Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Alimentación

Λ

Guía de compra deterxentes: Deterxentes, cuestión de formato e cores

Os en po son os máis apropiados para roupa branca, aínda que respectan menos as cores mentres que os deterxentes líquidos coidan mellor as pezas de cor e os tecidos delicados, pero a súa eficacia coa sucidade é máis discreta

 Estímase que unha familia de catro membros pon a lavadora entre tres e cinco veces á semana, ou o que é o mesmo, como mínimo, en máis de 200 ocasións ao ano o consumidor enfróntase a unha das tarefas do fogar que para moitos é das máis ingratas. Porque non só se trata de poñer a lavadora, despois hai que tender a roupa, recollela e dobrala. Seguramente, nesta cadea de obrigadas rutinas falte unha, e a que casualmente desencadea todo este proceso: elixir o deterxente co que facer a coada. No recordo queda a imaxe publicitaria que durante anos mostraba a un ama de casa convencida de que o seu deterxente era o que lavaba máis branco e que por iso, non facía falta cambialo por outro. Hoxe en día, a brancura na coada séguese buscando pero tamén outro tipo de solucións. Na actualidade, abundan no mercado distintos produtos con diferenzas nas súas formulacións e nos seus resultados, adecuados a cada roupa, cor ou ata indicados para determinados tipos de pel. Desde os que serven para toda a coada (sen importar a cor das pezas que se laven conxuntamente), pasando por aqueles de uso específico para roupas negras ou delicadas ata produtos ?2 en 1? cuxa formulación contén substancias deterxentes e suavizantes. Nesta ecuación, súmase un elemento máis: as distintas presentacións nas que se comercializa o deterxente. Ao omnipresente formato en po, acompáñao o produto líquido, en pastilla e as últimas incorporacións: as cápsulas. Cada unha delas rende de xeito distinto fronte ao nivel de sucidade da peza e ao tipo de tecido. Son cuestións que non sempre o consumidor coñece nin domina. Por todo iso, para acertar na elección do deterxente resulta fundamental coñecer as principais clases e as súas prestacións e peculiaridades. Ademais, na selección do produto que vaiamos empregar debe pesar tamén a conciencia ecolóxica. En moitos casos, é posible contribuír a mellora medioambiental se se opta por produtos concentrados (comprenden un gasto enerxético menor) ou se se poñen en práctica unha serie de rutinas cando se pon a lavadora.

Distintas presentacións, distintos usos

No corredor dos produtos de limpeza, o quebracabezas para moitos comeza ao ter que decantarse por unha ou outra presentación de deterxente. ?Será mellor o líquido que o tradicional po?, como actúan as cápsulas de deterxente?, ou cal limpa sen danar os tecidos??, son tan só algunhas das cuestións que roldan neste primeiro asalto. Ben é certo, que xunto estes consumidores conviven outros tantos que por tradición ou ata sentimentalismo néganse, pase o que pase, a cambiar de marca de deterxente.

As virtudes e defectos das distintas presentacións resúmense así:

  •  Po. A súa principal vantaxe fronte ao formato líquido é a súa eficacia contra as manchas. En xeral, estes deterxentes teñen un poder de limpeza maior. Iso si, para asegurar o resultado necesita altas temperaturas para potenciar a súa disolución polo que non se comporta de forma óptima en lavados fríos. Como defectos, son deterxentes cuxos restos tenden a acumularse na caixiña da lavadora coas molestias que iso ocasiona para o consumidor. A súa maior eficacia fai perigar a cor das pezas e os tecidos máis delicados. Por iso, son deterxentes máis apropiados para as coadas brancas de pezas con tecidos menos esixentes. Non hai que obviar que os deterxentes en po teñen o pouco honroso título de ser os que menos coidan o medio ambiente.
  •  Pastilla. As luces e sombras son as mesmas que as do deterxente en po, xa que á fin e ao cabo, o produto é o mesmo pero presentado en formato distinto. E é que se algo caracteriza a esta clase de deterxente é a comodidade que ofrece ao consumidor. Basta con introducir a pastilla na lavadora. Deste xeito, evítase o perigo de utilizar unha dose maior ou menor da que se precisa e iso suma para obter un resultado mellor.
  •  Líquido. Noutro extremo, sitúanse os deterxentes líquidos. Respectan e coidan máis os tecidos e as cores, dilúense ben a baixas temperaturas polo que poden usarse en programas de lavado con auga fría pero os seus resultados contra as manchas son máis discretos. Con todo, o deterxente líquido é a mellor opción para a roupa de cor, coadas negras e tecidos delicados (la, seda, viscosa?). Son máis coidadosos co contorno, en especial as versións concentradas e ultraconcentradas, xa que o seu gasto enerxético é menor: polo seu volume, empregan menos materias primas, material de embalaxe e todo iso permite facer unha xestión da súa almacenaxe e transporte máis eficiente.
  •  Cápsulas. Son o formato máis novo no mercado. Trátase duns saquiños de filme hidrosoluble (disólvese ao entrar en contacto coa auga) en cuxo interior se atopa a dose exacta para a coada. Teñen as mesmas bondades que os deterxentes líquidos pero a elas hai que sumar a facilidade de uso e a comodidade que brindan ao consumidor.

A importancia da dosificación para o medio ambiente e o peto

 A AISE (Asociación Internacional de Jabones, Detergentes y Productos Afines) leva anos promovendo distintas medidas reguladoras para intentar paliar o impacto que os deterxentes causan no medio ambiente. A finais dos 90, fomentouse a posta en marcha dun código de boas prácticas medioambientais e o pasado ano entrou en vigor a última recomendación. A medida promove a reformulación dos deterxentes para conseguir que concentren as doses por lavado a un máximo de 75 ml, mantendo a mesma eficacia pero con menos cantidade de produto co consecuente aforro en envases, transporte e materias primas. A maioría das marcas do mercado xa concentraron as súas fórmulas para respectar esta recomendación. Hai varios anos fíxose o mesmo para o deterxente en po, concentrando as formulacións a máximo 125 ml por lavado (aproximadamente 80 g).

  • Menos produto máis aforro. Segundo o concentrada que está a fórmula dun deterxente (proporción entre a porcentaxe de materia activa e a de auga), o consumidor necesitará máis ou menos cantidade para un lavado eficaz; canto máis concentrada significa que ten maior cantidade de materia activa e xa que logo con menos produto se conseguen resultados tan eficaces como con máis cantidade doutro que estea máis diluído, é dicir, menos concentrado. Á hora de comparar prezos e de decantarse por un deterxente ou outro entre diferentes produtos, convén facelo tendo en conta o número de lavados ou doses que conteña cada un e non a cantidade de produto que haxa en litros ou quilogramos.
  • Comparar entre doses. En calquera caso, é fundamental empregar a dose de lavado que o fabricante recomenda na etiquetaxe do envase. Esta obtense tendo en conta os diferentes graos de sucidade das pezas (pouco manchada/algo manchada/moi manchada) e a dureza do auga: branda, media e dura. Deste xeito, se se utiliza a dose indicada aforrarase produto, evitando malgastar deterxente e diñeiro; o consumo en auga e enerxía será menor se se aproveita a carga completa e se aposta por ciclos curtos e auga fría.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto