200 ºC, xusto antes de levalo á mesa como deliciosas torradas.
  •   Ingredientes conxelados. A planificación parece unha vía segura... ata que se esquece a desconxelación dos ingredientes que se usarán con tempo abondo para a súa elaboración. Se se trata de marisco, non hai problema, xa que se pode introducir á auga de cocción aínda conxelado. Pero, e se é pescado? Sen quitar o plástico que o protexe, somérxese nun recipiente con auga e baixo o chorro de auga fría -nunca da quente-. Ao cabo de dez minutos, poderíase ter desconxelado o paquete. Outro modo de facelo é utilizar a función de desconxelado do microondas, pero coa precaución de facelo en pequenos intervalos (primeiro, de cinco minutos; logo, de trinta segundos) para evitar que se empece a cociñar.
  • Pasarse co sal. O primeiro paso é determinar se cun pouco máis de caldo ou de auga podemos resolver o problema sen estragar o prato. Se non é así, unha solución práctica é agregar dous ou tres anacos de pataca e deixar que se cociñe co prato durante uns minutos máis, para que a pataca absorba o sal. Unha terceira opción é rescatar o produto principal -a carne, o peixe etc.- e alixeirar por separado a salsa ou, se é necesario, elaborar unha nova.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto