Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa

Λ

Sen malas pulgas no coche

A actitude dos donos é fundamental para conseguir que o can viaxe tranquilo durante

  Se o can está alterado o condutor ponse nervioso, os viaxeiros séntense incómodos e os nenos non cesan de berrar. A ecuación composta por viaxes, cans nerviosos e condutores alterados nun clima de crispación aumenta de xeito considerable o risco a sufrir un accidente e que o animal sufra tamén algún dano. Por esta razón, acostumar ao can nervioso desde cachorro a viaxar en coche é unha das claves para lograr que se desprace tranquilo no vehículo en calquera momento e acompañado dos máis diversos viaxeiros. Agora ben, como non sempre é doado acertar co método utilizado nesta tarefa, os expertos no coidado e saúde das mascotas propoñen unha serie de recomendacións que axudan a que o animal se relaxe durante as viaxes en coche.

Acostumalo a subir ao coche desde cachorro

As viaxes en coche forman parte das situacións ás que o can se ten que afacer ao longo da súa vida. É necesario que o can se familiarice con iso cando aínda é un cachorro. Canto máis tarde comecen os desprazamentos do can en coche, máis lle custará adaptarse e a non se poñer nervioso.

Lograr que asocie o coche cunha experiencia positiva

  As primeiras experiencias do can co coche deben ser o máis positivas posibles. Non é recomendable que realice estes primeiros desprazamentos para acudir á consulta do veterinario porque pode asociar o uso do vehículo cunha experiencia con moito estrés. Tamén hai que evitar outros destinos que lle poidan provocar angustia ou medo. O axeitado é usar o vehículo para realizar unha saída breve, como unha excursión ao campo e evitar así que as primeiras viaxes se convertan nun fastío para o animal.

Manter unha actitude tranquila no vehículo

É fundamental a actitude que os donos manteñen no momento de viaxar en coche co can para que o animal se sinta relaxado. Os preparativos da equipaxe e da viaxe poden facer perder a calma, pero hai que evitalo.

Se o can observa os seus donos nerviosos, alterados e cunha actitude que non é a habitual, contaxiarase de forma inmediata. Entón o can mostrarase tamén nervioso e alterado porque percibe tensión e cre que hai perigo. Se o can detecta que os seus donos están de bo humor, non berran e o tratan como fan de xeito habitual, sentirase máis confiado ao subir ao vehículo.

Pastillas para evitar o mareo do can no coche

O mareo é unha das circunstancias que máis rexeitamento poden provocar no can. Se ten tendencia a marearse, é recomendable solicitar ao veterinario unhas pastillas específicas para evitalo. Por outro lado, non é aconsellable que o can inxira alimento polo menos durante catro horas antes da viaxe, aínda que si pode beber auga.

Parar a descansar cada dúas horas

Se o traxecto en coche é longo aconséllase parar cada dúas horas. O can non debe permanecer no vehículo durante a parada e menos se é verán ou vai calor. O vehículo pódese converter nunha trampa mortal para o can porque alcanza temperaturas altísimas en pouco tempo. É recomendable que o can baixe a estirar as patas.

Un síntoma de que o can está estresado e nervioso no coche é o continuo bafexo e, mesmo, a expulsión de saliva. No coche, o can expresa o seu estado de ansiedade a través da boca, pola que babexa, e tamén pode vomitar.

Por último, convén recordar que a prevención é o factor máis importante para evitar as situacións de estrés do can no coche. Do saber facer dos donos dependerá que gocen todos os membros da familia, incluídos o can.

Como debe viaxar o can

  Son varias as opcións recomendables para preservar a seguridade de todos os pasaxeiros do vehículo:

  • Instalar redes ou barras metálicas que separan o coche en dous compartimentos: o dianteiro do condutor e outro ás súas costas. Pódense colocar diante dos asentos traseiros ou diante do maleteiro, se este se abre cara ao interior do vehículo (coches de cinco portas). A lexislación obriga ter unha barreira física que separe o can do condutor, xa que está prohibido levalo solto no coche.
  • Utilizar un arnés especial para colocar ben o can. Así vai suxeito ao cinto de seguridade do asento traseiro. Nese caso o can viaxa sentado ou tombado sobre o asento no mesmo lugar que unha persoa.
  • Cesta ou "transportín". Se o can non é moi grande, tamén podemos introducilo na súa cesta de viaxe ou "transportín" e colocala, segundo prefiramos, ben no maleteiro ou nos asentos con nós.

Como evitar os mareos do can nas viaxes

  Asegurarse de que o can non se marea é importante para que non teña medo a viaxar. Para conseguilo, pódense seguir as seguintes recomendacións:

  • Deixalo en xaxún unha hora antes da viaxe.
  • Se é propenso aos mareos, consultar o veterinario para que lle receite unha medicación específica.
  • Procurar que no vehículo entre aire fresco, mesmo en inverno.
  • Levar o seu xoguete preferido para que o morda e se manteña entretido.
  • Ofrecerlle algo doce, mesmo un pouco de azucre, porque este tipo de alimentos axudan a combater o mareo.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto