Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Medio natural

Λ

Outono: natureza con cabeza

Comportarse de forma ecolóxica nun espazo natural contribúe á súa conservación presente e futura

  Montañeiros, amantes da natureza, domingueiros e afeccionados ao sendeirismo coinciden en apuntar a estación do outono como a preferida para gozar de parques naturais, reservas da biosfera e calquera outra paraxe natural. O mellor xeito de gozar de todos eles dunha forma responsable é poñer en marcha unha serie de hábitos como desprazarse de xeito sustentable, comer de forma ecolóxica, tratar os lixos de forma axeitada ou non provocar lumes.

Desprazarse de xeito sustentable

O mellor xeito de chegar ao espazo natural elixido é utilizar o transporte público. Se non queda máis remedio que usar o vehículo privado, pódese compartir con outros usuarios e conducir de forma eficiente. Xa en plena natureza, o máis ecolóxico e san é ir a pé ou en bicicleta e evitar vehículos todoterreo, motos ou "quads" que, ademais de erosionar o chan, emiten un molesto ruído que afecta o contorno e o benestar doutros visitantes.

Respectar as indicacións e as normas do espazo natural

  Os espazos naturais protexidos adoitan contar con sinalizacións e normas de uso que hai que respectar para evitar danalos. Convén lelos con atención e, se é posible, informarse antes das súas particularidades, como na Guía de Parques Naturais, Nacionais e Reservas da Biosfera de EROSKI CONSUMER. Por exemplo, a entrada a algúns destes espazos está restrinxida a uns poucos usuarios que deben rexistrarse con anterioridade.

Comer de forma ecolóxica

Co fin de pasar todo o día fóra da casa pódese levar unha cesta de vimbio ou unha mochila. A comida pódese transportar en tarteiras ou envases específicos reutilizables (nunca de usar e tirar nin con un empaquetado excesivo) e a bebida desde termos que inclúen vasos ou bidóns de aluminio. As botellas e as bolsas de plástico teñen un grande impacto ambiental se se abandonan na natureza e, por iso, hai que evitalos. Aínda que o vidro se pode reciclar, na natureza non é a mellor opción porque pode ser un elemento cortante e provocar un incendio.

Tratar os lixos de forma axeitada

O lixo orixinado durante a xornada débese tratar de forma axeitada. Algúns espazos naturais contan con colectores do lixo, pero se non hai ou se dubida sobre a súa posterior reciclaxe, os residuos xerados débense conservar ata poder reciclalos de forma conveniente. Algúns, como as pilas, poden ser moi tóxicos para o medio. Por iso, tamén hai que gardalos para o seu posterior tratamento.

Utilizar a auga e a enerxía con moderación

A auga é un recurso cada vez máis escaso, e na natureza éa aínda máis. Non hai que deixar as billas abertas das fontes, usar só o necesario e evitar que xabóns rematen en ríos, lagos ou mares e finalmente, os contaminen.

Non provocar lumes

Grandes desastres como os incendios forestais pódense xerar por unha cabicha ou unha grellada mal apagada. Se é posible, recoméndase non fumar ou, polo menos, preocuparse de que cabichas e cinzas non cheguen ao contorno; débense respectar as prohibicións de non facer lumes en merendeiros ou parques naturais (medida que se toma en épocas de risco de incendio) e se se permite, hase de facer só en espazos habilitados para iso.

Non molestar ás especies nin alterar o contorno

  Os ecosistemas e as especies que habitan neles viven nun delicado equilibrio que pode romperse por calquera pequena alteración, sobre todo no caso das especies ameazadas. É aconsellable, polo tanto, non tocar os niños das aves, non ofrecer comida que poida sentar mal aos animais, non berrar nin introducir elementos de contaminación acústica como música ou vehículos ruidosos, non levarse nada "como recordo" etc. En resumo, deixar todo como estaba.

Non introducir especies invasoras

As especies invasoras causan graves danos ambientais e económicos. Nalgunhas ocasións introducíronse por descoido ou descoñecemento das súas consecuencias. Nunca hai que levar unha especie dun lugar a outro distinto.

Evitar o tráfico ilegal de especies protexidas

O contrabando de especies (en especial en España, por onde se estima que circula o 30% de todo o mercado mundial), ademais de ser un delito, pon en risco a moitos seres vivos en situación delicada. Así acontece cando se adquire unha especie exótica, xa sexa viva ou como recordo feito con partes dela, como corais ou colgantes de marfil.

Denunciar condutas antiecolóxicas e catástrofes ambientais

Se se observa algunha actividade que poña en perigo a natureza, como vertidos ilegais, uso de cebos con veleno, contrabando de especies, incendios forestais..., débese denunciar. Marcar o teléfono de Emerxencias: 112, ou o do Servizo de Protección da Natureza (Seprona): o 062, é dúas boas maneiras de facelo.

Practicar o turismo ecolóxico

  O turismo ecolóxico ofrece unha estadía agradable e en harmonía co ámbito. As posibilidades son diversas, desde o sendeirismo ata o "birdwatchng" ou observación das aves no seu hábitat natural. A oferta de hoteis ecolóxicos aínda é pequena en España, pero pódense encontrar algúns con encanto.

Gozar como voluntario ambiental

Diversas asociacións ecoloxistas e institucións ofrecen programas de voluntariado ambiental, para sensibilizar o resto de cidadáns ou axudar a conservar e recuperar espazos naturais que non reciben a miúdo suficientes recursos.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto