Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Entrevista

Λ

Javier Remiro, Director xerente da Fundación Observatorio Español da Acuicultura: "España é o primeiro produtor de acuicultura da Unión Europea, pero o seu crecemento está estancado"

 O mexillón galego é o produto de acuicultura máis coñecido de España, pero non é o único. Especies como a dourada, a robaliza ou o rodaballo cultívanse en instalacións acuícolas. A produción española é a maior da Unión Europa (UE), aínda que o seu crecemento estancouse nos últimos anos. Así o sinala Javier Remiro, Director xerente da Fundación Observatorio Español da Acuicultura, adscrita ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Segundo este experto, os consumidores poden confiar nos produtos acuícolas criados e comercializados en España. Remiro aconsella consumir produtos de acuicultura "con total normalidade e confianza", en especial os locais, "máis sustentables e con numerosas vantaxes: están dispoñibles todo o ano a prezos moi competitivos, son saudables (ricos en omega 3 e 6) e sempre frescos e algo que pouca xente sabe, libres de anisakis".

Canta acuicultura se produce en España?

En 2010 producíronse en España 253.841 toneladas, cun valor económico de 413 millóns de euros. Unhas 27.907 persoas traballan nos 5.168 emprazamentos, principalmente bateas, de especial importancia en rías galegas, e os parques de cultivo.

Cal é o cultivo máis producido e onde?

O mexillón. Galicia produce anualmente unhas 200.000 toneladas deste apreciado molusco. Outras comunidades importantes son Andalucía, Canarias, Murcia, Cataluña, Valencia e as dúas Castelas, con producións crecentes de dourada, robaliza, rodaballo e corvina. Outros moluscos, como ameixa, ostra e berberecho, tamén contan con producións significativas.

Consumimos en España produtos acuícolas con todas as garantías medioambientais e sanitarias, aínda que procedan de países menos concienciados?

Calquera produto consumido no noso país conta con todas as garantías sanitarias, de saúde e de calidade para o seu consumo, pero non sucede o mesmo se falamos de garantías medioambientais e sociais. Os produtores españois e europeos demandan á Comisión Europea unha maior esixencia para os produtores de terceiros países neste sentido. A prevención de riscos laborais, o benestar animal ou a avaliación e vixilancia ambiental non teñen o mesmo tratamento nestes países.

Como se sitúa a acuicultura española a nivel mundial?

China, India, Vietnam e Indonesia representan o 80% da produción mundial, fronte á UE que supón o 2,1%. Dentro da UE, España ocupa o primeiro posto en termos de produción, ao nivel de países como Francia, Canadá, Nixeria ou México, malia case dez anos de estancamento e de que a acuicultura doutras zonas e países crece anualmente ao 6%.

Por que ese estancamento?

Actualmente a crise económica xera dificultades de financiamento e medo ao emprendemento, pero as causas son máis amplas: a baixa competitividade dos nosos produtos fronte aos doutros países, con marcos normativos menos esixentes, demóraa nos trámites administrativos para concesións, o descoñecemento dos consumidores, a necesidade de identificar novos emprazamentos, e o reducido protagonismo do sector fronte a outras políticas.

Como se poderían solucionar?

Todas as claves pasan polo traballo conxunto entre administracións, sector e comunidade científica e por favorecer a igualdade de oportunidades fronte a outros sectores na competencia polo espazo. Tamén é necesaria unha lexislación específica e clara que promova o desenvolvemento do sector e igualar as normas de xogo fronte a terceiros países.

A acuicultura é o futuro da alimentación, segundo diversos expertos.

Estudos científicos indican que o 80% das principais especies comerciais pesqueiras atópanse sobreexplotadas. A acuicultura será a única fonte para cubrir o crecemento da poboación e o consumo de produtos pesqueiros nos próximos anos, segundo a Organización de Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO). O 45% dos produtos acuáticos consumidos no mundo procede xa da acuicultura, e prevese un aumento nos próximos anos.

A acuicultura xera impactos en España?

Calquera actividade desenvolvida no medio ambiente interacciona e causa impacto sobre o contorno, pero as avaliacións de impacto ambiental e os protocolos de vixilancia e seguimento ambiental permiten eliminar ou minimizar estes impactos. Os produtores están cada vez máis sensibilizados e son os primeiros interesados en manter as mellores condicións do medio, xa que en augas de calidade os peixes se crían mellor.

Que tipo de impactos se producen?

No caso dos viveiros flotantes, o principal impacto deriva da materia orgánica das excrecións e do penso non consumido que se depositan no fondo. Para minimizar este impacto resulta fundamental unha selección óptima do emprazamento, para dispoñer de boas correntes e unha boa xestión do proceso de alimentación.

E os escapes de animais?

Adoitan producirse por fallos nas redes por temporais ou pequenas roturas, que poden minimizarse cun bo mantemento. Na actualidade un proxecto europeo traballa neste asunto e os seus resultados serán de gran interese e utilidade.

Pénsase producir outras especies?

Hai moitas investigacións en marcha e especies con moi boas perspectivas. Algunhas delas son hoxe unha realidade como a corvina, o linguado ou o ollomol, e seguro que no futuro veremos moitas máis nos mercados como o xurelo, o dentón, o sargo, ou por que non, o polbo ou a pescada.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto