Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Enquisa sobre hábitos dixitais a 1.220 persoas: Case un 10% dos mozos entre 20 e 24 anos depende en exceso ou abusa das novas tecnoloxías

Ademais, un 78% dos adolescentes de entre 14 e 19 anos corre o perigo de facer un uso obsesivo das novas tecnoloxías no futuro

  Aínda que resulta evidente que o avance imparable das novas tecnoloxías beneficiou en moitos aspectos a sociedade, tamén deu pé a comportamentos problemáticos. A Organización Mundial da Saúde sinala que unha de cada catro persoas sofre problemas relacionados coas novas tecnoloxías e un estudo da Sociedad Española de Psiquiatría revela que entre o 6% e o 9% dos usuarios de Internet podería ter problemas de uso inadecuado da Rede. Ao abuso ou dependencia excesiva de Internet e dos dispositivos móbiles ou á incapacidade que experimentan moitas persoas para afastarse dos seus smartphones ou desconectarse de redes sociais, foros e mensaxerías instantáneas coñécese xa como "obesidade dixital". Para coñecer o seu alcance EROSKI CONSUMER realizou en novembro unha enquisa on line a persoas de entre 14 e 39 anos e preguntoulles sobre os seus hábitos de uso de Internet, teléfono móbil e videoxogos, ademais de contabilizar o número de aparatos dixitais dos que dispoñían. Contestaron á enquisa un total de 1.220 persoas orixinarias de nove comunidades autónomas: Andalucía, Illas Baleares, Castela A Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana, Galicia, Madrid, Navarra e País Vasco. Para analizar os datos contouse, por unha parte, con Enrique Echeburúa, catedrático de Psicoloxía Clínica e experto en Adiccións Dixitais e Manuel Armayones, profesor de Estudos de Psicoloxía na Universidade Oberta de Catalunya. Pero tamén coa asesoría institucional de Madrid Salud e das asociacións Pantallas Amigas e Adicciones Digitales.

A primeira conclusión é que unicamente un 5% dos entrevistados teñen síntomas de sufrir "obesidade dixital". A segunda, que non hai diferenzas por sexo, pero si por idade: case un 10% dos mozos entre 20 e 24 anos depende en exceso ou abusa das novas tecnoloxías e o 78% dos adolescentes de entre 14 e 19 anos corren o risco de ter comportamentos obsesivos no futuro.

Para realizar este estudo, EROSKI CONSUMER tomou en consideración tres aspectos. O número de aparatos dixitais do que dispoñían os entrevistados (alto, medio ou baixo segundo o sistema de medición do experto en tecnoloxía Daniel Sieberg), o seu uso do móbil, de Internet e dos videoxogos (baseado no sistema de medición de Madrid Salud) e os síntomas físicos e sociais asociados ao uso de aparatos dixitais (dor, illamento...).

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto