Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Entrevista

Λ

Leandro Plaza, Presidente da Fundación Española del Corazón (FEC): "A comida slow food é adecuada porque un pensa no que come nese momento e coida máis a súa alimentación"

Preocupados polo índice de sobrepeso infantil en España

Somos conscientes da importancia que ten a alimentación no coidado da saúde?

A poboación está bastante informada. Case todo o mundo coñece a importancia de optar por unha alimentación sa, equilibrada e, polo tanto, cardiosaudable. O problema agora está en como pasar do saber ao facer. O desafío consiste en aplicar de xeito directo iso que xa sabemos. Por exemplo, na casa, entre pais e fillos. Non se trata só de alimentalos, senón de ensinalos a seguir unha dieta saudable. Se os pequenos aprenden cales son os alimentos axeitados, elixiranos de xeito natural ao longo da vida.

Pero comer san cada vez é máis caro...

Non sempre. Neste contexto de crise, por fortuna, temos as patacas. É un hidrato de carbono perfecto, moi barato e que ten multitude de usos. Tamén temos o aceite de oliva, un ingrediente saudable e alcanzable. No caso das froitas e das verduras, o segredo é que debemos consumilas na súa tempada. Se queremos comer san e aforrar, o mellor é elixir a estacionalidade da froita e a verdura. Hai que xuntar o que convén para a saúde co que convén para o peto. É un equilibro.

Entón, é posible confeccionar un menú saudable por pouco diñeiro?

Si. Hai alimentos moi baratos, como o arroz, a pataca e o pan. Podes botar algunha proteína animal ou, mellor aínda, vexetal. Os legumes son moi saudables e económicos. Con iso e unha peza de froita consegues unha alimentación bastante sa. Non fai falta comer carne ou peixe todos os días.

A expresión "slow food", refírese a tomar con calma a elaboración dos alimentos ou ao goce máis pausado do momento de comer?

A ambas as dúas cousas, pero sobre todo a dar opción a comer máis devagar. É o oposto a certo tipo de "fast food'' que contén demasiadas calorías e graxas saturadas en porcións físicas pequenas. Son alimentos que a xente toma case de pé, mentres camiña, no traballo ou no parque. A proposta da expresión "slow food" significa que tamén se pode facer unha alimentación saudable ao aire libre, pero relaxándose un pouco máis. Por suposto, un non vai comer pescado no parque, pero si pode comer un puñado de froitos secos e aproveitar os ácidos graxos omega 3 que conteñen. É dicir, trátase de ser creativos e buscar substitutos saudables para aquelas comidas que son pouco axeitadas.

A comida rápida é sempre pouco saudable?

Non, sempre non. Ti podes comer un puñado de noces con relativa rapidez e, non obstante, tes unha alimentación fantástica. Un "fast food" que se asocia ao negativo é o que che impide comer na casa, o que che quita tempo para sentar a comer nun restaurante ou o que fas na mesma oficina, pero non toda a comida rápida ten por que ser sinónimo de algo malo. Outro tema é que a rapidez provoque angustia e que a angustia xere estrés. En xeral, unha vida relaxada e tranquila

O movemento "slow food" é elitista?

Eu diría máis ben que é un desiderátum que deberiamos ter todos. Esta comida é adecuada porque implica dúas cousas. A primeira, que ao comer devagar e con tranquilidade, un pensa máis no que come nese momento e, en consecuencia, fai unha alimentación máis saudable. E a segunda céntrase en que che permite facer unha paréntese na rutina. É un período de relax que contrarresta un pouco o estrés do traballo. Engades o un ao outro. Despois dun día duro de traballo durante oito ou nove horas, o ideal é chegar á casa e dicir "bo, imos sentar, charlar e tomar alimentos variados". Sempre é mellor comer distintas porcións en pequenas cantidades porque así se toman menos calorías e se fai mellor a dixestión.

Hai quen sostén que a comida "slow food" é unha moda pasaxeira...

Quizais o termo está de moda, pero é moi acertado. Desde logo, aos médicos veunos moi ben para chamar a atención sobre o coidado da saúde. E ese non é un tema pasaxeiro.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto