Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Entrevista

Λ

Pablo Sánchez-Jerez, Profesor da Universidade de Alacante e experto en acuicultura: "A acuicultura é boa se está ben xestionada e é sustentable"

 Destrución de zonas de alto valor natural, problemas sociais graves, animais enfermos etc. son algunhas das consecuencias dunha mala acuicultura. En España este sector aprendeu dos erros e na actualidade é dunha calidade "excelente", segundo o profesor da Universidade de Alacante Pablo Sánchez-Jerez. Non así noutros países. Sánchez-Jerez cita diversos casos, como o peixe gato asiático, consumido en España con todos os controis sanitarios, "outra cousa é que sexa saudable ou respectuoso co medio ". Este experto en acuicultura recomenda desenvolver plans de ordenación e de seguimento ambiental por parte das administracións, e máis información para que os consumidores elixan o mellor para a súa saúde e para o medio ambiente.

Que problemas se lle achacan á acuicultura?

O uso de de pensos compostos que compiten en ocasións coa subministración para a alimentación humana e a súa alta pegada ecolóxica, a destrución de hábitats de alto valor natural, as verteduras de materia orgánica e nutrientes no medio, o abuso de antibióticos, a introdución de especies exóticas ou a transmisión de enfermidades e parasitos. Todos se poden modular cunha correcta xestión ambiental.

Hai estudos que localicen estes impactos?

Si, hai moitos exemplos ao longo de todo o mundo. O salmón deu problemas en Chile, en China non hai datos pero estará a pasar de todo, destruíronse mangleirais tropicais por cultivar lagostinos, con asasinatos e problemas sociais graves etc.

Estes problemas danse en España?

Na actualidade non, pero ao comezo, nos anos 80, cometéronse moitos erros, como cultivar en zonas de posidonia, poñendo instalacións sen unha correcta planificación.

Sancionáronse as malas prácticas?

Que eu coñeza non. Obrigouse a mover localizacións con impacto moi elevado a outros lugares con mellor renovación da auga.

Aprendeuse dos erros?

Os empresarios asumiron diversos códigos de conduta e, en xeral, controlan a calidade ambiental das instalacións. Pero hai moito que desenvolver, sobre todo plans de ordenación e de seguimento ambiental por parte das administracións, e non por empresas dos produtores, e investimento en sistemas de produción de baixo impacto ambiental. Ademais, depende moito de cada comunidade autónoma. Andalucía ten un plan de xestión desde hai anos, a Comunidade Valenciana non, Canarias estao a facer agora despois da lea polos escapes e enfrontamentos con pescadores e o sector turístico, Galicia está a facer agora o plan mariño...

Cóidase o benestar dos animais?

É unha das prioridades en Europa, non así noutros países.

Os produtos deses países pódense consumir con garantías?

Os produtos conxelados e fileteados asiáticos cumpren os controis sanitarios. Outra cousa é que sexan saudables e sustentables. Ao peixe gato tailandés dáselle un baño químico para branquexar o filete, un conservante para transportalo, produtos para a conxelación, logo desconxélase... Comer peixe gato tailandés non é saudable, non é comer pescado. A acuicultura é boa se está ben xestionada e é sustentable.

Consumir produtos acuícolas españois é saudable e sostible?

Son dunha calidade excelente. En todo caso, a mellor opción para o consumidor concienciado co medio é unha dieta mediterránea basicamente vexetariana. Pero se decide consumir proteínas de orixe animal pode atopar en determinados produtos de acuicultura un impacto ambiental relativamente menor que, por exemplo, a tenreira. Para minimizar máis o impacto debe darse prioridade os produtos locais e con certificación ecolóxica.

Que sucede se non se coida o medio e as condicións sanitarias das localizacións acuícolas?

O cultivo é máis sensible a enfermidades, crece menos e mesmo se incrementa a mortalidade, a calidade da auga e os hábitats circundantes degrádanse, prodúcense impactos negativos sobre os peixes salvaxes, conflitos con outros usuarios do espazo litoral...

Que poden facer os consumidores?

Esixir unha etiquetaxe informativa e selos de calidade e de denominación de orixe para poder seleccionar o mellor produto e minimizar a pegada do carbono. A enerxía total consumida e o dióxido de carbono (CO2) emitido increméntanse moito se o produto vén do estranxeiro. Tamén debe esixir participar nos plans de desenvolvemento da acuicultura, para asegurar a sustentabilidade ambiental e minimizar os conflitos sociais.

A que desafíos se enfronta a acuicultura?

As especies carnívoras xeran diversos problemas pola súa alimentación, polo que haberá que potenciar o cultivo de organismos herbívoros. Outro aspecto importante é mellorar os rendementos do cultivo e reducir a cantidade de alimento necesaria. Para iso fai falta máis investimento en investigación. A información á sociedade e a participación cidadá é imprescindible. Sen consenso social prodúcense conflitos.

E en España?

O litoral español ten espazo abondo para desenvolver unha acuicultura sustentable, pero cunha correcta planificación.

O sector estuda novas especies para aumentar a súa produción. Suporán novos problemas ambientais e sanitarios?

Falta unha regulación estatal, estudar as estratexias de desenvolvemento, a viabilidade económica a longo prazo e o risco sanitario e ambiental. Pódense producir impactos non considerados nun principio sen unha correcta análise dos riscos.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto